"Pérez Antolín", especialistas no sector do alumeado
Santiago Centro, Área Comercial está reconocida como Fundación de interés gallego
O Centro Comercial Aberto Santiago Centro, Área Comercial, foi promovido
pola Agrupación de Comerciantes de Santiago, ACOTES, en 2002 e, de acordo co
compromiso recollido no seu Programa Estratéxico de Implantación, constituíuse
como organización independente en marzo de 2004, con forma xurídica de
Fundación.
Na actualidade do padroado está composto por :
Presidente: D. José María Fernández Fernández
Secretario: D. Delmiro Prieto
González
Patróns: D. César Ouro
Morales
D.
José Luis Pintos Peñaranda
D.
Juan Luis Cano Dequitd
Gerente: Dna. Pura Cendón
Presidente |
Xerente |
A Fundación ten delimitada a súa influencia máis directa á zona xeográfica
coñecida en Compostela como Ensanche, principal área de residencia e actividade económica da capital
galega, cunha poboación estimada de influencia directa de 30.000
habitantes.
Neste noveno ano de vida, as accións de Santiago Centro diríxense á manter
unha serie de servizos necesarios para o comerciante Cóntase na actualidade con
120 asociados.
O seu labor fundamental, sen embargo, é o de servir de soporte para a
ampla rede de establecementos comerciais e empresas de servizos que existen
na súa área de influencia, e en especial aos 120 usuarios colaboradores
directamente implicados no seu proxecto. Así, para o comercio do Ensanche e,
por extensión, de Compostela, Santiago Centro é una referencia por canto se
trata dunha entidade que realiza periodicamente actividades de promoción
comercial; de fidelización dos consumidores que realizan habitualmente as súas
compras nesta área comercial; e máis de captación de novos clientes.
Entre as vantaxes que ofrecen aos usuarios colaboradores destacan:
- Asesoramento xurídico
- Aparcamiento gratuito
- Distribución de bolsas, papel de regalo, cartelería de rebaixas da ambas temporadas, discos de horarios para cada establecemento asociado, follas de reclamacións, etc…
- Convenios con distintas entidades médicas.
- Acordos con empresas de telefonía. Vodafone cun 10% de desconto na facturación mensual para asociados, e con empresas de servizos como Limpezas Salgado, con descontos especiais en servizos de limpeza.
Programas vinculados á infancia e á
xuventude: Campañas de Nadal; Letras Galegas, Desfiles, Campaña Asómate a Santiago Centro; Volta ao Cole,
Obradoiro infantil; Mostra Natura.
- Programas Ambientais.
- Programas actividades na rúa.
- Programas de formación.
- Programas de fidelización.
- Programas on line. OUTLET www.santiagocentrooutlet.com
Páxina web: www.fsantiagocentro.es
Facebook: https://www.facebook.com/fsantiagocentro
"Pérez Antolín", especialistas no sector do alumeado
É unha pequena empresa de carácter familiar fundada en Santiago de
Compostela no ano 1981. Nosa visión de negocio foi sempre a especialización
dentro do mercado da iluminación.
A actividade iniciárona, o actual xerente, D. José María Pérez Antolín e a súa esposa, Dna. Ángela Fernández. Comezaron con dous empregados e posteriormente, incorporáronse á plantilla, dous dos seus fillos.
O negocio que actualmente conta cun único establecemento, iniciou a súa
actividade no mesmo emplazamento no que se atopa actualmente. Abriu as súas
portas coa intención de ampliación do negocio a medio prazo.
Posicionámonos na distribución e comercialización de todo tipo de lámparas
polo baldeiro existente naquel momento a nivel Galicia. Non había especialistas
neste sector.
No transcurso dos anos, fómonos adaptando aos novos avances tecnolóxicos en
iluminación e alumeado (incandescencia, baixo consumo, fluorescencia,
halóxenas, haloxenuros…)
Aínda que o noso principal obxectivo sexan as lámparas especiais (artes
gráficas, optoelectrónica, electromediciña, sinalización, etc.) das mellores
marcas (Osram, Philips, Sylvania, General Electric,
Megaman…), así como no campo da iluminación
decorativa e técnica, con fabricantes como: Artemide, Flos, B-lux,
Carpyen, Marset, Targetti...
O valor engadido, é a especialización no sector do alumeado e o estar
sempre buscando a maior calidade e os máis novedosos avances no noso sector.
Pérez Antolín, procura ter todo o abanico de produtos poslibles dentro do noso
ramo para chegar a toda a clientela e que ninguén se atope sen solución.
Actualmente comezamos unha nova etapa coa última tecnoloxía en iluminación LED.
Páxina web: www.perezantolin.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario