23 dic 2013

Anca, fundada no ano 1959

Asociación de Comerciantes e Empresarios das Travesas - AETRAVI
Centro Comercial Aberto As Travesas

As Travesas”, considerado así dende Novembro do  2012,  ten a súa orixe no ano  1998, coñecido inicialmente como “AETRAVI” (Asociación de Comerciantes e Empresarios das Travesas).  Esta Asociación nace do interes dun grupo de comerciantes de esta área para potenciar e contribuír o desenrolo  comercial e cultural da  zona.


Durante  a súa traxectoria foi medrando   na súa delimitación; o  que comezou abarcando a área da Praza de América  e as súas  zonas máis limítrofes,  ampliou a súa periferia hasta Balaidos, Praza da Industria, Peniche, Praza da Independencia e Castrelos.  Todo iso debido o número de Asociados que aumentou considerablemente o longo  da súa historia. Grazas a su aceptación e implicación está formada hoxe en día por 450 comercios e pequenas empresas (información dada polo CCA).


A Xunta directiva de esta Asociación  mantén na actualidade os principios que impulsaron a creala, centrando o seu  esforzo en relanzar e dinamizar a zona das Travesas, poñendo  en marcha interesantes iniciativas de carácter social e cultural para atraer os  clientes en beneficio dos  Asociados.




Entre estas actividades cabe destacar as seguintes pola súa gran repercusión na área de influencia, no  comercio e no público en xeral  “Día da Nai” , “Comercio na rúa” e “Festa Fin de Ano”.



Pero son numerosos os  eventos  que se realizan a través de esta entidade como concertos, obras de teatro, desfiles o animacións infantís entre outras. Para a realización de dichas actividades, se  conta co  apoio do  Concello, a Xunta de Galicia e a influencia e implicación dos cidadáns e o mais importante, os comerciantes.


O longo de estes anos a Asociación foi evolucionando, adaptándose os medios e  as necesidades dos seus compoñentes. No  ano  2002 uniuse a Federación de Comercio de Vigo - FECOVI. Composta polas Asociacións de Bouzas, Calvario, Teis e Travesas. Crecendo así en influencia e gañando máis peso na sociedade favorablemente. Un dos seus eventos máis destacados é  a Gala do Comercio, celebrado anualmente no mes de decembro, onde  premiase a un comercio de cada Asociación pola súa traxectoria e bo facer, cun recoñecemento social pola  súa apartación  a cidadanía.


Outro dos seus   cambios de interes, foi  a unión da Asociación no  ano 2003 a Confederación de Empresarios de Pontevedra. A cal nos apoia en diferentes aspectos   destacando o   Asesoramento e os cursos de  formación.


Na súa  evolución cos tempos, a entidade tamén  adaptouse   as novas tecnoloxías, o  que influíu notablemente no seu  crecemento e no seu acercamento os  cidadás.  Grazas a su páxina web e as redes sociais como Facebook que lle permiten  chegar  máis lonxe  e manter  un mellor contacto có  público.


Como é sabido, a actividade comercial contribúe á calidade de vida en pobos e cidades, onde os comercios conforman un espazo de intercambio de relacións sociais. A evolución do comercio condiciona o desenvolvemento dunha cidade, polo que se o comercio decrece a cidade se resente.


Manuel Vázquez Iglesias (Presidente CCA)

Nunha situación de crise económica como a actual, o comercio de proximidade como sector clave no desenvolvemento da economía local está a sufrir o actual debilitamento do consumo, razón, que avala a necesidade de poñer en marcha iniciativas dinamizadoras do comercio que incentiven as compras por parte dos consumidores.



Mª Jesús Sánchez Vilas (Xerente CCA)

A intención de este novo “Centro Comercial Aberto As Travesas”, é  continuar contribuíndo  na súa  labor por potenciar o desenrolo  da  zona das Travesas; Aumentar o seu número de Asociados para gañar máis forza, mantendo o   interes que un  bo día lles uniu , para poder, entre todos, seguir mellorando o  entorno da zona e o  seu comercio.


En definitiva, facer das travesas unha zona de ocio e paseo, onde o cidadán atópese a gusto e faga as súas compras nos comercios de proximidade contribuíndo  a facer cidade.


Páxina web: http://aetravi.com    

Facebook: https://es-es.facebook.com/pages/Aetravi/356743024421230



Anca, fundada no ano 1959


No ano 1959 nun local da rúa González Sierra na zona das Travesas, Anxo Carreira Alconero que traballaba nun establecemento de bicicletas decide independendizarse e fundar ANCA coa axuda dos seus cuñados Fernando e Antonio.


