30 sept 2013

Mercería Carrera, inicia a súa actividade en Arteixo no ano 1978


Arteixo Centro Comercial Aberto











Arteixo Centro Comercial Aberto nace no ano 2009 co obxectivo de traballar pola dinamización das rúas e o comercio de Arteixo. Este CCA xurdiu da unión das xa extintas  Asociación de Comerciantes de Arteixo, e da Asociación de Hostaleiros de Arteixo, co obxectivo de traballar pola dinamización das rúas e o comercio local.


Arteixo CCA serve de plataforma ós comerciantes, hostaleiros e profesionais de Arteixo, convencidos de que xuntar forzas a través da súa unión é o xeito de lograr un pobo máis sostible e dinámico, necesidade fundamental para o  correcto desenvolvemento das súas actividades comerciais e profesionais.


Representando a cerca de 100 establecementos (información dada polo CCA) do núcleo de Arteixo o CCA convértese nun elemento sempre presente na vida do pobo, sendo recoñecido entre os veciños como unha importante estrutura dinamizadora.


Conscientes da necesidade de traballar por un Arteixo mellor para todos o CCA proxecta a súa programación cara iniciativas locais destinadas a conseguir unha globalidade mellor, máis sostible, máis ecolóxica e responsable, onde o progreso está baseado na cultura, a tradición e a sostenibilidade.


Tendo sempre presente a formación e a implantación de novas tecnoloxías téntase maximizar as posibilidades do desenvolvemento individual de cada un dos asociados, que presentan en conxunto un comercio forte, moderno e cualificado para atender os máis exixentes retos.


A innovación  no deseño das súas campañas é unha meta perseguida no traballo do CCA, xa que mediante a orixinalidade das campañas conséguemos atraer a curiosidade dos veciños e visitantes, facendo máis fácil a súa participación.


Convencidos de que  a unión das súas forzas é o xeito de mellorar nos seus negocios, os asociados a Arteixo CCA deseñan e crean estruturas que maximicen o poder da súa unión, potenciando o  desenvolvemento individual de cada un dos asociados. 


A pequena empresa, as pymes, os autónomos, son pezas básicas para un bo desenvolvemento do tecido industrial e económico de Arteixo, que por outro lado vai da man co lado máis social e humano, coa calidade de vida dos nosos  veciños, xa que é a pequena empresa a que fomenta a creación de postos de traballo estables.


Luis Angel Espiñeira (Presidente CCA)
Teresa Gutiérrez (Xerente CCA)


Establecer convenios de colaboración con empresas que melloren a capacidade competitiva dos asociados é parte das accións  a desenvolver  neste ámbito de estruturas de refortalecemento comercial.A formación, a innovación, e  a implantación de novas tecnoloxías seguen sendo os piares que manteñen estas estruturas.







Mercería Carrera, inicia a súa actividade en Arteixo no ano 1978


O negocio tal e como hoxe o coñecemos abriu as súas portas en Arteixo o 20 de Xuño de 1978, pero para coñecelo en profundidade, a súa historia e traxectoria máis persoal deberemos remontarnos moitos anos atrás, a época dos bisavós e tataravós da actual propietaria Susana, tamén deberemos cambiar de ubicación xeográfica, xa que o comezo desta historia contase en A
Susana Carrera en Mercería Carrera
Graña, Concello de Covelo, Pontevedra. 
Foi alí onde os antepasados de Susana, actual propietaria, comezaron coa venta de xénero de forma ambulante. Para o transporte destes produtos utilizaban o que eles denominaban “fardos” que era unha tela, na cal dunha forma ordenada colocábanse as sabanas, colchas, cobertores e calcetíns, unha vez preparado homes e mulleres, elas na cabeza ou eles nas costas axudados por unha vara ou bastón botábanse a camiñar moitos kilometros diarios, por camiños con pendentes, case intransitables e incluso con neve ou choiva. 


Ademais do fardo tamén levaban estes homes e mulleres unha manta coa que se abrigaban mentres durmían nas casas, cortellos ou o cobizo onde puideran pasar as noites. Nalgúns destes viaxes comerciais tamén utilizaban mulas para o transporte das mercancías. 


