Joyería Lorenzo, cumprimos 118 anos (1895 - 2013)
Centro Comercial Aberto do Porriño, plan de mellora e competitividade
Juana Pérez (Presidenta) |
Noelia Conde (Xerente) |
A Asociación de Comerciantes e Industriais de Porriño (ACIPOR), foi constituida no ano 1994 por un grupo de comerciantes que se propuxeron mellorar a súa posición competitiva e defender os intereses do pequeno comercio.
Dende a súa consitución ACIPOR, ven desenvolvendo un papel aglutinador dos intereses do pequeño comercio da vila.
No ano 2005, lévase a cabo un estudo de definición e viabilidade dun centro comercial aberto no casco urbano do Porriño, e avalados polas conclusións que aportaba o estudo no ano 2006 nacía “MOREA Centro Comercial Aberto do Porriño”.
Entre as vantaxes que ofrecen aos socios destacan:
Convenios con aparcamentos.
Convenios con entidades financieiras.
Convenios con medios publicitarios.
Asesoramento e información.
Accións formativas.
Campañas comerciais ao longo de todo o ano.
Distribución de bolsas, papel de agasallo e etiquetas de rebaixas.
Publicidade conxunta en prensa escrita e radiofónica.
Distribución de guías do comercio local.
Páxina web: www.ccamorea.es
Joyería Lorenzo, cumprimos 118 anos (1895 - 2013)
Serafín Lorenzo Araujo (1873-1972) |
Nas postrimerías do século XIX, nun Porriño campesiño e rural, abría un pequeno establecemento de reparación e venda de reloxos, o noso avó Serafín Lorenzo Araújo.
Estaba situado no número 64 da entón rúa Real, hoxe Ramón González e, desde a súa fundación en 1895, tivo como premisa a honradez comercial, a atención ao
cliente e a preocupación de ofertar sempre artigos de calidade e de recoñecido prestixio no mercado, os que lle permitiu facerse en pouco tempo cunha clientela estable e fiel, que animou ao seu fundador a ir ampliando o seu campo de acción, creando unha sucursal en Salceda, e incorporando á súa actividade a comercialización de máquinas de escribir e as de coser, marca Singer, entón de gran renombre comercial.
Esta norma e meta, marcada desde o principio, fixo que en 1930 fóselle encomendada ao noso avó a instalaciónna torre da igrexa parroquial, un reloxo de repetición, así como o coidado e mantemento do mesmo, responsabilidade esta última que ostentou ata moi avanzada idade.
Ao chegar á idade laboral, algúns dos seus fillos -Teresa e Benjamín Lorenzo -
Teresa Lorenzo |
Benjamín Lorenzo |
do noso avó foron incorporándose ao negocio familiar, mantendo a mesma liña de actuación, adaptándose en todo momento ás necesidades do mercado. Xa maior, o avó deixou a dirección aos seus fillos. E estes, á súa vez, deron paso á terceira xeración integrada por Pablo (+) e Carlos Lorenzo González.
Pablo Lorenzo González |
Carlos Lorenzo González |
Ao recibir a testemuña de mans da familia, soubemos desde o principio que tiñamos que dedicarlle ao Establecemento, a mesma atención e consinto que os nosos antecesores puxeran nel. Era, e é, como unha gema, unha pedra preciosa á que cada un de nós imos tallando, puíndo, consentindo, con agarimo e esforzo, sen présa, pero sen pausa.
Planta Baixa - Galería Sargadelos |
Foi ese cariño herdado no que o ano 1983 a remodelación total das instalacións, poñendo a disposición da nosa distinguida clientela un local amplo e cómodo, acorde cos gustos actuais no que os obxectos expostos ao público puidesen ser admirados na súa beleza e calidade. Tamén, o noso tallado á gema.
Escaparate novo establecemento |
E hoxe, cando cumprimos os 118 anos, a dirección de JOYERÍA LORENZO, intégrana Carlos Lorenzo González, da terceira xeración e Montse e Pablo Lorenzo Bastos, da cuarta xeración.
Pablo Lorenzo Bastos |
Montserrat Lorenzo Bastos |
No hay comentarios:
Publicar un comentario