4 mar 2013

"Joyería Lorenzo", catro xeracións de comercio de calidade

Joyería Lorenzo, cumprimos 118 anos (1895 - 2013)

 

Centro Comercial Aberto do Porriño, plan de mellora e competitividade

 

Juana Pérez (Presidenta)
Noelia Conde (Xerente)

  


 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Porriño (ACIPOR), foi constituida no ano 1994 por un grupo de comerciantes que se propuxeron mellorar a súa posición competitiva e defender os intereses do pequeno comercio.

 


Dende a súa consitución ACIPOR, ven desenvolvendo un papel aglutinador dos intereses do pequeño comercio da vila.  

 

 


 

No ano 2005, lévase a cabo un estudo de definición e viabilidade dun centro comercial aberto no casco urbano do Porriño, e avalados polas conclusións que aportaba o estudo no ano 2006 nacía “MOREA Centro Comercial Aberto do Porriño”.

 

 

Entre as vantaxes que ofrecen aos socios destacan:

 

  • Convenios con aparcamentos.

  • Convenios con entidades financieiras.

  • Convenios con medios publicitarios.

  • Asesoramento e información.

  • Accións formativas.

  • Campañas comerciais ao longo de todo o ano.

  • Distribución de bolsas, papel de agasallo e etiquetas de rebaixas.

  • Publicidade conxunta en prensa escrita e radiofónica.

  • Distribución de guías do comercio local.

     


Páxina web: www.ccamorea.es

 

 

 

Joyería Lorenzo, cumprimos 118 anos (1895 - 2013)

 

Serafín Lorenzo Araujo (1873-1972)

 

Nas postrimerías do século XIX, nun Porriño campesiño e rural, abría un pequeno establecemento de reparación e venda de reloxos, o noso avó Serafín Lorenzo Araújo.

 

Estaba situado no número 64 da entón rúa Real, hoxe Ramón González e, desde a súa fundación en 1895, tivo como premisa a honradez comercial, a atención ao 

cliente e a preocupación de ofertar sempre artigos de calidade e de recoñecido prestixio no mercado, os que lle permitiu facerse en pouco tempo cunha clientela estable e fiel, que animou ao seu fundador a ir ampliando o seu campo de acción, creando unha sucursal en Salceda, e incorporando á súa actividade a comercialización de máquinas de escribir e as de coser, marca Singer, entón  de gran renombre comercial.

 

 

 

Esta norma e meta, marcada desde o principio, fixo que en 1930 fóselle encomendada ao noso avó a instalaciónna torre da igrexa parroquial, un reloxo de repetición, así como o coidado e mantemento do mesmo, responsabilidade esta última que ostentou ata moi avanzada idade.

 

 

 

Ao chegar á idade laboral, algúns dos seus fillos -Teresa e Benjamín Lorenzo -   


Teresa Lorenzo
Benjamín Lorenzo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

do noso avó foron incorporándose ao negocio familiar, mantendo a mesma liña de actuación, adaptándose en todo momento ás necesidades do mercado. Xa maior, o avó deixou a dirección aos seus fillos. E estes, á súa vez, deron paso á terceira xeración integrada por Pablo (+) e Carlos Lorenzo González. 

 

 

Pablo Lorenzo González
Carlos Lorenzo González

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ao recibir a testemuña de mans da familia, soubemos desde o principio que tiñamos que dedicarlle ao Establecemento, a mesma atención e consinto que os nosos antecesores puxeran nel. Era, e é,  como unha gema, unha pedra preciosa á que cada un de nós imos tallando, puíndo, consentindo, con agarimo e esforzo, sen présa, pero sen pausa.

 

 

Planta Baixa - Galería Sargadelos

Foi ese cariño herdado no que o ano 1983 a remodelación total das instalacións, poñendo a disposición da nosa distinguida clientela un local amplo e cómodo, acorde cos gustos actuais no que os obxectos expostos ao público puidesen ser admirados na súa beleza e calidade. Tamén, o noso tallado á gema.

 

 

Escaparate novo establecemento

 

 

E hoxe, cando cumprimos os 118 anos, a dirección de JOYERÍA LORENZO, intégrana Carlos Lorenzo González, da terceira xeración e Montse e Pablo Lorenzo Bastos, da cuarta xeración.

 

Pablo Lorenzo Bastos
Montserrat Lorenzo Bastos

 

 

Páxina web: www.joyerialorenzo.com

 

 

 

 

 


25 feb 2013

Xoiería Carreira, un clásico en Ribadeo

Xoiería Carreira, forma parte da historia do comercio tradicional e familiar

 

Centro Comercial Aberto de Ribadeo - ACISA

 

 

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo fundouse en maio 1989, despois de máis de cinco anos de traballo dun grupo de coñecidos empresarios da vila. Na actualidade conta cuns 200 asociados (información dada polo CCA).

 

Foi a principios do novo século, do XXI, cando se creou o Centro Comercial Aberto de Ribadeo que logrou, entre outras cousas, a peatonalización das principais rúas comerciais da vila. Ao CCA pertencen 130 establecementos e os outros 70 forman parte da importante sección da hostaleira ribadense. 