Pasan os anos e a familia de Mercedes, os seus avós concretamente mudan de residencia trasladando tamén a ruta do seu negocio, deixando atrás as aldeas de Pontevedra comezan unha nova etapa en Arteixo, comezando a vender do mesmo xeito ambulante polos pobos e lugares cercanos como é o caso de Lañas, Rañobre, Caión, Baldaio e moitos outros dos arredores de Arteixo. 


Como anteriormente tamén en Arteixo usaban o “fardo” e a mula para carrexar as mercancías. Despois de varios anos vendendo polos pobos arteixans os avós de Mercedes adquiriron o nome dos “Paneiros” a causa das súas visitas as casas e fogares  vendendo telas e panos. 


O negocio familiar segue pasando de xeración en xeración e deste xeito chegamos a Luís, pai de Mercedes e figura importantísima nesta historia por ser o fundador do que hoxe coñecemos en Arteixo como “Mercería Carrera” pero xa Luís antes de abrir o negocio acompañaba os seus pais na venda de tecidos de pobo en pobo, resaltar que nesta época tamén vendían na casa dos Carrera a coñecidos que ali se achegaban. 


Despois de varios anos de carácter ambulante o negocio transformase no 1978, e nese ano cando Luís Carrera decidiu abrir as portas dun establecemento onde se venderían as mesmas mercancías que anos atrás vendía como ambulante. Aínda que pasaron os anos, e Luís deixou de ir polo pobos, seguiu sendo coñecido como “O Paneiro” e as xentes dos arredores seguían mercando nesta empresa familiar, iso si esta vez no local situado nos Baños de Arteixo, actual Ría de Ferrol. 


Imaxe de Mercería Carrera

A apertura do local tamén serviu para ampliar o abanico de produtos a ofertar, ademais da roupa de fogar dos comezos, tamén incorporáronse outros como pixamas ou roupa interior, uns anos máis tarde tamén vendían saias para as mulleres e pantalóns, xerseis e camisas tanto para os homes como para as mulleres. 


Seguen pasando os anos e chégalle a Luís a hora de xubilarse, e nese momento cando a súa filla Susana pasa a ocupar o relevo xeneracional e faise cargo do negocio.  Hoxe en día, e en palabras de Susana “ a pesares da crise seguimos abertos porque aínda que hai menos vendas que outros anos o local e noso, non pagamos renda nin temos gastos moi avultados “ “Aos nosos clientes ofrecémoslle roupa de boa calidade e a confianza de que se teñen algún problema coa roupa poderan arranxalo asi como a oportunidade de elixir en catalogo diferentes tipos de produtos, como por exemplo un edredón en concreto ou unha colcha”. Na actualidade Mercería Carrera vende tanto roupa de fogar como interior e de vestir. “En todos estes anos o negocio sufriu reformas tanto no exterior como no interior, pero a pesares de todo o tempo e os cambios o que máis valoran na “Mercería Carrera” dos seus clientes “é a confianza de seguir mercando neste establecemento”.


23 sept 2013

Comercial Queijo, máis de medio século

Comercial Queijo, dende o ano 1957


Asociación CCU Rúa Barcelona


A Asociación de Comerciantes da Rúa Barcelona é una asociación sen anemo de lucro, que comenzou a sua andaina hai máis de 20 anos. Por aquel entón unha serie de comerciantes deciden poñer en común os seus esforzos para conseguir melloras no barrio, facelo máis atractivo dotando de novos servizos e atraer así novos clientes os seus negocios.

O primeiro paso foi a peatonalización da rúa Barcelona e dalgunha das rúas adxacentes que en conxunto constitúen un circuito peonil cómodo e atractivo.



Despóis veu a construcción dun aparcadoiro para poder ofrecer este servizo gratuitamente aos nosos clientes. Os comercios da zona a nivel individual, tamén fixeron un grande esforzo para modernizar os seus negocios e dotalos das máis novedosas tecnoloxías. Desta forma, sentaron as bases para a transformación da Asociación nun Centro Comercial Urbán, que estivese en condicións de competir cos mellores Centros Comerciais de Galicia.




Así, en 1991 se pon en marcha o Centro Comercial Urbán Rúa Barcelona, coa finalidade de organizalo comercio minorista e os servizos da zona a través dunha planificación organizada, baixo unha marca e que pretendía desenvolver accións e servizos que beneficiasen ao asociado e ó consumidor final.














Para levar a cabo este proxecto elaborouse un estudio da zona, delimitouse a mesma, desenvolveuse a marca centro comercial urban, e levaronse a cabo campañas de señalización e promocionais.


 










A Asociación de comerciantes e hosteleiros responsable do proxecto denominado “Centro Comercial Urbano Calle Barcelona”, xurde como un mecanismo dirixido a salvagardar, representar e protexer os intereses dos empresarios e profesionais da rúa Barcelona e arredores, frente os diferentes problemas que se lles presentan no desenvolvemento da súa actividade.


A Asociación crease cun marcado carácter Multisectorial, ao considerar que coa unión de tódolos empresarios e profesionais se logran acadar maiores sinerxias, e “por en valor a zona”.


A apertura de grandes superficies comerciais na área metropolitana e os cambios nas pautas de consumo dos ciudadans, provoca a necesidade de impulsar o asociacionismo entre pequenos e medianos empresarios, para reforzar as súas posicións e unificar criterios e forzas para adaptarse a nova situación.


José Manuel Castro Fuentes


LOCALIZACIÓN: Rua Alcalde Suárez Ferrín, 15 sótano 2 local 1, 15011 A Coruña.



A xunta directiva dende o ano 2011 está presidida por José Manuel Castro Fuentes, que xa estivera como  presidente nos comenzos da asociación, e a xerencia por Pilar García Seco.





Comercial Queijo, máis de medio século


Comercial Queijo, adicado a venta de electrodomésticos, abre as suas portas da man de D. Antonio Queijo Muiño no ano 1957, cunha tenda nun local de planta baixa na rua Pascual veiga, naquel tempo todavía sen asfaltar e coa mayoría das que hoxe son as principais  rúas da zona do Agra do Orzán totalmente a campo.


Antonio Queijo


Posteriormente, uns dez anos despois, abre no mesmo barrio unha segunda tenda de electrodomésticos hoxe sita na rúa Alcalde Liaño Flores e unha tenda de moveis de cociña e baño sita na rúa Agra do Orzán, en total sinerxia coas duas anteriores.



Hacia o ano 1985 a tenda da rúa Pascual Veiga foi trasladada a rúa Entrepeñas onde a día de hoxe continua coa sua actividade.



Fai 20 anos, Comercial Queijo participa como socio fundador na creación do grupo Cenor. A idea surde cando varios empresarios do sector, ven a necesidade de facer frente a un mercado en constante evolución e coa idea de encontrar sinerxias comúns, que lles permitisen ser mais competitivos e ao mesmo tempo estar mais cerca e mellorar os servizos prestados ao consumidor. No ano 1996 Cenor incorporase ao grupo nacional Segesa, líder no mercado nacional.


Páxina web: http://www.comercialqueijo.es/



16 sept 2013

Schreck Fotógrafos, un dos apelidos mais coñecido da cidade

Centro Comercial Aberto Ourense Centro



A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionáis do Centro Comercial Aberto Ourense Centro e unha asociación empresarial sen ánimo de lucro creada no ano 2004 ao amparo da Ley 1977.



O CCA Ourense Centro foi promovido pola Deputación Provincial de Ourense, o Concello de Ourense, a Cámara de Comercio de Ourense, a Federación de Comercio de Ourense e  Caixanova (agora Novagalicia Banco). Inicialmente nombrouse unha xunta xestora que foi a encargada de delimitar o espazo comercial que abrangue a asociación, así como definir o contido dos estatutos que rigen o seu funcionamento.



A área comercial de influencia do CCA consta da zona centro e do centro histórico da cidade de Ourense, as máis concorridas zonas comerciais da cidade.


Actualmente forman parte do CCA 230 establecementos comerciais e de servizos (información dada polo CCA) ubicados nesta área. Os establecementos con sede fora desta área poden igualmente ser socios do CCA como “socios colaboradores”, unha figura que se contempla nos estatutos que ofrece a estos negocios a posibilidade de formar parte do CCA con todolos dereitos, salvo o de voto.


