Mostrando entradas con la etiqueta centro comercial aberto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta centro comercial aberto. Mostrar todas las entradas

2 sept 2013

Don Can, un establecemento nacido dunha afección


EMGROBES, Empresarios Grovenses de Bens e Servicios



En 1986 un grupo de empresarios do Grove uníronse para defender de forma conxunta os seus intereses, así como para ter un maior peso específico á hora de participar nas decisións que lles afectaran directamente. Así nace EMGROBES (Empresarios Grovenses de Bens e Servizos).


EMGROBES engloba á maioría de sectores do tecido económico da vila, dende o comercio á hostalaría, pasando pola industria, construción, servizos entre outros, creando unha sinerxía de colaboración entre todos, fortalecendo toda unha oferta de servizos, converténdose nun polo de atracción económico do Grove e da súa área de influencia, aproveitando o marco incomparable e privilexiado da situación da vila.


Toda a experiencia adquirida polas empresas do Grove, en particular as pertencentes ao sector comercio, no 2001 créase o Centro Comercial Aberto "De Tendas", co que se unifica baixo unha marca común o comercio do Grove, identificando baixo o a oferta modernidade e diversidade, unha atención personalizada, unha relación de calidade prezo inmellorables acompañados do compromiso de cada día ofrecer o mellor.


O Centro Comercial Aberto "De Tendas" sempre a tratado de dar solución ás demandas de comercio local a través de cursos de formación, alfabetización en novas tecnoloxías, para que os profesionais do comercio poidan sempre ofercer o mellor.



Tamén se están poñendo en marcha diferentes proxectos como é o comercio electrónico a través dunha nova paxina web da asociación, ww.ofertasnogrove.com.


O Centro Comercial Aberto "De Tendas" colabora con outras federacións, poñendo en valor o comercio de proximidade, á parte de poder en marcha de forma individual diferentes campañas de promoción e apoio ao comercio, como son as campañas de Nadal, Dia del Padre, Dia de la Madre, Dia de los Enamorados, entre outras puntuais e especiais. Cos seus premios relacionados coas campañas existentes.


Pero o Centro Comercial Aberto "De Tendas" non só céntrase nas campañas organizadas para os comercios, senón que busca a promoción dos seus comercios colaborando con outros eventos, como regatas, animación na rúa, concursos organizados dende o Concello, para que o que sorteen sexa sempre dentro do, garantindo asi a calidade, prezo e servizo do premios.


José Besada Garrido (Presidente CCA)

Sin olvidar otras colaboraciones con como con los colegios para el fomento del consumo responsable entre los niños, asi como la importancia del comercio de cercanía, y lo que representa en la vida cotidiana de la villa.


Páxina web: http://www.emgrobes.com/







Don Can, un establecemento nacido dunha afección




Son Agustín Fontan Costa, natural do Grove, a miña vida profesional ao igual que os meus estudos se fundamentaron na electrónica, pero a miña paixón, son os Cans e as mascotas, a raíz desta, no ano 1986 empecei a barallar a posibilidade de abrir un PET-SHOP unha tenda especializada en alimentación, accesorios e demais complementos orientados ás mascotas. Despois de estudar as posibilidades de negocio, decidín o 2 maio do 1989 inaugurar DON CAN.


Como todo proxecto que se inicia, DON CAN, naceu coa grande ambición de ser un gran proxecto de futuro de crecer cos anos, dado que nesa época aínda sendo un mercado pouco explotado, non se deben as condicións necesarias no mercado local para a subsistencia do establecemento, comezamos a base de moito esforzo, tamén adentrarnos en mercados próximos (bisbarra, autonómicos, etc...).


Aproveitando que en Galicia non existían gran cantidade de negocios deste índole, senón o máis coñecido como paxararías, o inicio comezou con moita forza a nivel autonómico especializándonos rapidamente na venda de cans de raza con pedigree sans e con calidade. Polo cal unha das mellores publicidades foi o boca a boca que nos situou como referente, fixo que moita xente percorrese quilómetros por toda Galicia en dirección ó Grove en busca da súa mascota ou can.


Desta especialización e afección á cría de cans, tamén nos convertemos en criadores de canes, expoñendo aos nosos cans en diferentes concursos tanto nacionais e internacionais en todos estes anos, nos que obtiveron importantes e variados premios.


Fomos pioneiros na venda de alimentación seca (penso) para mascotas, utilizando marcas de primeira orde, introducindo este produto entre os amantes das mascotas a base de promocións de eventos e mostras. Desta forma comezada a mellorar a dieta das mascotas, deixando o seu menú habitual de sobras e restos.


Tamén nos especializamos no sector da ornitoloxía, con paxaros de raza, sobre todo no concernente á especie de canarios e loros.


Nos noventa, por buscar novas fórmulas de negocio, recorremos a visitar mercados moitos máis maduros neste sector e viaxamos a Estados Unidos e de forma anual a Inglaterra.


Como se comezaba a crecer, comezáronse a crear novos servizos, como é o caso do peiteado canino, e a creación dunha distribuidora dalgunhas marcas coñecidas de pensos para toda a Bisbarra do Sales de forma exclusiva.


O seguinte paso dada necesidades do sector, foi montar unha Comercial Agrícola, "Muiño Vello" encada mais cara ao sector agrícola, aves curral e xardinaría que buscan uns produtos de maior calidade.


Xa coa consolidación do negocio no 2006, comezamos a realizar nosas marca branca de pensos e produtos de hixiene de mascota, continuando con distribución de primeiras marcas, onde encontrar produtos de países tales como Bélxica, Republica Checa, Inglaterra, China, Italia, Francia, e outra serie de produtos nacionais fabricados en exclusiva para nós.

8 jul 2013

Confecciones Isabel, as súas orixes comezaron polo ano 1950

Confecciones Isabel, foi crecendo co paso dos anos


Asociación de autónomos de comercio, hostalaría e industria de Tomiño - ADETO



A Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalaría,Industria e de Centros Comerciais Abertos de Tomiño (ADETO) nace en decembro de 2005 como unha agrupación de empresarios de varios sectores que desenrolan a súa actividade no Concello de Tomiño.



En decembro de 2011, tralo acordo adoptado en asemblea xeral, procedeuse a dar de baixa á Asociación na Sección provincial de mediación, arbitraxe e conciliación de Vigo (SMAC) e constituíuse a Asociación de autónomos de comercio, hostalaría e industria de Tomiño regulada pola Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociacións, depositando a correspondente acta e Estatutos no rexistro de asociacións dependente da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da provincia de Pontevedra.




Atópanse entre os fins da Asociación:
  • A defensa dos intereses empresariais dos membros asociados, ostentando así a súa representación.
  • Servir de enlace entre os empresarios asociados.
  • Organizar actividades de carácter asistencial e prestar servicios de asesoramento e información, a cargo de profesionais, ao servizo dos empresarios asociados.
  • Recibir, estudar e clasificar os problemas que planteen os empresarios asociados e realizar as xestións para a súa solución.
  • Calquer outro problema que poida xurdir e que esté dacordo e en consoancia cos principios que inspiran esta asociación.




Manuel Pérez Rivero (Presidente)

Dende os seus inicios a Xunta Directiva traballa por e para defender e fomentar a actividade empresarial desta zona, mantendo vivo o comercio local e desenvolvendo iniciativas para a súa potenciación, dinamización e mellora continua.




Entre as vantaxes que ofrecemos aos socios destacar:
  • Convenios con entidades financieiras.
  • Asesoramento e información.
  • Accións formativas.
  • Campañas comerciais ao longo de todo o ano.
    Campaña Día da Nai

    • Nadal
    • Dia do Pai
    • Día da Nai




  • Distribución de bolsas e etiquetas de rebaixas.
  • Publicidade conxunta en prensa escrita e radiofónica.
  • Páxina web e directorio virtual.
  • Sinalización comercial conxunta.
  • Confección e Distribución de guías do comercio local.



A delimitación xeográfica correspondese co casco urbán de Tomiño, situado na Parroquia de o Seixo principalmente e presenta un grado de concentración comercial alto, con un predominio da oferta comercial especializada no equipamento persoal e do fogar.

Ademais en Tomiño contamos tamén ca parroquia de Goian, a cual ten unha importate vida comercial debido a alta concentración que existe de establecementos comerciais.


Os comercios adheridos son establecementos de distintos ámbitos sectoriais, destacando os seguintes sectores económicos e actividades: 

  • Téxtil, calzado e complementos
  • Alimentación e bebidas
  • Hostalería, restauración
  • Mobiliario e material de oficina
  • Ocio, cultura e deportes
  • Informática e electrónica
  • Servizos para empresas
  • Servizos sociais
  • Construción e Inmobiliaria
  • Medios de comunicación
  • Saúde e beleza

Rubén Pérez (Xerente)



Páxina web: www.adeto.org








Confecciones Isabel, as súas orixes comezaron polo ano 1950



Fachada do antigo comercio



As orixes da tenda do téxtil de Confecciones Isabel comezou polo ano 1950, no que Don Alfredo Magna Gónzalez fíxose cargo deste negocio, despois de telo outra xente e por problemas económicos.



Don Alfredo Magna González que traballaba en Sevilla, no Hotel Cristina, decidiu poñer  a traballar a súa esposa e unha cuñada que foron elas as que se encargaron do negocio mentres él seguía en Sevilla uns anos máis.


Ao pasar os anos o negocio foi crecendo, nel vendían de todo (calzado, interiores, teas, roupa de fogar e moitas mais cousas).



Interior do actual comercio

Os tempos eran outros e a xente viña ao pobo e mercaban nas tendas, había xente neses anos que compraban a peza de tea enteira, duns 25 metros para que outra xente non o tivera igual. Tamén nese tempo chegaron momentos de traballar días na tenda unhas seis ou sete persoas, e non daban feito.



Interior do actual comercio

Foron pasando os anos e a tenda foise modernizando e traíanse modelos de roupa da última tendencia, igual que cousas de fogar como mantas, edredons e moito mais, indo de viaxe a Alacante, Barcelona e Madrid cada mes ou dous meses, e segundo traian a mercadoría a xente xa estaba a esperar polos modelos.



Fachada do actual comercio

Seguían pasando os anos e Confecciones Isabel seguía crecendo ata que a filla de Don Alfredo Magna Gónzalez, M ª Isabel Magán Portela, abriu o que hoxe en día e a prolongación do negocio, noutro local onde dende 1986 se abriu a tenda dedicada a roupa de calle, de rapaz-rapaza e señor-señora e no local de toda a vida seguimos abertos pero dedicados a roupa de fogar e interiores.


Gracias ao pequeno comercio aberto por Don Alfredo Magán González e coa continuación da súa filla e agora o seu neto no noso pobo, podemos gozar dun comercio de calidade e familiar cara á nosa xente.





1 jul 2013

Moto Bazar, comenzou a súa andadura no ano 1942

Moto Bazar, foise adaptando aos tempos


Centro Comercial Aberto Zona Aberta Vilagarcía


A Asociación de Comerciantes ZONA ABERTA é unha importante agrupación comercial situada no Concello de Vilagarcía de Arousa. Esta asociación de carácter non lucrativo conta cunha variedade de actividades profesionais todas elas dedicadas á venta de productos de cara o cidadán.

Esta organización naceu co fin de representar e promocionar os intereses económicos, socias, profesionais e culturais dos seus asociados o que implica a potencialidad do pequeno comercio de Vilagarcía de Arousa e a súa área de mercado.

ZONA ABERTA dende seu nacemento tivo como obxetivo primordial, contribuir na mellora e na dinamización do actual sistema comercial do concello de Vilagarcía de Arousa, mediante políticas de acción; co fin de consolidarse como unha asociación importante para o desenrolo do pequeño comercio frente as súas grandes áreas comercias.

O Centro Comercial Aberto Zona Aberta leva 19 anos na vida dos cidadáns de Vilagarcía de Arousa. Foi no ano 1994, despois de ver que o pequeno comercio estaba a perder as compras dos cidadáns debido ó crecemento das grandes áreas comerciais cando se decidiu creala.


