Arteixo Centro Comercial Aberto
Arteixo Centro Comercial Aberto nace no ano 2009 co obxectivo de traballar
pola dinamización das rúas e o comercio de Arteixo. Este CCA xurdiu da unión
das xa extintas Asociación de
Comerciantes de Arteixo, e da Asociación de Hostaleiros de Arteixo, co
obxectivo de traballar pola dinamización das rúas e o comercio local.
Arteixo CCA serve de plataforma ós comerciantes, hostaleiros e profesionais
de Arteixo, convencidos de que xuntar forzas a través da súa unión é o xeito de
lograr un pobo máis sostible e dinámico, necesidade fundamental para o correcto desenvolvemento das súas actividades
comerciais e profesionais.
Representando a cerca de 100 establecementos (información dada polo CCA) do
núcleo de Arteixo o CCA convértese nun elemento sempre presente na vida do
pobo, sendo recoñecido entre os veciños como unha importante estrutura
dinamizadora.
Conscientes da necesidade de traballar por un Arteixo mellor para todos o
CCA proxecta a súa programación cara iniciativas locais destinadas a conseguir
unha globalidade mellor, máis sostible, máis ecolóxica e responsable, onde o
progreso está baseado na cultura, a tradición e a sostenibilidade.
Tendo sempre presente a formación e a implantación de novas tecnoloxías
téntase maximizar as posibilidades do desenvolvemento individual de cada un dos
asociados, que presentan en conxunto un comercio forte, moderno e cualificado
para atender os máis exixentes retos.
A innovación no deseño das súas
campañas é unha meta perseguida no traballo do CCA, xa que mediante a
orixinalidade das campañas conséguemos atraer a curiosidade dos veciños e
visitantes, facendo máis fácil a súa participación.
Convencidos de que a unión das súas
forzas é o xeito de mellorar nos seus negocios, os asociados a Arteixo CCA
deseñan e crean estruturas que maximicen o poder da súa unión, potenciando
o desenvolvemento individual de cada un
dos asociados.
A pequena empresa, as pymes, os autónomos, son pezas básicas para un bo
desenvolvemento do tecido industrial e económico de Arteixo, que por outro lado
vai da man co lado máis social e humano, coa calidade de vida dos nosos veciños, xa que é a pequena empresa a que
fomenta a creación de postos de traballo estables.
Luis Angel Espiñeira (Presidente CCA)
Teresa Gutiérrez (Xerente CCA)
Establecer convenios de colaboración con empresas que melloren a capacidade
competitiva dos asociados é parte das accións
a desenvolver neste ámbito de
estruturas de refortalecemento comercial.A formación, a innovación, e a
implantación de novas tecnoloxías seguen sendo os piares que manteñen estas
estruturas.
Páxina web: http://www.ccaarteixo.com/
Mercería Carrera, inicia a súa actividade en Arteixo no ano 1978
O negocio tal e como hoxe o coñecemos abriu as súas
portas en Arteixo o 20 de Xuño de 1978, pero para coñecelo en profundidade, a
súa historia e traxectoria máis persoal deberemos remontarnos moitos anos
atrás, a época dos bisavós e tataravós da actual propietaria Susana, tamén
deberemos cambiar de ubicación xeográfica, xa que o comezo desta historia
contase en A
Susana Carrera en Mercería Carrera
Graña, Concello de Covelo, Pontevedra. Foi alí onde os antepasados de Susana, actual
propietaria, comezaron coa venta de xénero de forma ambulante. Para o
transporte destes produtos utilizaban o que eles denominaban “fardos” que era
unha tela, na cal dunha forma ordenada colocábanse as sabanas, colchas,
cobertores e calcetíns, unha vez preparado homes e mulleres, elas na cabeza ou
eles nas costas axudados por unha vara ou bastón botábanse a camiñar moitos
kilometros diarios, por camiños con pendentes, case intransitables e incluso
con neve ou choiva.
Ademais do fardo tamén levaban estes homes e mulleres
unha manta coa que se abrigaban mentres durmían nas casas, cortellos ou o
cobizo onde puideran pasar as noites. Nalgúns destes viaxes comerciais tamén
utilizaban mulas para o transporte das mercancías.
Pasan os anos e a familia de Mercedes, os seus avós
concretamente mudan de residencia trasladando tamén a ruta do seu negocio,
deixando atrás as aldeas de Pontevedra comezan unha nova etapa en Arteixo,
comezando a vender do mesmo xeito ambulante polos pobos e lugares cercanos como
é o caso de Lañas, Rañobre, Caión, Baldaio e moitos outros dos arredores de
Arteixo.
Como anteriormente tamén en Arteixo usaban o “fardo” e
a mula para carrexar as mercancías. Despois de varios anos vendendo polos pobos
arteixans os avós de Mercedes adquiriron o nome dos “Paneiros” a causa das súas
visitas as casas e fogares vendendo
telas e panos.
O negocio familiar segue pasando de xeración en
xeración e deste xeito chegamos a Luís, pai de Mercedes e figura importantísima
nesta historia por ser o fundador do que hoxe coñecemos en Arteixo como
“Mercería Carrera” pero xa Luís antes de abrir o negocio acompañaba os seus
pais na venda de tecidos de pobo en pobo, resaltar que nesta época tamén
vendían na casa dos Carrera a coñecidos que ali se achegaban.
Despois de varios anos de carácter ambulante o negocio
transformase no 1978, e nese ano cando Luís Carrera decidiu abrir as portas dun
establecemento onde se venderían as mesmas mercancías que anos atrás vendía
como ambulante. Aínda que pasaron os anos, e Luís deixou de ir polo pobos,
seguiu sendo coñecido como “O Paneiro” e as xentes dos arredores seguían
mercando nesta empresa familiar, iso si esta vez no local situado nos Baños de
Arteixo, actual Ría de Ferrol.
Imaxe de Mercería Carrera
A apertura do local tamén serviu para ampliar o abanico
de produtos a ofertar, ademais da roupa de fogar dos comezos, tamén
incorporáronse outros como pixamas ou roupa interior, uns anos máis tarde tamén
vendían saias para as mulleres e pantalóns, xerseis e camisas tanto para os
homes como para as mulleres.
Seguen pasando os anos e chégalle a Luís a hora de
xubilarse, e nese momento cando a súa filla Susana pasa a ocupar o relevo
xeneracional e faise cargo do negocio.
Hoxe en día, e en palabras de Susana “ a pesares da crise seguimos
abertos porque aínda que hai menos vendas que outros anos o local e noso, non
pagamos renda nin temos gastos moi avultados “ “Aos nosos clientes ofrecémoslle
roupa de boa calidade e a confianza de que se teñen algún problema coa roupa
poderan arranxalo asi como a oportunidade de elixir en catalogo diferentes tipos
de produtos, como por exemplo un edredón en concreto ou unha colcha”. Na
actualidade Mercería Carrera vende tanto roupa de fogar como interior e de
vestir. “En todos estes anos o negocio sufriu reformas tanto no exterior como
no interior, pero a pesares de todo o tempo e os cambios o que máis valoran na
“Mercería Carrera” dos seus clientes “é a confianza de seguir mercando neste
establecemento”.
Arteixo Centro Comercial Aberto nace no ano 2009 co obxectivo de traballar pola dinamización das rúas e o comercio de Arteixo. Este CCA xurdiu da unión das xa extintas Asociación de Comerciantes de Arteixo, e da Asociación de Hostaleiros de Arteixo, co obxectivo de traballar pola dinamización das rúas e o comercio local.
Arteixo CCA serve de plataforma ós comerciantes, hostaleiros e profesionais de Arteixo, convencidos de que xuntar forzas a través da súa unión é o xeito de lograr un pobo máis sostible e dinámico, necesidade fundamental para o correcto desenvolvemento das súas actividades comerciais e profesionais.
Representando a cerca de 100 establecementos (información dada polo CCA) do
núcleo de Arteixo o CCA convértese nun elemento sempre presente na vida do
pobo, sendo recoñecido entre os veciños como unha importante estrutura
dinamizadora.
Conscientes da necesidade de traballar por un Arteixo mellor para todos o
CCA proxecta a súa programación cara iniciativas locais destinadas a conseguir
unha globalidade mellor, máis sostible, máis ecolóxica e responsable, onde o
progreso está baseado na cultura, a tradición e a sostenibilidade.
Tendo sempre presente a formación e a implantación de novas tecnoloxías téntase maximizar as posibilidades do desenvolvemento individual de cada un dos asociados, que presentan en conxunto un comercio forte, moderno e cualificado para atender os máis exixentes retos.
