El Couto
Confiterías, catro xeracións dedicadas ao negocio familiar
Asociación de Empresarios de O
Couto
Centro Comercial Aberto Couto
Centro
O Couto é un barrio
Ourensán situado na zona oeste da cidade das Burgas. Actualmente é un dos máis
poboados da cidade cuns 30.000 residentes, o que se manifesta nunha ampla rede
comercial dunhas 1000 empresas, distribuídas en distintos sectores, reunidas nesta zona da cidade. Destaca
ademais pola presencia do campo de O Couto, lugar onde o equipo da cidade, o
C.D. Ourense disputa os seus partidos como local.
|
José Julio Fernández Prol (co micrófono) e os seus compañeiros da directiva |
|
|
A asociación de
empresarios do Couto nace en Xaneiro de 2008 da man de D. José Julio Fernández
Prol, Dona María del Carmen Vázquez Piña e Dona María del Rosario Castro Méndez
cunha clara vontade de servizo ó barrio, e coa fin de unir a todos os
comerciantes da zona para acadar uns obxectivos comúns. Os nosos propósitos son
axudar a construír, impulsar e fortalecer o comercio no barrio de O Couto.
A
nosa misión é ser unha asociación referente no comercio ourensán, comprometidos
cos nosos asociados e co noso barrio, e servir de enlace cos distintos axentes
sociais.
A
nosa visión e promover espazos específicos tanto físicos como virtuais para xerar
oportunidades de negocio para os nosos asociados, tanto a nivel local como
internacional.
|
José Julio Fernández Prol, Presidente asociación |
A
estructura da asociación componse principalmente por dous órganos. O órgano
supremo e a asemblea xeral, a cal está formada pola totalidade dos socios
encargados da toma de decisións importantes.
Un dos obxectivos básicos da asociación
é entrar de cheo na vida do barrio e dinamizala, mediante a organización de
actividades de lecer, e de este xeito promover as nosas empresas. Todos os
meses, realízanse campañas promocionais, na maioría de elas, repártense vales cos
que se pode mercar nos establecementos asociados, xerando así un maior volume
de ventas.
Outros obxectivos destacables, son os seguintes:
Crear unha imaxe consolidada de centro comercial
aberto.
Ser fonte de información permanente sobre os asuntos
relacionados co seu negocio.
Ser a correa de transmisión de queixas e necesidades
ante a administración e demais organismos.
Promovela responsabilidade social, baseándonos en
valores de respecto, ética, inclusión e excelencia.
Brindar visibilidade os emprendementos dos nosos
asociados.
Acercalos comerciantes as novas tecnoloxías para
aproveitalas novas oportunidades de negocio que estas ofrecen.
El Couto Confiterías, máis de 80 anos adozando as nosas vidas
El Couto confiterías é unha empresa familiar fundada en 1930, que
a día de hoxe abarca catro xeracións dedicadas ao negocio familiar. A súa labor
consiste principalmente na elaboración de pastelería artesanal, bombonería de
fabricación propia, regalo con paquetería artística así como catering e festas
familiares con servizo completo en toda a provincia.
|
Obdulia e Antonio |
As andanzas de “El Couto Confiterías”,
comezan en 1930, cando Antonio Álvarez, e a súa muller Obdulia crean unha
pequena panadería situada na rúa Jesús Soria do barrio do Couto. Ao negocio iniciado polo seu avó Antonio, fóronse
incorporando as súas catro fillas -Rocío, Elvira, Obdulia y Elisa-, que co paso
do tempo asumiron cada unha os seus propios proxectos empresariais, facendo
crecer así a empresa ata acadar as dimensións actuais. Nestes anos, o negocio
especializouse no sector da pastelería e a confeitería.
Debido o seu volume e expansión en
1980 constitúese como Sociedade Anónima, con domicilio social en Avda. de
Portugal, onde actualmente se encontran os principias locais desta rede de
comercios.
|
O matrimonio cos seus fillos e netos nas súas vodas de ouro |
No ano 1992 prodúcese un dos feitos
máis salientables desta confeitería. A “Asociación de Confiteros y Pasteleros
de Ourense” crea un concurso coa intención por un lado de ter unha sobremesa
representativa da cidade e por outro, exaltala castaña na pastelería. “El Couto
Confiterias”, crea para a ocasión a torta de San Martiño, tamén chamada torta
Ourense, gañadora deste concurso polo seu exquisito padal e a súa sinxeleza e
fácil conservación, converténdose a partir deste intre nunha das sobremesas
mais representativos da nosa provincia.
Pouco despois prodúcese outro feito
que mostra a unión deste negocio coa nosa cidade. En 1993 Dº Elvira Álvarez
Cabo, filla de Antonio e Obdulia, que nese momento era a presidenta da
“Confederación de Artesanos Pasteleros de España en Ourense”, consegue que se
celebre en dita cidade a “Asamblea Extraordinaria de La Confederación de
Artesanos Pasteleros de España”, coa consecuente repercusión económica e social
de dito acto na nosa cidade.
|
Elisa Álvarez e Senén Ramos nas instalacións de Comidas El Couto |
A
redor do ano 2000, como consecuencia da entrada dos netos no negocio prodúcese
unha diversificación cara un novo sector moi demandado, o catering, e que ata
ese momento non contaba con ningunha empresa na provincia que ofrecera ditos
servizos. Así, o local inicial convertese en dous, separándose en “El Couto
confitería”, que segue co negocio tradicional, e el “Couto Comidas” onde se
asume a venta o público dos pratos elaborados. Ao mesmo tempo adquírese unha
nave no parque empresarial de San Cibrao das viñas, onde se instala Xantar, e
alí elabóranse todos os pratos necesarios para calquera tipo de evento.
Nestes anos, expanden tamén o
negocio das confeiterías creando novos locais na rúa Santo Domingo, no centro
de Ourense, e na rúa San Paio no barrio
da Ponte coa denominación de “Dulce Vendetta”.
|
Local na rúa Santo Domingo |
Outro feito destacable desta empresa
de larga tradición, e a súa ampla actividade social, acudindo a feiras e exposicións,
como “ La feria internacional de Valencia” en 1994 onde se conseguiron os tres
primeiros premios internacionais, feito sen precedentes en ningunha outra
pastelería. Ademais participa de forma regular en cursos de formación e
especialización que se celebran en España e na comunidade Europea, e colabora
de xeito totalmente altruísta coa cesión das súas instalacións para ditos
cursos, impartindo ademais cursos de escaparatismo e regalo por toda a
comunidade galega.
En 2010, a Asociación de Empresarios
do Couto e o Centro Comercial Aberto Couto Centro, recoñeceu os seus mais de 80
anos de servicio a nosa comunidade outorgándolles o premio a Empresa de maior
arraigo e tradición no barrio nunha gala celebrada no Auditorio de Ourense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario