Joyería Fondevila, fundada por D.Eligio Fondevila Romero
Asociación de Comerciantes da Estrada - Centro Comercial Aberto
Potenciar o atractivo das zonas comerciais tradicionais, supón poder
garantir unha maior liberdade de elección por parte da poboación á hora de
seleccionar o seu lugar de compra, fomentar a competencia entre iguais, e
evitar situacións predominantes a favor das grandes superficies comerciais do
extrarradio, é por iso que en 1998 fórmase a Asociación de Comerciantes de A
Estrada (ACOE).
A Asociación de Comerciantes de A Estrada, xorde dunha serie de inquedanzas
e posta en común dun grupo de comerciantes da nosa Vila, a prol de conquerir un
comercio mellor organizado e máis competitivo, ante a implantación dunha serie
de grandes superficies moi preto de nós.
Destas inquedanzas, no ano 1998, os comerciantes atopamos o xérmolo do que
actualmente representa esta asociación. A día de hoxe, esta iniciativa engloba
aos sectores máis representativos do comercio do noso pobo, a fin de organizar
e reorganizar o comercio existente.
Esta asociación conta á data, cun Centro Comercial Aberto que xorde no ano
2003, a raíz da elaboración dun estudo de viabilidade promovido polo Sector
Comercial Retallista de Galicia.
A través do Centro Comercial Aberto, tratamos de darlle ó comercio de
proximidade a importancia que ten, tratando de fomentar a igualdade no acceso á
oferta comercial, evitando desprazamentos (evitando emisións de CO2), e facendo
a nosa Vila máis sociable e atractiva.A calidade e competitividade, son
características indispensables nos albores deste século XXI e para conquerílas
é necesario realizar un esforzo común.
Actualmente a Asociación conta en torno aos 144 asociados (información dada polo CCA) que se poden atopar na páxina Web da mesma.
Gumersindo Villamayor Martínez (Presidente CCA)
Raquel López López (Xerente CCA)
Páxina web: www.acoe.es
Joyería Fondevila, fundada no ano 1951
Placeres López, na tenda de Calvo Sotelo, finais dos 50
Fundada no ano 1951 por Eligio Fondevila Romero, quen con 92 anos, segue
sendo o titular do establecemento; que hoxe rexenta o seu fillo José M.
Fondevila López.
Placeres López (en plaza de Galicia)
Xoiaría Fondevila inicia a súa actividade na rúa Fernando Conde de onde se
traslada á rúa Calvo Sotelo nº4 no ano 1955 e no ano 1969 á súa situación
actual na Praza de Galicia n.º 15.
Ubaldo Fondevila e Jose M.Fondevila (1986)
Dende o ano 1952 Eligio comparte a propiedade e dirección da xoiaría coa
súa esposa, Pláceres López Mahia. Case dende un principio contan tamén co seu irmán Ubaldo Fondevila Romero,
quen colabora no taller de reloxaría e xoiaría que sempre tivo a tenda.
Actualmente a Asociación conta en torno aos 144 asociados (información dada polo CCA) que se poden atopar na páxina Web da mesma.
Páxina web: www.acoe.es
Joyería Fondevila, fundada no ano 1951
Placeres López, na tenda de Calvo Sotelo, finais dos 50 |
Fundada no ano 1951 por Eligio Fondevila Romero, quen con 92 anos, segue sendo o titular do establecemento; que hoxe rexenta o seu fillo José M. Fondevila López.
Placeres López (en plaza de Galicia) |
Xoiaría Fondevila inicia a súa actividade na rúa Fernando Conde de onde se
traslada á rúa Calvo Sotelo nº4 no ano 1955 e no ano 1969 á súa situación
actual na Praza de Galicia n.º 15.
Ubaldo Fondevila e Jose M.Fondevila (1986) |
No hay comentarios:
Publicar un comentario