Dende os seus inicios hasta a actualidade han sido moitos os proxectos levados a cabo pola organización, sendo considerada na actualidade, a “voz do comercio” en Ourense. Se ben, nos inicios, a mayoría dos proxectos estaban dirixidos a difundir a imaxen do CCA Ourense Centro realizando numerosas actividades de dinamización na rúa, nos últimos anos as actividades se han encamiñado principalmente a prestar servizos aos asociados, axudandolles a mellorar a súa competividade.


A área de influencia do CCA está formada pola zona centro e o casco histórico da cidade.


Identificación do espazo comercial

Os establecementos asociados están identificados por banderolas feitas en chapa de acero galvanizado que garantizan a súa durabilidade e identificación. A sinalización de cada establecemento reforzase con sináis na entrada da área comercial, así como con sináis informativas a  chegada da cidade.


Reforzo identificación espazo comercial

Por outra parte, a identificación refórzase  durante a época de nadal coa instalación dunha iluminación de Nadal uniforme en todas as rúas, instalando arcos navideños co nome do CCA na entrada da zona.

O largo do ano desenrolanse numerosas campañas de fidelización e animación comercial dirixidas a incrementar as vendas dos establecementos asociados, así como a reforzar as fechas máis comerciais tales como: Día de San Valentín, Día do Pai, Día da Nai, Volta ao Cole, Nadal, ...


Páxina web: www.ourensecentro.com

Facebook: https://www.facebook.com/ccaourensecentro



Schreck Fotógrafos, un dos apelidos mais coñecidos da cidade


A historia desta tradicional familia remontase moitos anos atrás e non ten a súa orixe en Ourense. Un dos apelidos mais coñecidos da cidade e de toda a provincia, é de orixe alemán, de onde chega a España o fundador da saga de fotógrafos.


Tres xeracións de Schreck, os tres Ernestos da familia, ligaron estos apelidos a  fotografía e a calidade, y souberon facer do seu oficio un arte para orgullo da profesión e da satisfacción dos seus clientes. Dende o daguerrotipo ou o calotipo ata as máis modernas tecnoloxías dixitais e Photoshop ™, as tres xeracións foron marcando a traxectoria ó ritmo que avanzaba a fotografía, e aínda que manexaron técnicas distintas, todos o fixeron cun toque maestro e persoal que caracterizou as súas obras a través dos anos.


Foto de todas as xeracións de apelido Schreck

Ernesto schreck Schültz chega a Ourense no ano 1922, procedente dun pequeno pobo alemán a orillas do río Oder, que tras a Primeira Guerra Mundial é anexionado a Polonia. Nos albores dos felices anos 20 Ernesto deixa o seu Küstrin natal (hoxe Kostrzyn) tras participar na contenda xunto os seus catro irmáns e haber exercido mais de fotógrafo que de soldado nas trincheiras, pois si de algo se sentía orgulloso era de non haber disparado unha soa vez a arma. A tremenda crise que atravesa o país xermano tras a guerra así como as enormes dificultades para saír adiante, fanlle tomar a decisión de trasladarse a España, uno dos países que mais aseguraba o porvir naquelas  fechas, dada a sua non participación na Guerra. Sen embargo, antes da súa chegada traballará tamén como fotógrafo en Austria e Dinamarca, onde coincide co mellor profesional de Copenhague.


Naceu en 1897, Ernesto conta con 23 años cuando recala en Barcelona e ten os seus primeiros contactos coa fotografía en España, traballando durante un ano as ordenes dun famoso fotógrafo para o que facía arreglos e retoques. No prazo do ano seguinte aínda coñecerá dúas cidades españolas mais; Zaragoza, onde se afianza o seu amor por este arte e aprende as técnicas que despuntan nese momento, aunque a súa específica e completa formación alemana de anos de aprendiz e oficial fano enseguida merecedor dos mellores postos.
Adoración Muro e Ernesto Schreck
Máis tarde en Logroño entra a formar parte dun importante profesional Alberto Muro -sucesor a súa vez de Chacón quen fora fotógrafo da Familia Real-, que ó pouco tempo se convertería no seu sogro, ó casarse co asua filla Adoración Muro Gutiérrez. Por parte de Adoración Muro, a familia conta igualmente con unha ampla tradición de fotógrafos, xa que esta era tamén a profesión do seu abo, pai e Irmán; polo que a actual xeración é a terceira en Ourense pero a quinta en España da mesma familia, dedicada a fotografía.