Dende os comezos a actividade relaciónase co mundo das dúas rodas pasando nalgúns momentos pola tenda de xoguetes, puericultura e decoración, sectores que perden importancia a favor da comercialización de motos e bicicletas.


Ao longo do tempo a empresa evoluciona co sector das dúas rodas centrando a súa actividade principal na venda almacenista no noroeste de España, distribuíndo importantes Marcas do sector. No ano 2002 prodúcese o relevo xeracional sendo nomeado administrador Juan González-Carpintero.


Na actualidade a empresa dispón dunhas instalacións de 2500 m2 na zona das Travesas e continúa representando distintas Marcas internacionais de Bicicletas e Motocicletas.



16 dic 2013

Panadería Pallares, a máis antiga da provincia de Lugo

Panadería Pallares, unha das máis antigas de Galicia


Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria
Centro Comercial Urbano de Sarria



A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria fundouse no ano 1997 como organización empresarial sen ánimo de lucro, inda que se converteu en CCU no ano 2004.  No ano 2004 redactouse un Plan Estratéxico Comercial, desenvolvido dentro do Programa Cuatrienal da Modernización do Sector Comercial en Galicia da Consellería competente en materia de comercio, e ao abeiro do mesmo desenvolvéronse as primeiras accións de implantación do Centro Comercial Urbano de Sarria.


Os principais obxectivos dende os inicios desta organización, foron a representación, defensa e promoción dos intereses económicos, sociais, profesionais e culturais dos seus asociados. Dende os comezos, articulouse como unha asociación multisectorial, cuxa finalidade primordial é a de dinamizar e modernizar o comercio de Sarria, actuando en representación das empresas da localidade ante entidades públicas e privadas, e facendo o papel de mediadora e interlocutora perante organismos e foros nos que o sector empresarial da Vila precisa estar presente. Outro dos obxetivos principais perseguido por este Centro Comercial Urbano dende a súa creación, é a promocion do pequeno comercio fronte ás outras fórmulas comerciais, nas cales se perden valores propios do comercio tradicional.


Ricardo Arias Alvaredo (Presidente CCU)

Os establecementos do CCU (na actualidade contamos con 90 comercios adheridos, aínda que chegamos a  ser en torno aos 130 -información dada polo CCU-), contan cunha sinalización no propio establecemento, consistente nunha bandeirola e nun adhesivo identificativo coa imaxe ou logotipo do CCU. Esta mesma imaxe, aparece nos directorios que situamos nos principais cruces de paso dos nosos clientes - potenciais e habituais. Nestes ofrécese ademais información sobre a situación dos establecementos asociados, campañas que se realizan, así coma un plano das rúas da localidade. Tamén contamos con dúas vallas publicitarias.


Durante todo o ano poñemos en funcionamento diversas campañas, coa intención de incentivar ao consumo nos establecementos da vila, e de animar a unión entre todos os comerciantes e hostalaría. Estamos a falar de campañas tales como: San Valentín, día do pai, día da nai, primavera-verán, volta ao cole, outono,… A maioría destas campañas van acompañadas de sorteos, na actualidade estamos sorteando sobre todo vales de compra, os cales revirten de novo no comercio de Sarria. Ademais destas campañas, realízanse outros eventos como pode ser a “noite de compras”. Os catálogos, trípticos ou rueiros do CCU son outras actuacións que se levan a cabo.


Susana Tourón Fernández (Xerente CCU)

Por outra banda, na búsqueda de beneficios para os nosos asociados, tamén estamos asinando convenios de colaboración con distintas empresas e entidades.


Para poder desenvolver con éxito todas as actuacións realizadas polo CCU, éste conta cunha oficina técnica, dende a cal se organizan e reparten as distintas campañas, se informa aos asociados dos cambios lexislativos e subvencións dos distintos organismos, tramitación das axudas que soliciten os establecementos do CCU, inscrición en rexistros,…


Páxina web: www.acesarria.com



Panadería Pallares, a máis antiga da provincia de Lugo, e unha das mais antigas de Galicia


Jesús García Castro (3ª xeración)
María Castro e os seus fillos (2ª xeración)















O seu fundador, Tomás Castro, iniciou o negocio no número 100 da rúa Calvo Sotelo en 1876, e a súa filla, María Castro, trasladouno a súa actual localización no número 94 da rúa Matías López en 1928. Posteriormente rexentaron a panadaría os seus fillos Manuel e Jesús García Castro.



Pilar e Javier García (4ª xeración)

Na actualidade, da man dos seus donos, Javier e Pilar García (a cal pertence á cuarta xeración  desta familia de panadeiros), converteuse nun dos establecementos máis emblemáticos  e con máis tradición da vila de Sarria, sendo o aprecio pola súa historia e o afán por modernizarse, dous dos atributos que mellor o definen.



Persoal actual


O respecto polo traballo e o legado de xeracións anteriores incentivou a paixón por conservar e restaurar os utensilios empregados dende as súas orixes. Froito deste labor de conservación e restauración, esta xeración de panadeiros, querendo render homenaxe á súa historia
Museo Etnográfico
fundaron un MUSEO ETNOGRÁFICO no que se mostran fotos, maquinaria e un conxunto de recordos que nos transportan ao pasado, facendo deste espazo un lugar cheo de vida e de historia para deleite de clientes e visitantes.







Fachada da panadería



Os escaparates da panadería tamén son renovados cada mes con diferentes motivos que representan as distintas estacións do ano e datas conmemorativas, como o día das letras Galegas.






Exposición pan











9 dic 2013

Panadería Isolina, fundada no ano 1890

Panadería Isolina, o negocio máis antigo xeracional de Baiona


Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona - ACEBA

Baiona Real - Centro Comercial Aberto



Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona, nace no ano 1997 despois dun longo proceso de debate e reflexións sobre as necesidades dos comerciantes e empresarios. Durante os dous primeiros anos de existencia da agrupación, a súa presidenta foi María Teresa Tornero, sucedéndolle cronolóxicamente, Luis Carlos de la Peña, Juan Carlos González, Luis Corbacho, Ezequiel Simons González e Marcos Comesaña Chamorro, actual presidente, aposta polo proxecto “Baiona Real- Centro Comercial Aberto”.



Imaxe das instalacións do CCA

Os establecementos que conforman o Centro Comercial Aberto dan una idea da diversidade comercial do concello de Baiona, constituíndo unha potencia referencia no Val Miñor. Isto conseguiuse mediante o Centro Comercial Aberto Baiona Real, que abranga tanto os establecementos do casco urban de Baiona coma de Sabarís. Ademáis estes establecementos unificaron criterios mediante a imaxe, formas de pago común, colaboración conxuntas nas campañas promocionais e de rebaixas, mellorando así o nivel de atracción sobre os clientes e a competitividade das empresas.


Todos estes comercios que forman parte do Centro Comercial Aberto Baiona Real poden ser identificados polos clientes por medio dunha sinalización externa, horarios comerciais e ofertas comúns, formar parte del beneficia tanto os usuarios como os propietarios de todos estes establecementos, os cales contan con máis servizos técnicos e poden participar en máis campañas de formación. Con todas estas accións que se levan a cabo por mediación da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona, Aceba, o sector do comercio en Baiona fíxose máis forte e a súa posta en marcha supuxo un acerto servindo para modernizalo. 


Carlos Fernández (Xerente)
Marcos Comesaña (Presidente)










Páxina web: www.baiona.org/negocios/centro-comercial-aberto




Panadería Isolina, fundada no ano 1890



Fundada en 1890 polos bisavós do actual propietario Martín Vaqueiro Villafines, que á vez o herdou da súa nai Delia Villafines, situada na parroquia de Sabarís - Baiona, é un negocio familiar herdado de xeración en xeración, dedicándose sempre ao mesmo negocio, "A Panadaría", sendo o negocio máis antigo xeracional de Baiona.



Panadaría Isolina foise adaptando moi rapidamente ao mercado actual sen perder a forma tradicional de facer o pan con ingredientes naturais e de calidade, e incorporando unha repostaría selecta e de calidade.





Na Panadaría Isolina non só cóidase a calidade dos seus produtos, senón tamén o trato aos seus clientes sendo moi importante para a dirección da empresa.




2 dic 2013

Mercería Sánchez, inicia a súa actividade no ano 1940

Asociación de Comerciantes Zona Centro de Vigo

Centro Comercial Aberto Zona Centro 



Historia da Asociación: A Asociación de Comerciantes Zona Centro de Vigo creouse en marzo do 2001 coa determinación dun grupo de comerciantes dispostos a loitar por mellorar a súa zona comercial. O seu primeiro Presidente foi S. Luis Álvarez Montenegro. En marzo do 2004 a Asociación converteuse nun centro comercial aberto.



CCA Zona Centro de Vigo promove, seguindo a fórmula de cooperación empresarial, a realización dunha serie de accións conxuntas en materia comercial, desenvolvidas todas elas nun espazo urbano que está especificamente delimitado e que comprende un gran número de establecementos relacionados con distintos ámbitos profesionais como servizos, restauración, lecer e comercio. Todo isto mediante a xestión e organización dunha serie de servizos e actividades que fan do CCA Zona Centro de Vigo un espazo onde a xente se sente cómoda nun ambiente familiar e de absoluta confianza.

Delimitación xeográfica: O CCA Zona Centro de Vigo abrangue as seguintes rúas:


Gran Vía (entre Urzáiz e Venezuela), Venezuela, Hernán Cortés, Magallanes, Gil, Joaquín Loriga, Velázquez Moreno, María Auxiliadora, Doutor Cadaval, Ecuador, María Berdiales, Luis Braille, Manuel Núñez, Ronda de Don Bosco, Progreso, Eduardo Iglesias, López de Neira e Simón Bolívar.


Presidenta: Dna. Belén Sánchez Otaegui

Xerente: D. Raúl Fontán Villanueva


Páxina web: www.zonacentrovigo.com



Mercería Sánchez, inicia a súa actividade no ano 1940


A actividade iniciouna D.Bernardo Sánchez Otero, no ano 1940. D.Bernardo, xa era comercial de lencería e logo decidiu poñer o negocio pola súa conta.


Imaxe do ano 1942 diante do comercio
Imaxe do ano 1943 diante do escaparate








Imaxe do ano 1944 diante do escaparate


Imaxe do ano 1974 diante do escaparate
 


















O negocio nunca cambiou de ubicación dende os seus inicios, sendo o seu enderezo na rúa Progreso, nº 35 - baixo. 


Houbo unha remodelación moi grande do local, xa que se reformou todo o edificio.


Dende os seus inicios, o negocio foise adaptando e modificando a mercadoría aos novos gustos dos clientes.


Aos clientes ofrécenlles trato personalizado e confianza dado o relevo xeracional, polo que as clientas de antes agora veñen cos seus fillos.


A actual titular e Eugenia Sánchez, filla do fundador.




25 nov 2013

Óptica Martínez Pardo, inicia a súa actividad no ano1898

Centro Comercial Aberto Ferrol A Magdalena - ACOF


No ano 1987 constitúese en Ferrol unha asociación de comerciantes denominada “Area Comercial del barrio de La Magdalena”; coa finalidade da  “ promoción y relanzamiento comercial, social y económico del barrio de La Magdalena”. Posteriormente pasou a denominarse “Asociación de Comerciantes Ferroláns”.
Cristóbal García Nores

No ano 2002 modificáronse os Estatutos para transformarse no Centro Comercial Aberto Ferrol-A Madalena.  Na actualidade, o CCA conta con máis de 150 establecementos asociados.
O Presidente do CCA é Don Cristóbal García Nores, dende o ano 2009, sendo reelixido no presente ano.

O ámbito do CCA coincide co do Barrio da Madalena, quedando delimitado por diversos elementos de señalética. Tamén poden asociarse establecementos doutros barrios da cidade, sendo considerados socios colaboradores.





A partir da constitución do CCA  e unha vez feita a  señalización, tanto do ámbito xeográfico do CCA como dos establecementos comerciais leváronse a cabo numerosas campañas e actividades de dinamización:


  • Campaña de Nadal.
  • Día dos namorados.
  • Día do pai.
  • Día da nai.
  • Actividades infantís


Nestes últimos anos tamén levamos a cabo novas actividades, entre as que cabería destacar o “Mercadillo de Gangas” ; ese día os establecementos participantes sacan á rúa as súas “gangas”; 


Tamén levamos a cabo a Fashion Night /Noite da Moda, para a presentación das dúas tempadas da moda, primavera-verán e outono-inverno.

Ademais de tódalas actividades de dinamización, a creación do CCA supuxo unha maior prestación de servizos aos asociados e, por extensión aos clientes:

  • Envíos a domicilio
  • Regalo de horas de aparcamento
  • Tarxeta de fidelización







https://es-es.facebook.com/ccaferrolamagdalena




Óptica Matínez Pardo, inicia a súa actividade no ano 1898


Corría o ano 1898 cando José Martínez Pardo decide abrir un establecemento comercial en Ferrol.


Lonxe da súa imaxinación estaría que despois de cen anos un bisneto seu aínda mantivese aberto o devandito establecemento, por canto eran anos difíciles e inseguros, con grandes movementos sociais e a economía nacional era por demais deficiente.



Polos seus antecedentes familiares, un dos artigos que pon á venda foron as máquinas de coser, non en vano o seu pai fixera artesanalmente en 1868 a primeira daquelas máquinas que se fabricou en Galicia, pola que obtivo un premio rexional en 1875.


Ademais vendía reloxos de parede, de pé e de peto. E, por suposto, tamén vendía “lentes”, para ver mellor.


No ano 1920, un fillo seu incorpórase ao negocio e comparten xestión máis de 20 anos: era Santiago Martínez e Pardo de Andrade. O traballo compartido faise máis fluído e permítelles acceder a novos coñecementos, instrumentos e técnicas de graduación da vista, así como a maquinaria de tallado e montaxe.


Na óptica tamén as modas evolucionan e cambian, dende monóculos e impertinentes, a lentes de pinza e enxeños polo estilo.


Chegan as primeiras máquinas “automáticas” e xa se ven novas formas e materiais. O Nivel sobe e van desaparecendo os clásicos lentes redondos de carey.


En 1953 prodúcese outro fito tecnolóxico, ao presentar os primeiros audiófonos que se coñeceron en Ferrol; aínda que as súas medidas de 12x6cm asustaban inicialmente, moitos adoptáronos porque con eles gozaron de volver a oir.


Nos anos 50, despois de falecer xa José, o fundador, no mundo da óptica había preocupación polo futuro; multiplícanse as xestións ante as autoridades da época que finalmente dan orixe e regulan a profesión de óptica. Santiago accede á escola de óptica Daza de Valdés en Madrid e obtén en 1955 o seu “diploma de óptico de anteojería”. Para el foi un logro persoal, pero tamén profesional, do que sempre se sentiu moi orgulloso.


Non só mellora o nivel profesional, senón que a irrupción dos chamados “lentes ao aire”, marcan un salto considerable na calidade e a estética dos lentes.


No ano 1968 incorpórase a terceira xeración, se ben esta vez xa co título de óptica baixo o brazo. Era o seu fillo Juan José Martínez Sisto.


Manteñen ambos os dous unha xestión en plena colaboración ata o ano 1991 (en que falece Santiago), dende os tempos de vacas gorda pola que pasou o sector naval, do que Ferrol era un dos seus máximos expoñentes, ata a crise económica dos 80.


Durante ese período, Juan José integrárase en diversas tarefas e cargos, congresuales e colexiais en Galicia e en Madrid, grazas a ter ben cubertas as costas polo seu pai, que vía non sen preocupación aqueles labores e viaxe, polo tempo que lle absorbían, pero cunha íntima satisfacción polo labor da súa vásteza en pro da profesión.


Tras a morte do pai, Juan José empeza a planificar unha remodelación da súa óptica, pois se ben dende 1898 se realizan tres reformas, a situación do establecemento non era plenamente acorde coas necesidades nin gustos da época. E foi en ocasión do cumprimento do centenario (1998) e polo tanto situarse entre as doce ópticas en exercicio máis antigas de España dentro dunha mesma dinastía familiar, que procedeu a unha remodelación integral, tanto de estrutura coma de tecnoloxía, mobiliario e decoración.


Non era unha aposta arriscada, por canto dous dos seus fillos xa lle manifestaran a súa ilusión por incorporarse ao negocio familiar.


Con enorme satisfacción Juan José compartiu a celebración do centenario con moitos compañeiros, nunha reinauguración á que asistiron non só autoridades administrativas, empresariais e económicas, senón tamén do seu colexio profesional, todos os cales lle honraron coa súa asitencia, a el e aos seus antepasados, a cuxa memoria aquel dedicou o devandito acto, á par que iniciou cunha grande alegría e forza a segunda centuria, grazas á ilusión de ter dous dos seus fillos cursando estudos e adquirindo coñecementos para un correcto exercicio profesional.


En efecto, en 2002 incorpórase a súa filla, Beatriz Martínez Bermúdez, ostentando o diploma de óptico optometrista.


Por último, outro fillo, Rafael, fai o propio en 2006, achegando a nova titulación de técnico superior en audioprótese.


Ambos os dous comportan a cuarta xeración consecutiva en liña directa, achegando xuventude e novos coñecementos, no que se espera sexa un chanzo mais nesta longa traxectoria comercial da saga dos “Martínez Pardo” (apelidos do fundador), nome sempre respetado como símbolo de traxectoria, seriedade e compromiso coa sociedade, á que viñeron servindo xeración tras xeración, nestes 115 anos.


Páxina web: www.martinezpardo.es