Mostrando entradas con la etiqueta asociación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta asociación. Mostrar todas las entradas

5 ago 2013

Xoiaría Ramón Fernández, iniciou a súa actividade fai máis de cen anos

Xoiaría Ramón Fernández, traballa na modernización para adecualo negocio aos tempos que corren


Centro Comercial Aberto Centro Príncipe




En 1976 ten a súa orixe, tal e como o coñecemos hoxe en día, o Centro Comercial Aberto Centro Príncipe. A iniciativa xurde a partir dun estudio encargado ao IRESCO sobre a actividade comercial na rúa Príncipe de Vigo no que o resultado recomendaba facer da zona “un centro comercial horizontal” que aglutinase a todos os comerciantes baixo unha entidade xurídica que dirixise a política comercial da rúa. Dende entonces, a Asociación de Comerciantes Zona Príncipe puxo en marcha o Centro Comercial Aberto Centro Príncipe coa idea de crear un espacio comercial diferenciado e dinámico. Hoxe en día, Centro Príncipe, ademáis de unir aos comercios da zona centro da cidade baixo unha imaxe corporativa común, ofrece unha ampla carteira de servicios tales como aparcamento, reparto a domicilio, promocións, etc, sempre buscando a calidade e a atención personalizada.

 

Delimitación xeográfica

 

 

O Centro Comercial Aberto Centro Príncipe ten como arteria principal a peatonal rúa do Príncipe, incluíndo ademáis os establecementos comprendidos nas rúas: López de Neira, Porta do Sol, Eduardo Iglesias, Velázquez Moreno, Ronda Don Bosco, Policarpo Sanz, Colón, Uruguay, Magallanes, Hernán Cortés, Marqués de Valladares, Carral e Urzaiz ata a confluencia con Gran Vía e Lepanto.

 

O Presidente é Don Cándido Rial Covelo e o xerente é Don Enrique Nuñez Garrido.

 

Cándido Rial Covelo (dereita) e Enrique Núñez Garrido (esquerda)


Páxina web: http.://www.centroprincipe.com/



Xoiaría Ramón Fernández, iniciou a súa actividade fai máis de cen anos

 

A actividade iniciouse o 25 de xullo de 1910 como un negocio familiar.

 

A actividade a comenzou Ramón Fernández Barreiro e continuou o seu fillo Raniero Fernández Calvo e o seu xenro Teodoro Gómez Orellana nos anos 40. Nos 70 comezou a traballar no negocio o xenro de Teodoro, Óscar Cuiñas Boán, e a filla de este, Verónica Cuíñas Gómez no ano 2000.

 

Os inicios da xoiaría foron na rúa Elduayen de Vigo e a continuación estableceuse en Príncipe. Chegou a tener, nos seus inicios, unha sucursal na rúa Real de A Coruña que durou pocos anos.

 

Cando Ramón Fernández era novo gañou un concurso de debuxo. Él proviña dunha familia humilde de Santiago de Compostela, o seu pai traballaba nunha fábrica de chocolate e ese tería sido o seu camino se non fora porque ese concurso abriulle a porta a un traballo máis artístico e manual.

 

Ramón comezou a traballar no taller de Santiago Rey, en Santiago de Compostela, como aprendiz e neno dos recados. Alí aprendeu o oficio como se facía antes: vendo traballar aos xoieiros do taller. Él destacaba como prateiro, cincelando a man e tiña moi bo gusto para as piezas de xoiaría.

 

Despois viño a Vigo. Nun primer momento quería irse a América pero o seu irmán convenceuno de que en Vigo había boas perspectivas para o seu negocio y decidiu quedarse.

 

Xa en Vigo, Ramón traballou primeiro no taller de Sobrino e despois estableceuse na rúa Elduayen coa súa muller, Flora Calvo Figueroa, que atendía aos clientes mentres él facía as piezas no taller. Máis tarde alugarían un baixo na rúa Príncipe onde instalaron a tenda. Ramón e Flora tiveron tres fillos: Raniero, Ramón e Flora. Flora casouse con Teodoro Gómez e tiveron unha filla. Ramón faleceu na guerra civil e Raniero non tuvo fillos. Así, tras Ramón Fernández e durante algún tempo a vez que él, estiveron na xoiaría Raniero e Teodoro. Raniero fundou a asociación de xoieiros de Vigo e foi un dos fundadores da sociedade fotográfica galega, tivo moitas inquietudes artísticas e empresariales. Teodoro adicouse máis a xestión da xoiaría que era na realidade o que a él máis lle gustaba.

 

Máis tarde incorporouse o xenro de Teodoro, Óscar Cuíñas, facéndose cargo do negocio e tratando de modernizalo, informatizando os datos, mellorando o taller… No ano 2000 é cando se incorpora a filla de Óscar, Verónica Cuíñas, que é a bisneta do creador do negocio familiar Ramón Fernández Barreiro. Bióloga de formación, Verónica decidiu continuar co negocio da familia e preparouse realizando estudos de Xemoloxía e Diamante. Actualmente é Verónica quen está a fronte da xoiaría.

 

Verónica Cuíñas continua coa labor que iniciou o seu pai e traballa na modernización do negocio para adecualo aos tempos que corren.

 

O valor engadido ten a súa base na tradición familiar do negocio, unha familia artesana que pasou o seu legado de xeración en xeración. A ese valor engádese o gusto por unas pezas únicas e o esforzo por adaptar o negocio as tendencias actuais do mercado.


Verónica Cuíñas é a encargada do negocio e é a bisnieta de Ramón Fernández. Con ela, traballan un grupo de persoas que fan posible que a empresa siga adiante.


Por un lado, están os traballadores do taller, que a maioría comezou a traballar con 15 anos e se xubilaron na empresa. Hoxe a nova xeración do taller colle o testigo, como Samuel Agulla que comezou con 18 anos e leva xa 12 anos no negocio.

 

O persoal de tenda tamén é unha peza fundamental. Xunto cos membros da familia traballaron Miguel Fernández que xa faleceu e Daniel Peixoto que leva uns 40 anos na casa, sempre de cara ao público.


 

 



29 jul 2013

Librería La Imprenta




A entidade: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA.



A Asociación de Empresarios de Redondela é unha entidade sen ánimo de lucro constituída no ano 1986 por un grupo de empresarios que teñen como obxectivo o impulso da actividade empresarial e o desenvolvemento económico e social do concello de Redondela.






Recorte de prensa de 1986, no que se constitúe a entidade

Actualmente aglutina a un colectivo de máis de 300 empresas de distintos sectores e actividades. É unha asociación de carácter territorial, sendo o concello de Redondela o seu ámbito principal, aínda que no colectivo están integradas, por distintos motivos, empresas de outros concellos e provincias.

Foto panorámica de Redondela e a Illa de San Simón





O obxectivo estratéxico da Asociación de Empresarios de Redondela é converter a Redondela nun modelo de referencia de desenvolvemento socioeconómico sustentable fomentando a especialización dos distintos sectores produtivos. Nesta liña aspira, en colaboración cos demais axentes sociais, a impulsar a oferta do comercio local e facelo máis competitivo, consolidando o Centro Comercial Aberto, desenvolver un turismo de calidade durante todo o ano baseado nos atractivos do municipio, desenvolver un tecido industria con dotacións axeitas e contribuír a planificar e desenvolver un urbanismo  de calidade e a mellora das infraestruturas, as comunicacións e a accesibilidade. Ademais a Asociación preocupase polo emprego, o emprendemento, a formación, a cultura e en xeral o benestar social, polo que colabora con proxectos sociais e culturais do seu entorno.


Localización


R/ José Regojo, 2-1ºB Redondela. Pontevedra


Enlace coa entidade


 

A Xunta Directiva presidida por JOSÉ ANTONIO GÓMEZ PÉREZ.

 

D. José Antonio Gómez Pérez (presidente AER)

Dende o ano 2000 a Xunta Directiva da entidade está presidida por D. José Antonio Gómez Pérez.

  

O Equipo Técnico.

Julia Alonso e Fran Peixoto integran o equipo técnico de xestión do entidade e do proxecto de dinamización comercial: Redondela, centro comercial aberto.

 

O proxecto: REDONDELA, CENTRO COMERCIAL ABERTO

Un dos principais ámbitos de actuación vense desenvolvendo dende o ano 2004, ano no que a Asociación de Empresarios de Redondela toma a iniciativa da posta en marcha dun Plan de Dinamización comercial para o Concello de Redondela. Dende entón téñense dado avances significativos na consecución dos obxectivos fixados polo mesmo.


Realizouse un estudo do conxunto comercial do concello (Redondela, Chapela e Cesantes) que deu lugar a un Plan Estratéxico de Dinamización Comercial. Este estudo, que foi concibido coma unha ferramenta práctica e operativa para acadar a mellora da competitividade dos establecementos comerciais da cidade, tanto a nivel individual como colectivo,  identificaba, entre outros aspectos, a capacidade e potencialidade de desenvolvemento comercial de cada unha das áreas comerciais analizadas, resaltando a capacidade de evolución do núcleo urbano central de Redondela a Centro Comercial Aberto (CCA), hoxe xa plenamente identificado e consolidado como tal.




As primeiras liñas de actuación desenvolvidas centráronse na posta en marcha do Centro Comercial Aberto, tal e como recomendaba o estudo. Para elo, creouse un órgano xestor dentro do organigrama da Asociación, con competencias sobre o CCA que se denominou Comisión do Centro Comercial Aberto da AER, en outubro de 2004. Delimitouse, tal e como se establecía no estudo, a zona de actuación do Centro Comercial Aberto que se corresponde co núcleo comercial urbano de Redondela, desenvolvéronse as marcas Comerciais “Comercio de Redondela”, “Hostalaría de Redondela” e “Redondela, Centro Comercial Aberto” como instrumentos de promoción conxunta e desenvolvéronse accións de difusión, incentivación da demanda, campañas de fidelización e animación acadando resultados moi positivos en canto a valoración dos consumidores e comerciantes. O número de asociados na área do CCA  que desenvolven actividades de comercio, servizos ou hostalería é de mais de 200 sobre un total de aproximadamente 300  o que supón unha taxa de  asociacionismo de máis dun 65%. O número de actividades, como consecuencia do actual contexto recesivo, tense reducido de forma significativa o que sen dubida ten causado a redución no número de asociados. Sendo considerable o número de baixas rexistradas por peche. Este último factor apuntado unido a proliferación de actividades de carácter oportunista e temporal (por exemplo establecemento do tipo “compro ouro”), ou outras como bazares chinos e franquías ou cadeas sucursalistas con obxectivos desvinculados dos principios de desenvolvemento local teñen incidido negativamente no porcentaxe de asociacionismo. Todas estas son actividades de difícil integración na estrutura colaborativa que representan as Asociacións Empresariais xestoras dos ccas, sendo, sen embargo, beneficiarias tanto directa como indirectamente das actividades desenvolvidas.


Actualmente, o núcleo central urbano de Redondela, ámbito de actuación do CCA, conta, entre outras, coas seguintes características:


.  Está localizado unha poboación, Redondela,      que    conta cun censo de poboación  a 1 de xaneiro de 2012 de 30.015 habitantes.

O Concello de Redondela está situado na Comarca de Vigo ao sudoeste da provincia de Pontevedra. Limita ao norte co concello de Soutomaior, ao sur cos de Mos e Vigo, ao leste con Pazo de Borbén,  e ao oeste coa Ría de Vigo.

A unidade territorial que comprende a área metropolitana de Vigo organízase por subáreas feito que deu lugar ao desenvolvemento de subcentros coa súa propia área de mercado.  Redondela, Pazos de Borbén, Soutomaior e Fornelos de Montes conforman unha subzona dentro da Mancomunidade de Vigo denominada Área ou Subzona Norte, sendo Redondela o centro administrativo e comercial da mesma.

En canto a distribución da poboación, Redondela con 30.015 habitantes en 2012, concentra máis do 70% da poboación da área norte, é  o segundo municipio da Comarca de Vigo en canto a número de habitantes e, despois de Vigo, é o de maior densidade demográfica con 565,67 hab/km2. Valor que para o núcleo urbano de Redondela acada o valor de 11.340 h/km2. Ten unha extensión de 52,2 km2 e articúlase en 13 parroquias que contan con 46 entidades poboacionais.


Concentración comercial significativa de establecementos comerciais, hostaleiros e de servizos. Concéntranse na área do CCA uns 300 establecementos que aglutinan, comercio, hostalería e servizos, dos cales máis de 45% son actividades comerciais, o que supón unha cifra en torno a 135 comercios (entendendo comercio como o clasificado estritamente no grupo 6 do IAE). Sendo a  superficie media destas de 95 m2 e o número medio de empregados, 2.


Grado de asociacionismo total dun 65%. Considerando exclusivamente as actividades comerciais o porcentaxe de asociacionismo comercial elévase a máis do 70%.


.  Presenta unha diversidade da oferta comercial, con predominio da oferta especializada en equipamento persoal.


.  Estrutura de Centro comercial e administrativo. Concello, xulgados, Centro de Saúde, Centro da Terceira idade, Servizo Público de Emprego e outros servizos configuran o núcleo urbano de Redondela como o centro administrativo do norte da Mancomunidade de Vigo e ten unha consolidada tradición de compras e centralidade de carácter supramunicipal, configurado como o principal eixo comercial do concello e da comarca.


.  Imaxe de marca unitaria. Disponse dunha marca comercial propia que conta cun plan de comunicación e promoción que se ven executando dende a fase inicial do proxecto. Imaxe de marca que está presente en todas as campañas de dinamización e promoción comercial conxunta que se realizan dende a xerencia do Centro comercial aberto.



.  Unidade de xestión profesionalizada. Có soporte técnico da Asociación de Empresarios de Redondela, o CCA conta con un sistema de xestión integrado que ten consolidado servizos ás empresas asociadas como:


  • servizo de intermediación laboral

  • negociación vantaxosa

  • servizos de apoio e asesoramento técnico

  • asesoramento á emprendedores

  • proxectos de promoción turística, industrial e comercial dos que se benefician de forma directa a todos os asociados.


.  A Praza de Abastos ten un enorme potencial de actuar como locomotora comercial polo seu atractivo, emprazamento e oferta estreitamente vinculada cos produtos locais.

 

 


LIBRERÍA LA IMPRENTA


CONTINUANDO A HISTOIRA INICIADA POLO SEU AVÓ.


Os irmáns Concha e Dositeo Pérez Reboredo, rexentan actualmente a Librería Papelería Hijos de Amador Pérez, C.B., coñecida popularmente como LA IMPRENTA. Nos anos 50, con apenas 12 anos, Concha xa axudaba ao seu pai neste negocio e posteriormente incorporouse ao negocio familiar Dositeo, pero a historia comeza moito antes.

Don Dositeo Pérez Sobrino, avó dos actuais propietarios, e o seu irmán foron os fundadores da primeira imprenta de Redondela a finais do século XIX. O seu fillo Don Amador Pérez, pai dos actuais propietarios, deu continuidade ao negocio familiar ampliando o negocio cunha papelería, así no mesmo local tiña unha parte dedicada a librería-papelería e noutra a imprenta. Papelería e imprenta complementábanse xa que a propia imprenta editaba libros contables, copiados de cartas, escrituras de ventas e outros moitos documentos que se vendía na papelería. Amador, home de inquedanzas pola letras editaba e participaba na redacción de pequenos diarios locais como “El Soplete” (ano 1933) no que aparecen anuncios da propia imprenta e no que podemos ver os traballos que se realizaban. 




Cabeceira do periódico “El soplete” do ano 1933 e anuncio da Papelería-Imprenta

D. Amador Pérez Sousa
 


Baixo comercial na R/ Alfonxo XII de Redondela na que estivo o negocio dende os anos 50





A licenza de apertura, deste novo local,  aparece formalizada nos rexistros do concello no ano 1953, aínda que os seus propietarios lembran que xa levaba aberta algúns anos.


Nos anos 50 a esta librería achegábase todos os meses o secretario do bispo de deixaba a Don Amador uns sobres con cartos para os curas das parroquias o que propiciou que a librería fora moi visitada polo clero, motivo polo que a papelería era coñecida neses anos como “O SEMINARIO”. Era esta unha época na que os Misales, libros para seguir a misa, eran moi vendidos. 


Eran, tamén, visitantes asiduos da librería os funcionarios de Correos que diariamente se achegaban a sacar punta aos seus lapis nunha innovadora maquiniña saca puntas que D. Amador puña de forma gratuíta a disposición do público no mostrador principal.


En medio século de historia tiveron tres locais, conservando artigos que hoxe forman parte da historia aínda que unha recente inundación do soto e almacén da tenda supuxo o deterioro e  incluso a destrución de moitas destas antigüidades. 

 

  Nos anos 70 inauguraron o actual local comercial e separaron definitivamente o negocio de Papelería-Librería da Imprenta da que se encargou outro irmán.


 


 
Novo local inaugurado nos anos 70




Comprometidos coa súa profesión de libreiros, e coa cultura galega Dositeo e Concha continúa hoxe a fronte dun negocio que ten xa unha cuarta xeración plenamente incorporada a xestión do negocio familiar, Dositeo Pérez Castro filo de Dositeo.

 

Dositeo e Concha no Día das Letras Galegas de 1998

 



Dositeo e Concha Pérez Reboredo, 2013