Rocío Louzán (Presidenta) e Zulema Fresco (Xerente)

Dende 1994 ata a data de hoxe Zona Aberta contou na súa directiva con cinco presidentes. Na actualidade Zona Aberta conta con Doña Rocío Louzán Blanco como presidenta da asociación e Zulema Fresco López como xerente. 



Dende o principio Zona Aberta siempre contou cun local onde poder realizar todas as actividades relacionadas para seu funcionamento. No momento do seu nacemiento se contaba cun local ubicado na rúa Alexandre Cerecedo, pero debido as necesidades en cada momento se tivo que ir cambiando de sede para chegar a ter na actualidade un local na rúa Gumersindo Nartallo. No seguinte mapa mostránse as distintas localizacións de Zona Aberta en estos 19 anos.


Dende a súa aparición o Centro Comercial Aberto ten como un de seus principais obxetivos de convertirse nun membro da vida e da cidade coa finalidade de:

  • Representar, defender e promocionar os intereses económicos, socias, profesionais culturais dos seus asociados.
  • Aumentar o grado de notoriedade do comercio da cidade.
  • A integración do maior número de comercios o proveedores de servicios na actividade comercial.
  • Mellorar a formación dos empleados e titulares dos negocios de comercio e de servicios da cidade.
  • Conseguir que a cidade e a zona de concentración comercial se convirtan nun entorno más agradable e accesible para o visitante.
  • Mellorar a rentabilidade económica das empresas que participan na iniciativa e da propia cidade.
  • Evitar a pérdida de interacción entre o comerciante e o cliente.

A asociación conta cun local na rúa Gumersindo Nartallo nº 13 entrechan, acondicionado para poder levar a cabo unha xestión profesionalizada na que conta cun despacho de xerencia e de dirección, unha sala de xuntas onde se reúnen semanalmente a directiva e unha aula de formación onde ó longo do ano impártanse cursos de formación adecuados ó sector do comercio.

A estructura e funcionamento depende dunha directiva formada por once membros; unha presidenta, unha vicepresidenta, un secretario, un tesorero, sete vocais e unha xerente.

Actualmente a asociación de comerciantes ten en torno a 144 asociados (información dada polo CCA), onde se ten que destacar de eles a calidade do producto, o servicio que ofrecen o seu interés e participación nos proxectos do centro comercial aberto que se desenrolan ó longo do ano. Os sectores que forman a nosa asociación son moi variados, o que permite ós clientes poder mercar toda clase de artigos na nosa cidade. 

Dentro do apartado de sinalización comercial os comercios asociados a Zona Aberta se caracterizan por ter na súa fachada unha placa identificativa que mosa unha imaxen e conducta única, e ademáis permite diferenciarse de aqueles comercios que non están na asociación.


Ademáis dentro de este apartado de sinalización comercial a asociación conta cunha páxina web onde se publicitan os comercios que pertencen á asociación, as distintas campañas anuais que se fan, noticias de interés, ventaxas para os asociados e os clientes…

Páxina web: www.zonaaberta.com



Moto Bazar, comenzou a súa andadura no ano 1942


Moto Bazar é un comercio que comenzou a súa andadura no ano 1942 da man de Manuel Blanco Moroño. No ano 1987, foi a súa filla Pilar Blanco Vila e o seu marido Manuel Louzán Sabarís, os que se fixeron cargo do negocio familiar. No ano 1993 incorporase Rocio Louzán Blanco como auxiliar administrativa.


Titulares actuais e persoal contratado
No ano 2006 xubílase Manuel Louzán Sabarís e se forma a empresa MOTO BAZAR C.B por Pilar Blanco Vila e Rocío Louzán Blanco.
Por último, no ano 2008, son Rocío Louzán Blanco e máis Cristina Louzán Blanco as que se fan cargo da xestión da empresa.

Este negocio comenzou os seus inicios en Puentecesures, onde o cabo dun ano decidiu trasladarse a Vilagarcía de Arousa, concretamente a rúa Edelmiro Trillo, onde relizou sua actividade nun local durante cinco anos, xa que despois trasladouse definitivamente á rúa Arzobispo Andrade.