Case recen casados Ernesto y Adoración trasládanse a Ourense, onde se establecen no local que aínda ocupan na actualidade, na Rúa Cardenal Quiroga, a dez metros escasos da famosa Leiteira (inexistente por aquel entonces, pero que hoxe converteuse nun símbolo indiscutible de referencia no centro da cidade). Corre o
Fachada 1922 - 1939
ano 1922 e a chegada a Ourense coincide co traslado forzoso, por problemas económicos dun fotógrafo de renome naquela época: Samaniego, circunstancia que beneficia os recen chegados, xa que ocupan o local que éste traspasaba. Pouco a pouco van adquirindo notoriedade e prestixio dende o mesmo centro de Ourense, pero a consolidación é lenta porque na cidade hai moita competencia e os principios son difíciles: os estudios de Pacheco e Bruguera ubícanse moi cerca do seu e fan falta ó menos dezaoito anos para que o negocio comece a prosperar.


Empeza así a época dourada de estudio de Schreck, que vai gañando reputación día a día ata converterse na saga mais antiga de Ourense y das mais antigas  de Galicia e España.


A complicación que ó principio tivo co idioma non impediu a Ernesto Schreck Schültz prosperar e adaptarse a unha nova vida no país que logo sentiría como seu, aunque perdurou sempre o seu amor por Alemania. Varios intentos de regresar o seu país natal foron enseguida esquecidos.


De trato cariñoso, cortés ye con unha tremenda educación o facía digno do respeto de todo o que o coñecía, “o alemán” enseguida se habituou a Ourense e foise facendo oco entre os fotógrafos da cidade. O seu fillo recorda de él o seu “enorme laboriosidade e a súa capacidade inventiva e creativa propia dos  países do norte de Europa”. Ernesto e Adoración formaron un matrimonio de 65 anos de unión .


Comenza a etapa en que os traballos de Ernesto Schreck son recoñecidos e valorados polos clientes e o seu despegue es imparable.


Fachada 1939 - 1970

O matrimonio supera unha etapa desafortunada tras o falecemento da súa  primeira filla por tifus e pronto nacerán outros tres descendentes: Ernesto, Margarita e Ana María Schreck Muro. Antes do estalido da Guerra Civil Española, o matrimonio conta xa con recursos suficientes para ampliar o local e converter en tenda o que ata entonces fora o domicilio familiar, ocupando agora o laboratorio o sitio do xardín da casa.


A guerra trae consigo outras complicacións e o suministro de material fotográfico detense, polo que se ven obrigados a fabricar a parte dos químicos do laboratorio e importar o papel directamente desde  a súa Alemania natal.


Tras a calamidade continuaron os anos dourados no negocio, que se traducen nun aumento progresivo non só da calidade impecable e o servizo que caracteriza ós traballos de Schreck, senón tamén dos clientes que saben valorar estas características e que hoxe en día seguen acudindo a retratarse onde anos atrás o fixeran os seus antepasados.


Ambos, pai e fillo, recordan que houbo unha época que coincidiron os tres Ernestos no estudio: o abo, que faleceu no ano 1986, o pai eo fillo, foi unha época na que a cantidade do traballo facía necesario a presenza de todos no estudio. Turnabámonos para poder así asistir a congresos e talleres de traballo.


Ernesto Schreck Mata, a terceira xeración incorporase ó estudio no ano1983, aunque como recorda, “desde neno todos na casa votabamos unha man de vez en cando, especialmente na época de Primeiras Comunións, onde os catro irmas, él e os seus tres irmáns traballan en tarefas como: dar número a  entrada,  peinar os nenos, baixar e subir os fondos e mover os decorados do estudio…”


Fachada 1970 - 2007

Dende a asistencia a escola de Artes e Oficios de Ourense durante varios anos (para coller o pulso ó lápiz de retoque) os talleres, seminarios e congresos (incluso no estranxeiro). A pesar de todo isto, a mellor escola estaba dentro,  Compartindo cos dous Maestros (abo y pai) las técnicas e a profesionalidade que lle dirán fama o estudio, con xornadas de traballo interminables e multitude de facetas dentro do que pode ser a actividade diaria do estudio: laboratorio, revelado e procesado do traballo, retoque, fotoacabado e montaxe e os marcos, e dicir, desde a concepción da fotografía ata a entrega ó cliente,  nos encargámonos de todo.



