13 may 2013

"Ferretería Salgado", a máis antiga do barrio da Ponte

Ferretería Salgado, remóntase aos anos 60

 

Centro Comercial Aberto Ourense Norte, agrupación voluntaria de comerciantes, empresarios e profesionais

 

O Centro Comercial Aberto Ourense Norte é unha agrupación voluntaria de comerciantes, empresarios e profesionais que desenvolven a súa actividade nun  entorno tradicional como é o Barrio da Ponte, na cidade de Ourense. 

 

Este barrio foi ata o ano 1943 un concello independente da cidade de Ourense, o concello de Canedo. Na actualidade forma parte do Concello de Ourense, tratándose dun barrio comercial por excelencia. 

 

Coa finalidade de defender os intereses comerciais e sociais da marxe norte do río Miño constituíuse en decembro de 2008, baixo a denominación Asociación de Empresarios Ourense Norte, pasando a converterse en Centro Comercial Aberto a finais de 2009.  A transformación en Centro Comercial Aberto nace co gaio de representar, xestionar, fomentar e defender os intereses dos seus asociados, sendo o seu principal obxectivo a promoción e relanzamento, social e económico, do Municipio de Ourense, e de maneira especial, da súa Área Norte.

 

COMERCIOS ADHERIDOS

 

A entidade está integrada por empresas pertencentes a distintos ámbitos sectoriais, destacando os seguintes sectores económicos e ramas de actividade:

 

  • Mobiliario e material de oficina

  • Ocio, cultura e deportes

  • Alimentación e bebidas

  • Téxtil, calzado e complementos

  • Informática e electrónica

  • Servizos para empresas

  • Servizos sociais

  • Construción e Inmobiliaria

  • Hostalería, restauración

  • Medios de comunicación

  • Saúde e beleza

 


Directiva en Asamblea

Desde os seus inicios a Xunta Directiva traballa por defender e fomentar a actividade empresarial mantendo vivo o comercio local, e desenvolvendo iniciativas para dinamízalo e melloralo.

 

Presidente CCA: José María González Domínguez

 

Co obxectivo de dinamizar a área norte do Concello de Ourense a Asociación está desenvolvendo varias liñas de actuación:

 

  • Plan a longo prazo 2010/2015 de modernización do  comercio.

  • Semana Outlet.

  • Semana do Comercio.

  • Colaboración entre os empresarios para ofertar maiores vantaxes nas compras da zona.

  • Cursos de formación específica para adaptarse ás novidades tecnolóxicas.

  • Campañas de animación do comercio local.

  • Sinalización comercial.

  • Distribución entre os establecementos asociados de bolsas biodegradables.

  • Páxina web e directorio virtual.

  • Tarxeta fidelización de clientes.

  • Organización anual de desfile de moda colección Primaveira-Verán.

Foto Pasarela

 

A“Pasarela Norte Moda”, pretende dar un impulso a zona norte da cidade, tanto no aspecto  empresarial como turístico.

 

 

 

 

 

Páxina web: http://ourensenortecca.com/

 

 

"Ferretería Salgado", a máis antiga do barrio da Ponte  

 

Os orixes da tenda de ferretería mais antiga do barrio de “A Ponte” remóntanse   a principios dos anos 60.

 

Nesta época acababa de rematar o servizo militar obrigatorio o seu fundador, D. Eugenio Salgado Pereira. Cando o seu pai D. Benigno Salgado, que rexentaba unha tenda de ultramarinos, lle preguntou que ia facer para gañarse o pan, Eugenio respostoulle: Montar unha ferretería. 

 

E así comezou todo, o 13 de xuño de 1961 abriu a súas portas Ferretería Salgado nun local alugado, na Avda. de Santiago nº 1 ó carón da tenda do seu pai.

 

Pouco a pouco, e con moito esforzo o negocio foi crecendo ata que ante a necesidade de mais persoal, entrou traballar na mesma un irmán de Eugenio, Sergio Salgado que daquela  traballaba como oficinista noutra empresa.

 

Eugenio e Sergio desempeñando os seus labores

 

Arredor do ano 1975 D. Benigno cerrou a súa tenda de comestibles e os irmáns Salgado trasladaron o seu negocio para o local da antiga tenda,  ó mesmo tempo pasou a formar parte do negocio outro irmán, Ricardo Salgado e unha expendiduria de tabacos herdada do seu pai, convivindo durante estes anos o estanco e a ferretería no mesmo local.

 

No ano 1991 entrou a traballar oficialmente na empresa o fillo de Eugenio, Roberto Salgado, cumprimentándose así un salto xeracional e continuando o carácter familiar do negocio.