O motivo do porque dedicarse a esta actividade foi porque Manuel Blanco Moroño iniciou a súa actividade laboral trabajando na empresa Bicicletas Honor, como montador de rodas.

Este negocio que dende seus inicios dedicouse á venta e reparación de bicicletas e motocicletas, foise adaptando aos tempos e debido ó incremento do uso da bicicleta por parte da cidadanía como medio alternativo de transporte para trasladarse dentro da cidade, por iso hoxe en día dedicase solo á venta e reparación de bicicletas así como, o alquiler de elas, e vende tanto de maneira presencial como a través da súa páxina web: www.moto-bazar.es

O que máis valora dos seus clientes é a súa fidelidade xa que contan con clientes que pasan de pais a fillos, así como clientes fieles que sempre veñen en épocas vacacionais.



17 jun 2013

Alimentación Alonso, iniciou a súa actividade a finais do século XIX

Alimentación Alonso, fundada en 1890


Centro Comercial Aberto de Tui - ACITUI


A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui foi constituída en 1996 froito da vontade dun grupo de comerciantes que se propoñen xuntar esforzos para facer fronte ás ameazas do entorno e mellorar a súa posición competitiva. No ano 2000 experimenta un importante impulso, sobre  pasando xa, por aquel entón, o centenar de asociados, aínda que na actualidade a crise económica ten incidido moi negativamente no número de establecementos comerciais activos na localidade e polo tanto tamén no número de asociados, situándose en torno a 100 .


Dende eses primeiros anos, a Asociación comeza a gañar presenza na sociedade a medida que vai reforzando e consolidando a súa relación con outros axentes sociais, e afianzándose como un interlocutor válido ante as institucións públicas e privadas.


A posta en marcha do Proxecto de CCA ten suposto un fito determinante na traxectoria da Asociación que está a acadar unha alta valorización social e experimentando un extraordinario proceso de aproximación á cidadanía. Dende que en outubro de 2002 se fixera público o estudo promovido pola Xunta de Galicia denominado “DETERMINACIÓN DO POTENCIAL DE DESENVOLVEMENTO DE CENTROS COMERCIAIS URBANOS EN VARIOS MUNICIPIOS DA COMUNIDADE ATÓNOMA DE GALICA: TUI”, enmarcado no “Plan Cuadrienal de Modernización do Sector Comercial Retallista de Galicia” a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui (Acitui) ven traballando intensamente en prol da consolidación do Centro Comercial Aberto na cidade de Tui.


Avalados polas conclusións que aportaba o citado estudio no que se consideraba que Tui reúne condicións adecuadas para que o comercio fose xestionado baixo a fórmula dun Centro Comercial Aberto, no ano 2003 púxose en marcha a primeira fase do proxecto (Fase I: Deseño, execución e implantación dun programa de Dinamización Comercial en Tui.), que foi presentado e apoiado pola Consellería de Innovación, Industria e Comercio, a Administración Local e por outras entidades privadas locais e comarcais.


O ano 2004 foi, para o proxecto do Centro Comercial Aberto de Tui, un ano especialmente decisivo, o éxito das accións de animación e promoción executadas pola Asociación, contribuíron decididamente ao mesmo. Pero, ademais, as accións de adecuación urbanística dalgunhas zonas que inicialmente conformaron o CCA Tui (C/ Foxo, Rosa Bahamonde e as súas travesías) impulsado e apoiado pola Asociación e executado pola Administración local reafirma a filosofía deste proxecto de dinamización comercial.


En  2005 supuxo a posta en marcha da Terceira Fase do Centro Comercial Aberto de Tui. O Plan de actuación, denominaba a esta 3ª Fase de potenciación e expansión. O Plan de actuación deseñado para por en marcha en 2005 comprendía un conxunto de accións cuxo obxectivo era a potenciación do conxunto comercial a través de accións de mellora e promoción do conxunto e, doutra banda, un conxunto de accións cuxo obxectivo era a expansión da área do Centro Comercial Aberto a novas zonas comerciais do núcleo urbano cunha densidade e actividade comercial suficiente e crecente ata acadar a identificación do Centro Comercial Aberto cá área urbana da cidade de Tui.


Jorge A.Álvarez Bautista (Presidente CCA)

Dende o exercizo 2006 os respectivos Plans de actuación deseñados buscan a consolidación da área comercial e a  continuidade as accións de promoción e animación. A animación comercial tense convertido nun elemento distintivo e diferenciador do CCA Tui, especialmente na época estival xa que resulta a máis indicada para a realización de actividades na rúa.


Ante os novos retos de futuro que a cidade esta a ter que afrontar como é o establecemento dunha gran superficie Outlet no seu entorno, o CCA Tui debe reorientar a súa estratexia competitiva e por en valor aqueles aspectos máis intimamente inculados ao comercio tradicional e os valores comerciais da cidade. Por outra banda, a política urbanística desenvolvida ten xerado unha enorme dispersión comercial o que dificulta a percepción de oferta conxunta. Nunha cidade que non é quen de consolidar a súa estrutura comercial so en base a demanda local senón que precisa xerar elementos de atracción para garantir a viabilidade comercial entendida tanto dende o seu conxunto como dende o punto de vista das unidades comerciais individuais que a compoñen.


Páxina web: www.comerciodetui.es



Alimentación Alonso, iniciou a súa actividade a finais do século XIX


“Alimentación Alonso” iniciou a súa actividade a finais do século XIX, en 1890, sendo fundada por Dona Emilia García Domínguez. Está situada na antiga Praza da Verdura, a carón da Porta da Pía, entrada principal á Zona Monumental de Tui. De aí que a súa denominación inicial fora “A tenda de Emilia da Praza”.

Comezou como tenda de ultramarinos, debido a que nesa época era o que demandaba a sociedade tudense. Tamén era característico pola venda de viño. A xente viña das aldeas a cómpralo debido a súa merecida fama.



Na adega da tenda había una tasca chamada “Casino Obrero”, no que requiríase estar previamente inscrito para entrar. Chamábase así xa que alí ían os traballadores a tomar una “póliza”, que era unha cunca con medio cuartillo de viño. Para acompañar ao viño, acostumábase a pór unha tapa de bacallau groso ou de arenque. Existía un libro no que os clientes podían escribir algunha nota ou chiste.

No ano 1936, co inicio da Guerra Civil, o “Casino Obrero” veuse obrigado a pechar.

Anteriormente, no ano 1913, tíñase ampliado a actividade da tenda, abrindo dentro do establecemento un estanco de tabaco que aínda perdura na actualidade.

Coa Señora Emilia traballaba o seu fillo, Jesús Iglesias García. Á súa morte, nos anos 60, sucédelle a súa irmá María García Domínguez, que xa era titular do estanco. A acompañaban na atención do establecemento os seus fillos Pepe e Manolo Alonso García. Nesa época a tenda era coñecida como a de “Pepe de Emilia”.

Falecidos tanto a señora María como os seus fillos Pepe e Manolo, fíxose cargo da tenda o outro irmán, Esteban Alonso García, sendo o titular actual, que rexenta o negocio axudado polos seus sobriños Lucía Campos Alonso e Ricardo Alonso, que son a cuarta xeración da tenda.


Na actualidade segue tendo o seu prestixio acadado ó longo dos anos grazas á formalidade da familia, á calidade dos produtos (especialmente o seu coñecido bacallau) e pola súa situación estratéxica que o converten, sen ningunha dúbida, un dos establecementos máis coñecidos e emblemáticos da cidade de Tui.

7 jun 2013

La esmeralda, 77 anos adaptándose aos tempos


Asociación de Empresarios de A Guarda, ACIGU Centro Comercial Aberto



A Asociación de Empresarios de A Guarda, ACIGU Centro Comercial Aberto creouse en 1990 da man dun grupo de empresarios guardeses que creeron no asociacionismo como medio de xuntar esforzos, nunha aposta polo futuro do comercio, a industria e a hostalaría local, ademais da propia promoción turística do Concello da Guarda, defendendo os seus intereses e o das xeracións vindeiras.

 

 A día de hoxe ACIGU C.C.A conta cunhas instalacións propias, como é o caso da súa Sede Social, sita en pleno casco histórico e no corazón comercial da localidade. Dende esta situación privilexiada aténdese as necesidades do público en xeral e en especial aos comerciantes e resto de empresarios da vila da Guarda, contando para iso con máis de 200 m² de despachos, sala de xuntas e unha aula de formación para a impartición de cursos, seminarios e talleres, que tamén é utilizada para outros eventos como visitas institucionais, presentacións de campañas aos asociados, reunións da asociación, asembleas...


ACIGU C.C.A sempre destacou pola busca de novas iniciativas e propostas á hora de elaborar os seus servizos, campañas de dinamización e promoción comercial, tendo sempre moi en conta os intereses dos propios establecementos adheridos a ACIGU C.C.A, xa que son os asociados e o persoal destes os que fan que as campañas sexan efectivas. Sen a participación do comercio e a implicación dos comerciantes non tería sentido realizar estas actividades. Son eles, ás veces influenciados polos seus propios clientes, os que nos pregunta se este ano se vai realizar esta campaña ou outra, e márcannos as liñas de actuación da propia dinamización comercial da nosa área de influencia.

Por iso no ano 2010 o Secretario Geral de Turismo y Comercio Interior del Ministerio de Industria Turismo y Comercio, D. Joan Mesquida Ferrando otorgou a ACIGU C.C.A un Accésit ao Premio Nacional a Centros Comerciales Abiertos.

 

Dende ACIGU C.C.A pretendemos que o comerciante sempre estea formado e informado, non só nas actividades que dende a Asociación realizamos, senón tamén  axudándoos a realizar trámites coas diferentes administracións. Intentamos, dentro das nosas limitacións, asesorar as persoas que acoden a nós ofrecendo alternativas. 

 

Por iso sempre estivemos integrados en institucións do prestixio da Federación Galega de Comercio, a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), a Federación de Empresarios e Comerciantes do Baixo Miño e Provincia de Pontevedra (FEBAM Pontevedra), a Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA),a Asociación de Mulleres Profesionais Autónomas de Galicia (AMPAGA).

 

Todas as actividades desenvolvidas por ACIGU Centro Comercial Aberto son postas en comunicación directa aos nosos asociados a través de presentacións, charlas coloquios, circulares, pero tamén utilizamos outras ferramentas máis áxiles e que poden chegar a cubrir maior radio de acción e con maior rapidez como poden ser os medios de comunicación (Prensa, TV, medios dixitais www.infominho.com, www.galiciasuroeste.info...) e as propias ferramentas que nos proporciona Internet (Facebook, páxina propia de Internet www.acigu.com, e o noso propio correo acigucca@gmail.com).

 

Presidenta: Dña Carmen María García Braga
            Xerente: D. Jose Manuel Aldea Dorado
        Páxina web do CCA: www.acigu.com
 


La esmeralda, 77 anos adaptándose aos tempos  



A Actividade iniciouse polo ano 1936. En 1957 Dña. Felisa Fernández Rodríguez quedou co traspaso da tenda e no ano 2002 foi a súa filla Beatriz Franco Fernández, que é a actual titular do negocio, a que quixo seguir co negocio realizando un relevo xeracional na actividade da empresa.  

 

Esta tenda de roupa e complementos sempre estivo situada no mesmo lugar dende a súa creación, realizándose modificacións e renovacións continuas na tenda, situándose en pleno corazón do Centro Comercial Aberto da Guarda, na rúa Joaquín Alonso Nº 2.

A actividade inicial da tenda foi como mercería e roupa infantil, pero as demandas dos seus clientes fixeron que tivese que realizar diferentes adaptacións tanto de produtos como do perfil da clientela ao que ía dirixido o negocio, pasando por traxes de noiva, comunión e na actualidade roupa para muller.

  

A que característica que define como especial a esta tenda, para que durante todo este tempo seguise a súa atividade, foi a diferenciación dos seus produtos e, sobre todo, o bo trato recibido pola súa clientela que foi fiel a esta tenda durante moitos anos, sendo xa tres, mesmo nalgún caso excepcional catro xeracións de familiares de clientes que se visten nesta tenda.