Todo o que coñecíamos ata agora é a base, os cementos dun estudio fotográfico tradicional que agora foi adaptado os novos tempos.


Tanto a captura das imaxes como o seu procesado son totalmente dixitais e  para iso, o estudio conta coas mellores tecnoloxías do momento.



Fachada actual

Aplicando un esforzo extra á constante e continua preparación técnica sobre a evolución do: software, hardware, perfiles de color, calibración… pero   aderezado co aprendido dos nosos maiores. vocación, esforzo, dedicación e cariño pola profesión. O “retratista” que agora rexenta o Estudio, manteñe esa técnica e o prestixio que tantos éxitos dio o seu pai e avó. 


O estudio fotográfico e membro da:
  • Asociación de Fotógrafos de Ourense
  • Asociación de Fotógrafos de Pontevedra
  • Federación Española de profesionales de la Fotografía y de la Imagen (FEPFI)
  • Nacional Associaton of Photoshop Professionals  (NAPP)
  • CCA Ourense Centro


9 sept 2013

Confecciones Julián, inicia a súa actividade no ano1963

Entretendas Centro Comercial Urbano de Sanxenxo


Entretendas Centro Comercial Urbano (C.C.U.) do Concello de Sanxenxo, constitúese en marzo de 2004.



Xurde coa finalidade de ser un instrumento que axude á promoción e consolidación do comercio urbano e local.  Creouse para coordinar, representar, xestionar e fomentar a defensa dos intereses xerais e comúns do comercio.


As actuacións levadas adiante por Entretendas C.C.U. a favor do pequeño comercio fan desta entidade, sen ánimo de lucro, un órgano de recoñecida solvencia e capacidade técnica e de xestión.  O seu ámbito de actuación, que comeza no municipio, espállase a outros organismos comarcais (pertence ao Consorcio de Comercio do Salnés) e autonómicos (forma parte do Foro Galego de Comercio), participando con eles en diversas campañas promocionais ou informativas, sempre en defensa, representación e fomento dos intereses propios do pequeño e mediano comercio.


Instalaciones CCU

O presente plan de accións de integración de estratexias conxuntas, cooperación empresarial e fomento da calidade ten un ámbito territorial MUNICIPAL.  O Concello de Sanxenxo aglutina aos tres núcleos urbanos que compoñen o CCU Entretendas: Sanxenxo, Portonovo, e Vilalonga.


Así mesmo, todas as actividades presentadas desenvólvense dentro de un ámbito de aplicación MULTISECTORIAL.


O comercio tradicional na actualidade está sometido a un profundo proceso de cambio que esixe realizar un esforzo de renovación e adaptación continuo, co obxecto de que se volva situar na posición histórica que tradicionalmente desempeñou no desenvolvemento económico e social nas nosas vilas e cidades.


Este proxecto ten como obxectivo apoiar o esforzo dos nosos asociados para conseguir unha incentivación da demanda comercial con novas fórmulas de distribución comercial da pequena empresa.  No actual contexto económico, so é posible gañar posición competitiva no mercado coa cooperación empresarial, mellorando a loxística dos negocios asociados, así como perseguir o interese por conseguir unha imaxe máis competitiva do comercio galego retallista.


Para acadar este obxectivo e executar este proxecto, faise preciso incrementar as actuacións en moitos máis ámbitos do que xa foi posible ata agora.  As actuacións da Asociación van encamiñadas a superar o ámbito das solucións individualizadas que poidan aplicar os propios comerciantes, afrontando unha renovación comercial máis efectiva en tódolos sectores.


A intención é fomentar aínda máis as iniciativas de promoción do comercio retallista, facilitando a recuperación das vilas en xeral e do seu comercio en particular, tanto desde o punto de vista económico e social como tamén urbanístico.



Conchi Horro Alvarez (Xerente CCU)

Julio Presas López (Presidente CCU)












Páxina web: www.entretendas.com


Confecciones Julián, inicia a súa actividade no ano 1963


Julián Guimil Calvo

No ano 1963, Julián Güimil Calvo, con 22 anos e estando aínda solteiro, inicia a súa actividade cunha xastraría en Villalonga, na Rúa Vilar, n.º 7. Ao ano e medio máis ou menos, cásase con Carmen González Alvite, modista, e empezan tamén a vender camisería e pantalóns.  Como lles gustaba tanto a confección aos dous, empezan a vender, nun baixo sen teitar.  


Fachada Vella
Máis tarde, pasados máis ou menos tres anos, compraron outro local, unha casa vella, para o cal tiveron que empeñarse e pedir o diñeiro a un amigo.


Aí empezaron co comercio propiamente dito de máis ou menos 80 m2, onde estiveron aproximadamente 15 anos.
Despois seguiron comprando un terreo, arredor do ano 1976-1977, e alí construíron o local central, que corresponde ao comercio actual. Máis tarde, compraron ao lado, onde construíron casa e comercio.


Actualmente dispoñen de preto de 400 m² de comercio especializado en roupa de sra, cabaleiro, festa, noivos e comuñóns. E tamén unha primeira planta duns 100 m² dedicada a exposición de roupa de fogar.


Confeccións Julián é un referente non só para o pobo de Villalonga, senón para todos os arredores. Un lugar onde se pode encontrar de todo, tanto para o día a día como para festa, mesmo traxes de comuñón para neno e nena e de noivos; sen que se nos esquece a roupa de fogar.


Pódese dicir sen risco a equivocarse, que as primeiras cortinas que se colocaron en Sanxenxo, tanto en hoteis coma en casas particulares, as confeccionaron eles, traballando para iso domingos e festivos e ata altas horas da madrugada.

Carmen González e Julián Guimil no interior do comercio

É por iso que con moito esforzo, dedicación, puntualidade nas entregas e responsabilidade, conseguiron facerse un nome e unha clientela que máis que iso, mera clientela, acababan sendo amigos.

Contan Julián e Carmen, que naquela época, que non había diñeiro, eles fiaban e tardaban ao mellor mesmo un ano en acabar de cobrar as vendas. Eran familias con fillos que necesitaban roupa para os nenos, pezas de sabas, etc.

Tamén por esta razón gañaron a confianza e o cariño da súa clientela.


Carmen González no interior coas empregadas

En canto aos seus empregados, actualmente conta con dous, aínda que nalgún momento chegaron a ter mesmo catro.
Hoxe están Lourdes Otero Padín, que leva con eles nada menos que 35 anos, xa que empezou cando só contaba con 14; e Ana Mª González Padín, que leva 22 anos, e tamén empezou sendo moi rapaza. Sen dúbida, unha mostra de fidelidade á empresa e aos xefes.
  



2 sept 2013

Don Can, un establecemento nacido dunha afección


EMGROBES, Empresarios Grovenses de Bens e Servicios



En 1986 un grupo de empresarios do Grove uníronse para defender de forma conxunta os seus intereses, así como para ter un maior peso específico á hora de participar nas decisións que lles afectaran directamente. Así nace EMGROBES (Empresarios Grovenses de Bens e Servizos).


EMGROBES engloba á maioría de sectores do tecido económico da vila, dende o comercio á hostalaría, pasando pola industria, construción, servizos entre outros, creando unha sinerxía de colaboración entre todos, fortalecendo toda unha oferta de servizos, converténdose nun polo de atracción económico do Grove e da súa área de influencia, aproveitando o marco incomparable e privilexiado da situación da vila.


Toda a experiencia adquirida polas empresas do Grove, en particular as pertencentes ao sector comercio, no 2001 créase o Centro Comercial Aberto "De Tendas", co que se unifica baixo unha marca común o comercio do Grove, identificando baixo o a oferta modernidade e diversidade, unha atención personalizada, unha relación de calidade prezo inmellorables acompañados do compromiso de cada día ofrecer o mellor.


O Centro Comercial Aberto "De Tendas" sempre a tratado de dar solución ás demandas de comercio local a través de cursos de formación, alfabetización en novas tecnoloxías, para que os profesionais do comercio poidan sempre ofercer o mellor.



