9 sept 2013

Confecciones Julián, inicia a súa actividade no ano1963

Entretendas Centro Comercial Urbano de Sanxenxo


Entretendas Centro Comercial Urbano (C.C.U.) do Concello de Sanxenxo, constitúese en marzo de 2004.



Xurde coa finalidade de ser un instrumento que axude á promoción e consolidación do comercio urbano e local.  Creouse para coordinar, representar, xestionar e fomentar a defensa dos intereses xerais e comúns do comercio.


As actuacións levadas adiante por Entretendas C.C.U. a favor do pequeño comercio fan desta entidade, sen ánimo de lucro, un órgano de recoñecida solvencia e capacidade técnica e de xestión.  O seu ámbito de actuación, que comeza no municipio, espállase a outros organismos comarcais (pertence ao Consorcio de Comercio do Salnés) e autonómicos (forma parte do Foro Galego de Comercio), participando con eles en diversas campañas promocionais ou informativas, sempre en defensa, representación e fomento dos intereses propios do pequeño e mediano comercio.


Instalaciones CCU

O presente plan de accións de integración de estratexias conxuntas, cooperación empresarial e fomento da calidade ten un ámbito territorial MUNICIPAL.  O Concello de Sanxenxo aglutina aos tres núcleos urbanos que compoñen o CCU Entretendas: Sanxenxo, Portonovo, e Vilalonga.


Así mesmo, todas as actividades presentadas desenvólvense dentro de un ámbito de aplicación MULTISECTORIAL.


O comercio tradicional na actualidade está sometido a un profundo proceso de cambio que esixe realizar un esforzo de renovación e adaptación continuo, co obxecto de que se volva situar na posición histórica que tradicionalmente desempeñou no desenvolvemento económico e social nas nosas vilas e cidades.


Este proxecto ten como obxectivo apoiar o esforzo dos nosos asociados para conseguir unha incentivación da demanda comercial con novas fórmulas de distribución comercial da pequena empresa.  No actual contexto económico, so é posible gañar posición competitiva no mercado coa cooperación empresarial, mellorando a loxística dos negocios asociados, así como perseguir o interese por conseguir unha imaxe máis competitiva do comercio galego retallista.


Para acadar este obxectivo e executar este proxecto, faise preciso incrementar as actuacións en moitos máis ámbitos do que xa foi posible ata agora.  As actuacións da Asociación van encamiñadas a superar o ámbito das solucións individualizadas que poidan aplicar os propios comerciantes, afrontando unha renovación comercial máis efectiva en tódolos sectores.


A intención é fomentar aínda máis as iniciativas de promoción do comercio retallista, facilitando a recuperación das vilas en xeral e do seu comercio en particular, tanto desde o punto de vista económico e social como tamén urbanístico.



Conchi Horro Alvarez (Xerente CCU)

Julio Presas López (Presidente CCU)












Páxina web: www.entretendas.com


Confecciones Julián, inicia a súa actividade no ano 1963


Julián Guimil Calvo

No ano 1963, Julián Güimil Calvo, con 22 anos e estando aínda solteiro, inicia a súa actividade cunha xastraría en Villalonga, na Rúa Vilar, n.º 7. Ao ano e medio máis ou menos, cásase con Carmen González Alvite, modista, e empezan tamén a vender camisería e pantalóns.  Como lles gustaba tanto a confección aos dous, empezan a vender, nun baixo sen teitar.  


Fachada Vella
Máis tarde, pasados máis ou menos tres anos, compraron outro local, unha casa vella, para o cal tiveron que empeñarse e pedir o diñeiro a un amigo.


Aí empezaron co comercio propiamente dito de máis ou menos 80 m2, onde estiveron aproximadamente 15 anos.
Despois seguiron comprando un terreo, arredor do ano 1976-1977, e alí construíron o local central, que corresponde ao comercio actual. Máis tarde, compraron ao lado, onde construíron casa e comercio.


Actualmente dispoñen de preto de 400 m² de comercio especializado en roupa de sra, cabaleiro, festa, noivos e comuñóns. E tamén unha primeira planta duns 100 m² dedicada a exposición de roupa de fogar.


Confeccións Julián é un referente non só para o pobo de Villalonga, senón para todos os arredores. Un lugar onde se pode encontrar de todo, tanto para o día a día como para festa, mesmo traxes de comuñón para neno e nena e de noivos; sen que se nos esquece a roupa de fogar.


Pódese dicir sen risco a equivocarse, que as primeiras cortinas que se colocaron en Sanxenxo, tanto en hoteis coma en casas particulares, as confeccionaron eles, traballando para iso domingos e festivos e ata altas horas da madrugada.

Carmen González e Julián Guimil no interior do comercio

É por iso que con moito esforzo, dedicación, puntualidade nas entregas e responsabilidade, conseguiron facerse un nome e unha clientela que máis que iso, mera clientela, acababan sendo amigos.

Contan Julián e Carmen, que naquela época, que non había diñeiro, eles fiaban e tardaban ao mellor mesmo un ano en acabar de cobrar as vendas. Eran familias con fillos que necesitaban roupa para os nenos, pezas de sabas, etc.

Tamén por esta razón gañaron a confianza e o cariño da súa clientela.


Carmen González no interior coas empregadas

En canto aos seus empregados, actualmente conta con dous, aínda que nalgún momento chegaron a ter mesmo catro.
Hoxe están Lourdes Otero Padín, que leva con eles nada menos que 35 anos, xa que empezou cando só contaba con 14; e Ana Mª González Padín, que leva 22 anos, e tamén empezou sendo moi rapaza. Sen dúbida, unha mostra de fidelidade á empresa e aos xefes.
  



No hay comentarios:

Publicar un comentario