 

Fachada antigua

Despois do falecemento de Sergio Salgado (1993) o negocio trasladouse de novo ó local do seu orixe, quedando a ferreteria no numero 1 e o estanco no numero 3 da mesma rúa desde o ano 1996 ata hoxe.

 

 

Fachada actual

Actualmente o negocio esta rexentado por Roberto Salgado (despois da xubilación de Eugenio), o local consta de 200 m cadrados de atención ó publico e outros tantos de almacén na súa entreplanta, ademais de outro local de 400 metros cadrados dedicado a almacenaxe.

 

O negocio está en continua adaptación as novas tecnoloxías, contando cun potente programa de xestión e venta, con paxina web corporativa, presenza en redes sociais, e iniciándose na venta online a través dunha plataforma apoiada pola federación galega de comercio.

 

Roberto Salgado na porta do negocio

 

A maior parte dos clientes son particulares, e aínda que o maior volume de negocio está enfocado ó ámbito doméstico tamén vende a empresas, industrias varias e Organismos Oficiais.

 

 

 

 

 

Plantilla empleados

A empresa conta con 4 traballadores, encargados de dar un servizo e asesoramento personalizado, isto ademais dos prezos competitivos cos que traballan, son algunhas das razóns do éxito deste negocio, con mais de medio século de antiguedade.

 

 

Páxina web: http://www.ferreteriasalgado.com/

6 may 2013

Electrodomésticos Leiro, S.L., despois de case sesenta anos

Benito Leiro Paz, fundador de Electrodomésticos Leiro, S.L.

 

Centro Comercial Aberto Vilanova Centro

 

O CCU de Vilanova Centro inicia a súa andadura no ano 2012, sendo anteriormente asociación de comerciantes dende o 2003.

 

A súa finalidade e a potenciación e dinamización do comercio local do concello de vilanova, para elo ten levado adiante cantidade de iniciativas do comercio local, realizando campañas en colaboración coa Xunta de Galicia, Deputación e entidades financeiras, ten entre os seus comentivos a promoción e defensa dos pequenos comerciantes apoiando todas aquelas iniciativas veciñais, culturais ou deportivas que nacen na nosa vila.

 

A delimitación xeográfica, engloba o casco urbano de Vilanova de Arousa. 

 

Presidente: Ramón Cardalda Fernández

Xerente: Eva Rey Rodríguez  

 

Páxina web: www.vilanovacentro.com 

 

 

Electrodomésticos Leiro, S.L., despois de case sesenta anos


Benito Leiro Paz

Benito Leiro Paz fundou o seu primeiro taller mecánico en Vilanova de Arousa no ano 1955. Instalouse nun baixo da rúa Tras da Cruz, preto do Concello, onde estivo situado durante a penas 6 meses, ata o seu traslado a Vilamaior, actual avenida González Besada, onde edificou unha pequena nave industrial. Ademais das tarefas propias dun taller destas características, nos primeiros tempos o local tamén estaba dedicado ó aluguer de bicicletas.

 


Os inicios de comercial Leiro (1966)

Benito Leiro decidiu establecer un taller porque a mecánica foi a súa profesión, xa exercida dende os 14 anos de idade en Talleres e Transportes Pereira de Vilagarcía de Arousa. O negocio comezou con moi poucos medios: un torno, a fragua, esmeril, soldadura, un par de aprendices... 

 

En 1966, o fundador ampliou a actividade do taller construíndo un novo baixo comercial onde se vendía maquinaria agrícola, motos, bicicletas, accesorios e ferratería con escaparates cara á rúa Rosalía de Castro e á avenida González Besada.

 

 

Tenda actual

Actualmente, Electrodomésticos Leiro conta con tres baixos comerciais situados na mesma esquina,mantendo a diversificación da actividade: ferratería por unha banda e electrodomésticos pola outra, intentando ser competitivos nas dúas.  O relevo xeracional chegou da man de dous fillos do fundador: Carlos e Sonia Leiro Conde. 

 

Electrodomésticos Leiro non quere seguir a estela das grandes áreas, onde se esquece o servizo ó público. A prioridade deste negocio, e o seu mellor activo, consiste na atención persoal e directa de maneira que os clientes o relacionen co servizo emais coa calidade. Venda, instalación, explicación do produto, e seguemento postvenda son os sinais de identidade que xa o promotor deste negocio imprimira nel.

 

Os seus fillos procuran seguir as directrices marcadas polo fundador e xa que logo incorporar os mellores prezos posibles e ofrecerlles ós clientes mercadorías de última tecnoloxía. Moitos dos clientes son amigos, persoas que cando necesitan algo non se plantexan ir a outro sitio porque están satisfeitas coa atención emais cos resultados da súa realación coa “de Leiro”.