A innovación no deseño das súas campañas é unha meta perseguida no traballo do CCA, xa que mediante a orixinalidade das campañas conséguemos atraer a curiosidade dos veciños e visitantes, facendo máis fácil a súa participación.
Convencidos de que a unión das súas forzas é o xeito de mellorar nos seus negocios, os asociados a Arteixo CCA deseñan e crean estruturas que maximicen o poder da súa unión, potenciando o desenvolvemento individual de cada un dos asociados.
A pequena empresa, as pymes, os autónomos, son pezas básicas para un bo desenvolvemento do tecido industrial e económico de Arteixo, que por outro lado vai da man co lado máis social e humano, coa calidade de vida dos nosos veciños, xa que é a pequena empresa a que fomenta a creación de postos de traballo estables.
Luis Angel Espiñeira (Presidente CCA) Teresa Gutiérrez (Xerente CCA) |
Establecer convenios de colaboración con empresas que melloren a capacidade
competitiva dos asociados é parte das accións
a desenvolver neste ámbito de
estruturas de refortalecemento comercial.A formación, a innovación, e a
implantación de novas tecnoloxías seguen sendo os piares que manteñen estas
estruturas.
Páxina web: http://www.ccaarteixo.com/
Mercería Carrera, inicia a súa actividade en Arteixo no ano 1978
O negocio tal e como hoxe o coñecemos abriu as súas
portas en Arteixo o 20 de Xuño de 1978, pero para coñecelo en profundidade, a
súa historia e traxectoria máis persoal deberemos remontarnos moitos anos
atrás, a época dos bisavós e tataravós da actual propietaria Susana, tamén
deberemos cambiar de ubicación xeográfica, xa que o comezo desta historia
contase en A
Susana Carrera en Mercería Carrera
Graña, Concello de Covelo, Pontevedra. Foi alí onde os antepasados de Susana, actual
propietaria, comezaron coa venta de xénero de forma ambulante. Para o
transporte destes produtos utilizaban o que eles denominaban “fardos” que era
unha tela, na cal dunha forma ordenada colocábanse as sabanas, colchas,
cobertores e calcetíns, unha vez preparado homes e mulleres, elas na cabeza ou
eles nas costas axudados por unha vara ou bastón botábanse a camiñar moitos
kilometros diarios, por camiños con pendentes, case intransitables e incluso
con neve ou choiva.
Ademais do fardo tamén levaban estes homes e mulleres
unha manta coa que se abrigaban mentres durmían nas casas, cortellos ou o
cobizo onde puideran pasar as noites. Nalgúns destes viaxes comerciais tamén
utilizaban mulas para o transporte das mercancías.
Pasan os anos e a familia de Mercedes, os seus avós
concretamente mudan de residencia trasladando tamén a ruta do seu negocio,
deixando atrás as aldeas de Pontevedra comezan unha nova etapa en Arteixo,
comezando a vender do mesmo xeito ambulante polos pobos e lugares cercanos como
é o caso de Lañas, Rañobre, Caión, Baldaio e moitos outros dos arredores de
Arteixo.
Como anteriormente tamén en Arteixo usaban o “fardo” e
a mula para carrexar as mercancías. Despois de varios anos vendendo polos pobos
arteixans os avós de Mercedes adquiriron o nome dos “Paneiros” a causa das súas
visitas as casas e fogares vendendo
telas e panos.
O negocio familiar segue pasando de xeración en
xeración e deste xeito chegamos a Luís, pai de Mercedes e figura importantísima
nesta historia por ser o fundador do que hoxe coñecemos en Arteixo como
“Mercería Carrera” pero xa Luís antes de abrir o negocio acompañaba os seus
pais na venda de tecidos de pobo en pobo, resaltar que nesta época tamén
vendían na casa dos Carrera a coñecidos que ali se achegaban.
Despois de varios anos de carácter ambulante o negocio
transformase no 1978, e nese ano cando Luís Carrera decidiu abrir as portas dun
establecemento onde se venderían as mesmas mercancías que anos atrás vendía
como ambulante. Aínda que pasaron os anos, e Luís deixou de ir polo pobos,
seguiu sendo coñecido como “O Paneiro” e as xentes dos arredores seguían
mercando nesta empresa familiar, iso si esta vez no local situado nos Baños de
Arteixo, actual Ría de Ferrol.
Imaxe de Mercería Carrera |
No hay comentarios:
Publicar un comentario