Tamén se están poñendo en marcha diferentes proxectos como é o comercio electrónico a través dunha nova paxina web da asociación, ww.ofertasnogrove.com.


O Centro Comercial Aberto "De Tendas" colabora con outras federacións, poñendo en valor o comercio de proximidade, á parte de poder en marcha de forma individual diferentes campañas de promoción e apoio ao comercio, como son as campañas de Nadal, Dia del Padre, Dia de la Madre, Dia de los Enamorados, entre outras puntuais e especiais. Cos seus premios relacionados coas campañas existentes.


Pero o Centro Comercial Aberto "De Tendas" non só céntrase nas campañas organizadas para os comercios, senón que busca a promoción dos seus comercios colaborando con outros eventos, como regatas, animación na rúa, concursos organizados dende o Concello, para que o que sorteen sexa sempre dentro do, garantindo asi a calidade, prezo e servizo do premios.


José Besada Garrido (Presidente CCA)

Sin olvidar otras colaboraciones con como con los colegios para el fomento del consumo responsable entre los niños, asi como la importancia del comercio de cercanía, y lo que representa en la vida cotidiana de la villa.


Páxina web: http://www.emgrobes.com/







Don Can, un establecemento nacido dunha afección




Son Agustín Fontan Costa, natural do Grove, a miña vida profesional ao igual que os meus estudos se fundamentaron na electrónica, pero a miña paixón, son os Cans e as mascotas, a raíz desta, no ano 1986 empecei a barallar a posibilidade de abrir un PET-SHOP unha tenda especializada en alimentación, accesorios e demais complementos orientados ás mascotas. Despois de estudar as posibilidades de negocio, decidín o 2 maio do 1989 inaugurar DON CAN.


Como todo proxecto que se inicia, DON CAN, naceu coa grande ambición de ser un gran proxecto de futuro de crecer cos anos, dado que nesa época aínda sendo un mercado pouco explotado, non se deben as condicións necesarias no mercado local para a subsistencia do establecemento, comezamos a base de moito esforzo, tamén adentrarnos en mercados próximos (bisbarra, autonómicos, etc...).


Aproveitando que en Galicia non existían gran cantidade de negocios deste índole, senón o máis coñecido como paxararías, o inicio comezou con moita forza a nivel autonómico especializándonos rapidamente na venda de cans de raza con pedigree sans e con calidade. Polo cal unha das mellores publicidades foi o boca a boca que nos situou como referente, fixo que moita xente percorrese quilómetros por toda Galicia en dirección ó Grove en busca da súa mascota ou can.


Desta especialización e afección á cría de cans, tamén nos convertemos en criadores de canes, expoñendo aos nosos cans en diferentes concursos tanto nacionais e internacionais en todos estes anos, nos que obtiveron importantes e variados premios.


Fomos pioneiros na venda de alimentación seca (penso) para mascotas, utilizando marcas de primeira orde, introducindo este produto entre os amantes das mascotas a base de promocións de eventos e mostras. Desta forma comezada a mellorar a dieta das mascotas, deixando o seu menú habitual de sobras e restos.


Tamén nos especializamos no sector da ornitoloxía, con paxaros de raza, sobre todo no concernente á especie de canarios e loros.


Nos noventa, por buscar novas fórmulas de negocio, recorremos a visitar mercados moitos máis maduros neste sector e viaxamos a Estados Unidos e de forma anual a Inglaterra.


Como se comezaba a crecer, comezáronse a crear novos servizos, como é o caso do peiteado canino, e a creación dunha distribuidora dalgunhas marcas coñecidas de pensos para toda a Bisbarra do Sales de forma exclusiva.


O seguinte paso dada necesidades do sector, foi montar unha Comercial Agrícola, "Muiño Vello" encada mais cara ao sector agrícola, aves curral e xardinaría que buscan uns produtos de maior calidade.


Xa coa consolidación do negocio no 2006, comezamos a realizar nosas marca branca de pensos e produtos de hixiene de mascota, continuando con distribución de primeiras marcas, onde encontrar produtos de países tales como Bélxica, Republica Checa, Inglaterra, China, Italia, Francia, e outra serie de produtos nacionais fabricados en exclusiva para nós.