20 mar. 2013

El Couto Confiterías, máis de 80 anos adozando as nosas vidas


El Couto Confiterías, catro xeracións dedicadas ao negocio familiar



Asociación de Empresarios de O Couto

Centro Comercial Aberto Couto Centro

 

O Couto é un barrio Ourensán situado na zona oeste da cidade das Burgas. Actualmente é un dos máis poboados da cidade cuns 30.000 residentes, o que se manifesta nunha ampla rede comercial dunhas 1000 empresas, distribuídas en distintos sectores,  reunidas nesta zona da cidade. Destaca ademais pola presencia do campo de O Couto, lugar onde o equipo da cidade, o C.D. Ourense disputa os seus partidos como local.

 


José Julio Fernández Prol (co micrófono) e os seus compañeiros da directiva

A asociación de empresarios do Couto nace en Xaneiro de 2008 da man de D. José Julio Fernández Prol, Dona María del Carmen Vázquez Piña e Dona María del Rosario Castro Méndez cunha clara vontade de servizo ó barrio, e coa fin de unir a todos os comerciantes da zona para acadar uns obxectivos comúns. Os nosos propósitos son axudar a construír, impulsar e fortalecer o comercio no barrio de O Couto.

 

A nosa misión é ser unha asociación referente no comercio ourensán, comprometidos cos nosos asociados e co noso barrio, e servir de enlace cos distintos axentes sociais.

 

A nosa visión e promover espazos específicos tanto físicos como virtuais para xerar oportunidades de negocio para os nosos asociados, tanto a nivel local como internacional. 

 


José Julio Fernández Prol, Presidente asociación

 

A estructura da asociación componse principalmente por dous órganos. O órgano supremo e a asemblea xeral, a cal está formada pola totalidade dos socios encargados da toma de decisións importantes. 

 

 

Un dos obxectivos básicos da asociación é entrar de cheo na vida do barrio e dinamizala, mediante a organización de actividades de lecer, e de este xeito promover as nosas empresas. Todos os meses, realízanse campañas promocionais, na maioría de elas, repártense vales cos que se pode mercar nos establecementos asociados, xerando así un maior volume de ventas.

 

 

Outros obxectivos destacables, son os seguintes:

  • Crear unha imaxe consolidada de centro comercial aberto.

  • Ser fonte de información permanente sobre os asuntos relacionados co seu negocio.

  • Ser a correa de transmisión de queixas e necesidades ante a administración e demais organismos.

  • Promovela responsabilidade social, baseándonos en valores de respecto, ética, inclusión e excelencia.

  • Brindar visibilidade os emprendementos dos nosos asociados.

  • Acercalos comerciantes as novas tecnoloxías para aproveitalas novas oportunidades de negocio que estas ofrecen. 

 




El Couto Confiterías, máis de 80 anos adozando as nosas vidas





El Couto confiterías  é unha empresa familiar fundada en 1930, que a día de hoxe abarca catro xeracións dedicadas ao negocio familiar. A súa labor consiste principalmente na elaboración de pastelería artesanal, bombonería de fabricación propia, regalo con paquetería artística así como catering e festas familiares con servizo completo en toda a provincia.

 

 

 

Obdulia e Antonio

As andanzas de “El Couto Confiterías”, comezan en 1930, cando Antonio Álvarez, e a súa muller Obdulia crean unha pequena panadería situada na rúa Jesús Soria do barrio do Couto. Ao negocio iniciado polo seu avó Antonio, fóronse incorporando as súas catro fillas -Rocío, Elvira, Obdulia y Elisa-, que co paso do tempo asumiron cada unha os seus propios proxectos empresariais, facendo crecer así a empresa ata acadar as dimensións actuais. Nestes anos, o negocio especializouse no sector da pastelería e a confeitería. 

 

 

Debido o seu volume e expansión en 1980 constitúese como Sociedade Anónima, con domicilio social en Avda. de Portugal, onde actualmente se encontran os principias locais desta rede de comercios.

 

O matrimonio cos seus fillos e netos nas súas vodas de ouro

 

 

 

No ano 1992 prodúcese un dos feitos máis salientables desta confeitería. A “Asociación de Confiteros y Pasteleros de Ourense” crea un concurso coa intención por un lado de ter unha sobremesa representativa da cidade e por outro, exaltala castaña na pastelería. “El Couto Confiterias”, crea para a ocasión a torta de San Martiño, tamén chamada torta Ourense, gañadora deste concurso polo seu exquisito padal e a súa sinxeleza e fácil conservación, converténdose a partir deste intre nunha das sobremesas mais representativos da nosa provincia.

 

 

Pouco despois prodúcese outro feito que mostra a unión deste negocio coa nosa cidade. En 1993 Dº Elvira Álvarez Cabo, filla de Antonio e Obdulia, que nese momento era a presidenta da “Confederación de Artesanos Pasteleros de España en Ourense”, consegue que se celebre en dita cidade a “Asamblea Extraordinaria de La Confederación de Artesanos Pasteleros de España”, coa consecuente repercusión económica e social de dito acto na nosa cidade.

 

 

Elisa Álvarez e Senén Ramos nas instalacións de Comidas El Couto

A redor do ano 2000, como consecuencia da entrada dos netos no negocio prodúcese unha diversificación cara un novo sector moi demandado, o catering, e que ata ese momento non contaba con ningunha empresa na provincia que ofrecera ditos servizos. Así, o local inicial convertese en dous, separándose en “El Couto confitería”, que segue co negocio tradicional, e el “Couto Comidas” onde se asume a venta o público dos pratos elaborados. Ao mesmo tempo adquírese unha nave no parque empresarial de San Cibrao das viñas, onde se instala Xantar, e alí elabóranse todos os pratos necesarios para calquera tipo de evento.

 

 

Nestes anos, expanden tamén o negocio das confeiterías creando novos locais na rúa Santo Domingo, no centro de Ourense, e na rúa San Paio  no barrio da Ponte coa denominación de “Dulce Vendetta”.

 

 

Local na rúa Santo Domingo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Outro feito destacable desta empresa de larga tradición, e a súa ampla actividade social, acudindo a feiras e exposicións, como “ La feria internacional de Valencia” en 1994 onde se conseguiron os tres primeiros premios internacionais, feito sen precedentes en ningunha outra pastelería. Ademais participa de forma regular en cursos de formación e especialización que se celebran en España e na comunidade Europea, e colabora de xeito totalmente altruísta coa cesión das súas instalacións para ditos cursos, impartindo ademais cursos de escaparatismo e regalo por toda a comunidade galega.

 

 

En 2010, a Asociación de Empresarios do Couto e o Centro Comercial Aberto Couto Centro, recoñeceu os seus mais de 80 anos de servicio a nosa comunidade outorgándolles o premio a Empresa de maior arraigo e tradición no barrio nunha gala celebrada no Auditorio de Ourense.

 

 

Páxina web:http://www.elcouto.es/index.php/es/

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario