18 feb 2013

Mercería "Las Plateras", unha saga de comerciantes

Mercería Las Plateras, coñecida en Carballo e  comarca como a Sra. Pila das Plateiras

 

Centro Comercial Aberto Carballo, destacado pola variedade e excelente surtido do seu comercio

 


 

 


 

 

 

Carballo é a capital do concello do mesmo nome poboado na actualidade por algo máis de 31.000 habitantes. Está situado nun cruce de camiños que dá acceso á Costa da Morte, desde o norte, e tamén é a capital da comarca de Bergantiños.

 

Os 2º, 4º e 5º domingos de cada mes celébranse feiras tradicionais, con gran peso na economía local, e neses días o comercio abre as súas portas. Nestas feiras, xunto cos mercados de todos os xoves, os propios colleiteiros poñen a disposición do consumidor final todo tipo de produtos do campo co que elo significa de sabor e calidade. Isto, que noutras latitudes se podería considerar un luxo, en Carballo é un hábito atraendo con elo, xunto coa calidade do seu comercio, clientes de toda a contorna.

 

 

  •  Protexemos ao comercio local

 

Historicamente Carballo destaca pola cantidade, variedade e excelente surtido do seu comercio.

 

Sempre foi así e así segue sendo aportando á nosa poboación luz, seguridade, vistosidade, humanidade e riqueza.

 

Sen embargo a aparición e instalación masiva doutros formatos comerciais en cidades próximas alterou o equilibrio entre os distintos tipos de distribución comercial resultando perxudicado o comercio pequeno, o noso comercio de proximidade.

 

No caso de Carballo a fin de unir sinérxias e dispoñer de novas armas para competir, no año 2002, creouse o Centro Comercial Aberto. Esta es unha asociación, sen ánimo de lucro, que agrupa a algo máis dun centenar de comerciantes e empresas de servizos asentadas na localidade.

 

Con gran esforzo, e enormes dosis de ilusión, o CCA Carballo foise consolidando como aglutinador e defensor dos intereses do comercio local, centrando o seu traballo na formación, información, promoción e fidelización, contando para elo co apoio do concello de Carballo e da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia.

 

 

  • Ofrecemos diversidade

 

Os nosos asociados pertencen a todos os sectores comerciais: textil, calzado, deporte, xoiería, regalo, textil para o fogar, puericultura, xoguetería, electrodomésticos, moblería, informática, óptica, perruquería, xestoría, papelería, panadería, carnicería, …. de tal modo que como colectivo ofrecemos un surtido completo tanto para o equipamiento persoal como do fogar.

 

 

  • Dinamización comercial

 

Como asociación de comercio e servizos, o CCA Carballo intenta potenciar o consumo da poboación no comercio de proximidade. Para elo diríxese aos diferentes espectros de público existentes, en primeiro lugar para diferenciar ao CCA de calquera centro comercial pechado, e en segundo lugar para incentivar a compra nos establecementos asociados utilizando a mensaxe e a imaxe.

 

As campañas foron:

 


·         Campaña de nadal

·         Campaña de verán

·         Anunico S.Xoán

·         Campaña volta ó cole

·         Campaña día do pai

·         Casting

·         Campaña día da nai

·         Desfile de moda

·         Feiras de Oportunidades

·         Revista-guía CCA

 


  • Calidade e medio ambiente

 

En relación ao respecto ao medio ambiente desde a propia asociación colaboramos na sensibilización coa reciclaxe, o aforro enerxético e todo o que represente unha mellora para o medio.

 

Páxina web: www.ccacarballo.com

 

 


Mercería Las Plateras, coñecida en Carballo e  comarca como a Sra. Pila das Plateiras

 

 

 

Falamos con Pilar Ferreiro Santos quen ten na actualidade 87 anos e leva 72 deles tras o mostrador, desde o ano 1940. 

 

 

Sra.Pila das Plateiras

 

Aclara “polo meu nome e apelidos ninguén se decatará quen son, todo Carballo e comarca me coñece como a Sra. Pila das Plateiras”.

 

Esta muller aos seus 87 anos ten unha axilidade física e unha claridade mental impresionantes o que fai dela unha enciclopedia viva.

 

¿Con 16 anos xa tivo  o seu primeiro contacto co comercio?

 

Non sei cando tiven o primeiro contacto co comercio, seguramente antes de nacer. Hai que ter en conta que meus pais ían ás feiras xa de solteiros. Meu pai era lucense e vendía artigos de xoiería nas feiras. Miña nai era de Vimianzo e confeccionaba puntillas de Camariñas que despois vendía tamén nas feiras. Eles coñecéronse na feira, na feira se namoraron e acabaron formando unha familia que inicialmente se asentou en Vimianzo pero ao pouco xa se transladaron a vivir a Carballo. 