 

Son numerosas as campañas promocionais que organiza o CCA ao longo do ano para potenciar as compras no comercio tradicional de Ribadeo, un dos máis fortes da comarca da Mariña de Lugo e do Occidente asturiano. Hai feiras de stocks e noites abertas ademais das citas máis tradicionais, como son días da nai e do pai, o Antroido, o día de San Valentín, as rebaixas de verán e de inverno e o Nadal. 

 

Hai dous anos que ACISA celebra a súa gala ou festa do sector na que se recoñece a figura dun asociado que destaca pola súa traxectoria e tamén a unha persoa, ribadense de nacemento ou de adopción, que promova a súa vila aló por onde vaia. ACISA organiza tamén diferentes xornadas gastronómicas e outras citas nas que comercio e hostalería van da man. 

 

Roberto Rivas Beatriz Irigoyen (Presidente e Xerente)

 

Roberto Rivas Tomé é desde hai un ano o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo. E Beatriz Irigoyen é a xerente do Centro Comercial Aberto desde o 2008. 

 

Páxina web: www.ribadeocca.es

 

 

 

 

Xoiería Carreira, un clásico en Ribadeo

 

 


Corría o 16 de novembro de 1932 cando Jesús Carreira González, natural de Outeiro de Rei, decidiu establecerse en Ribadeo e dedicarse á venda e compostura de reloxos e tamén de lentes graduadas e de sol. 

 

 

Abriu as súas portas na rúa Reinante, 7. Xoiería Carreira foi e é un negocio familiar e artesanal “porque as reparacións dos reloxos seguímolas a facer nos nosos talleres, aínda que agora a maioría son electrónicos fronte aos de antes que eran de corda”, tal e como explica Jesús Carreira Braña, fillo do fundador deste establecemento, que con tan só 15 anos comezou a montar lentes graduadas e a amañar reloxos a carón do seu pai. 

 

Carreira Braña lembra que seu pai pagaba 25 pesetas de renda, a mesma cantidade que abonou pola licenza de apertura, tal e como aínda hoxe se pode ver nun documento exposto no interior da xoiería. Jesús Carreira conta que a óptica de anteojería naceu asimilada á reloxería, ata que  polos anos 50 o Ministerio de Educación creou o diploma correspondente, dándolle validez técnica a eses ensinos. O fundador de Xoiería Carreira realizou os cursos que se impartían en Madrid e obtivo o título, que lle permitiu á óptica adquirir unha grande relevancia no seu negocio e en toda a zona. Nese momento acomete unha reforma do local ao que incorpora maquinaria de última tecnoloxía para o despacho de receitas dos oftalmólogos e para a adaptación e reparación de gafas graduadas e de sol.

 

Ambas actividades, xoiería e óptica, compartiron local durante 63 anos ata 1995. Nese momento a familia Carreira abre unhas novas instalacións na mesma rúa Reinante, pero

neste caso no nº 15, dedicado en exclusiva á graduación da vista e ao despacho de gafas graduadas e de sol, lentes de contacto, aparatos ópticos, audiófonos, etc. É Lucía Carreira Alonso, diplomada en Óptica e Optometría e neta do fundador da Xoiería Carreira, a que dirixe con éxito o negocio. 

 

Xa no ano 2004 a xoiería cambia tamén de ubicación por mor da obras de derrube do inmoble onde estaba instalada desde o seu inicio. Segue na rúa Reinante, pero no nº 4. Serán 81 os anos que cumpra en novembro este tradicional establecemento comercial en Ribadeo, “que ademais dunha mostra de orgullo é ao mesmo tempo o agradecemento á nosa fiel clientela desta comarca asturgalaica, que sempre foi para nós un estímulo e un compromiso coa atención personalizada, o bo facer profesional e o traballo ben feito”,

 

indica Jesús Carreira Braña, xa xubilado. É a súa dona, Mª Concepción Alonso, á que segue á fronte da xoiería, mentres que a súa filla dirixe a óptica. 

 

 

O local da xoiería foi cambiando, tal e como se pode apreciar nas imaxes que aquí lles amosamos. “O primitivo era precioso, contaba cunha vitrina acristalada que chamaba

a atención. Serviu de mostra para outros locais montados posteriormente. Era dos máis bonitos que te podías atopar desde Oviedo ata A Coruña”, subliña Jesús Carreira.  

 

 

O 3 de decembro de 2011, no acto de celebración da festividade de San Eloy, patrón dos xoieiros, que tivo lugar no hotel María Pita da Coruña, Jesús Carreira Braña recibiu o trofeo segueta de prata por toda unha vida dedicada á súa profesión. Fixéronlle entrega do mesmo Óscar Rodríguez, presidente do Colexio de Xoieiros, e Senén Rodríguez, membro da xunta directiva.

 

Xoiería Carreira continúa en Ribadeo coa venda de xoias e reloxos das máis variadas marcas, así coma as últimas novidades en prata e aceiro. A súa clientela valora a súa proximidade, a súa forma de traballar e o seu trato. Este establecemento forma parte da historia do comercio tradicional e familiar dunha vila que conta cun sector que é un referente en toda a zona.