Ferretería Julio Rico, un dos negocios máis veteranos de Vigo
Ferretería Julio Rico, negocio centenario da cidade de Vigo
Asociación de Comerciantes e Hosteleiros Vigovello CCA
A Asociación de Comerciantes e Hosteleiros Vigovello naceu no ano 1997.
Actualmente integra ó redor do 70% dos locais comerciais e hosteleiros do Casco
Vello de Vigo.
Estamos compostos por 159 asociados (información dada polo CCA) contando ao Mercado da Pedra e ao
Mercado do Berbés coma uns socios individuais.
Durante todo o ano estamos continuamente a dinamizar o barrio con
constantes Campañas destinadas ao Comercio:
Primeiro sábado de cada mes: “Feira. Mercado de produtos tradicionais
galegos”
Segundo sábado de cada mes: “O Rastro Portovello”,é un mercado de segunda
man e artesanía que ten lugar nas rúas e nos locais do casco vello de Vigo os
segundos sábados de cada mes.
Puntualmente, ofrecemos talleres, obradoiros (Samain, Nadal,Entroido, as
estacións do ano, Día das letras Galegas, etc) e ludotecas para os nenos/as que
haxan mercado nos comercios asociados.
Campaña para todos os colexios de Vigo, públicos ou concertados con
educación infantil e primaria. “Coñece o teu comercio, coñece a túa historia” e
“Peixe, pesca e alimentación saudable. Mercado do Berbés”
-Rutas teatralizadas
Ó mesmo tempo
ofrecemos campañas específicas en datas sinaladas
· Rebaixas
de inverno
Ferretería Julio Rico, un dos negocios
máis veteranos de Vigo
A principios do século XX, unha
familia orixinaria de Medina del Campo interesábase na cidade coa idea de
embarcar cara as Américas (Puerto Rico), pero debido ao empuxe e o rápido
desenvolvemento da urbe failles cambiar de opinión y acaban ubicándose no Casco
Vello de Vigo, por aquel entón o único barrio da cidade.
A enorme prosperidade da zona e a
explosión da industria foron o contexto perfecto para os planes da familia que
ampliou os seus negocios á actual Ferretería Julio Rico (antiga Cacharrería) e
a outros establecementos de mobles e menaxe ubicados pola zona que, na
actualidade, xa non existen.
Despois de que os herdeiros de
Julio Rico, a segunda xeración, se fixesen cargo dos negocios familiares
durante un breve periodo, éstes foron traspasando ata que en 1975 Manuel Germán
Rodríguez Lorenzo, retornado da emigración compra a Ferretería.
Na actualidade, as súas fillas
Fina e Pilar continúan ó frente de Julio Rico, o único de todos os
establecementos orixinais que todavía segue en activo.
Deste xeito, péchase un ciclo
entre os fundadores do negocio, convencidos de que a emigración era a clave e o
seu último propietario, Manuel Germán, retornado de Río de Janeiro que
conseguiu levantar e manter un negocio emblemático e centenario da cidade de
Vigo .
No hay comentarios:
Publicar un comentario