 

Dna.María Santos (nai da Sra.Pila)

 

 

No 1940, cando eu tiña 16 anos, fíxémonos “sedentarios” e abrimos un comercio na rúa Hórreo carballesa. Naquel momento esa rúa nin sequera estaba aberta na súa totalidade e dende a tasca a Pedra cara a Praza de Galicia, que era o que se lle podía chamar rúa, non estaba pavimentada. Era un camiño de pedra con lama cando chovía moito.

 

 

 

 

Ao fin, ao establecerse, ¿optaron pola mercería que era a actividade de súa nai?

 

Non exclusivamente. 

 

O comercio que abrimos estaba situado no solar que ocupa o edificio que albergou ata hai ben pouco ao Banco Simeón e tiña a un lado a mercería de miña nai e ao outro a xoiería de meu pai.

 

Sra.Pila coas tres fillas

 

Anos adiante todos os membros da familia nos dedicamos a actividades comerciais. Meu irmán José foi xoieiro, Amparo confección, Marieta calzado e eu mercería e xéneros de punto. Na actualidade a miñas fillas Amparo e María seguen con mercería, punto, baño, … e Pila con moblería. 

 

 

 

¿Continuarán os netos esta saga de comerciantes?.

 

Non sei, … non parece probable. Isto cambiou moito. Ben, ao mellor Noni segue coa moblería, ese talvez .... podería ser.

 

 

¿Que recorda de aquel comercio da década dos 40?.

 

Tanto, tanto, ... tanto traballo. En aquela época había pouco comercio en Carballo. Existía pouca oferta e a demanda era moita. Abriamos ás 9:30 h. da mañá e case non se cerraba para comer. E se cerrabamos raro era o día en que algún cliente non chamaba á porta para que lle despacharamos algo. Os xoves xa non se cerraba, facíase o que agora se chama xornada continuada e as feiras dos domingos tamén duraban todo o día. Tiñamos xa unha mercería especializada e naqueles anos confeccionábase case todo. Agora non parece crible porque case non se fai nada á medida pero daquela había xastres e modistas en abundancia.

 

Outro renglón do negocio, que tivo moita importancia durante anos, era “collerlle os puntos ás medias”. Con 16 anos despracéime á Coruña para aprender a fondo esta técnica e foi en Vila onde me ensinaron. Cheguei a experta niso e collín moitos, moitos, moitisimos puntos das medias nos anos sucesivos.

 

Neses anos as feiras eran multitudinarias e ao longo da semana os representantes de distintas fábricas e almacéns visitábannos para repoñer mercancía.

 

Fíxate se cambiou todo (sonrie) que eu recordo aos fundadores de Zara (Amancio e Antonio Ortega) a ser mozo de almacén e representante de comercio.

 

 

¿Qué opina de  representar a Carballo “na semana do teu comercio”?.

 

Non sei describir con exactitude o que sinto. Emoción, alegria, excitación… e responsabilidade.

Honradamente creo que é totalmete xusto e merecido que aos comerciantes con tantos anos de dedicación, como algúns dos que se están homenaxeando ao longo de toda Galicia, se lles mostre un recoñecemento.

 

Recoñecemento entregado pola Federación de Comercio

 

Sinto ata un pouco de nostalxia tamén . Un dos homenaxeados na “semana do teu comercio” foi Xoiería Amor a quen recordo da miña primeira infancia porque xa era proveedor do meu pai. 

 

En fin se contamos que xa meus pais exercían o comercio desde mozos talvez sexamos a familia con máis anos continuados dedicados á actividade comercial da localidade pero en Carballo somos varias as familias con moitas décadas neste oficio. Aí nótase que Carballo é de vello unha vila con tradición comercial.

 

 

¿Que ve mirando ao futuro?.

 

Todo cambiou tanto!!. Gustaríame ser optimista pero non podo. Eu vexo un futuro pouco claro para os pequenos comerciantes.

 

 

¿Que se podería facer para mellorar e fortalecer ao comercio?.

 

Creo que como primeiro paso está procurar o equilibrio entre todos os formatos comerciais. Ata o momento parece que as administracións están do lado dos grandes. E penso que se equivocan por completo, preocúpame que cando queiran rectificar xa sexa tarde para unha boa parte do comercio tradicional.

 

 

 

Tamén importan moito os servizos do entorno: aparcamentos, limpeza, seguridade, ... a unión dos comerciantes, e sen dúbida a boa atención e o adecuado surtido de cada comercio en concreto.

 

 

11 feb 2013

Losal, S.L., Zapato Artesano

"Losal", más de cen anos fabricando calzado artesanalmente

 


Centro Comercial Urbano Monforte

Identidade gráfica corporativa
Mascota CCU

 

 



O CCU nace como unha necesidade de asociacionismo do comercio de Monforte para potenciar o comercio e intentar acadar a súa unión incentivando a actividade social para animar á ciudadania monfortina a saír, a gozar paseando polas rúas da cidade e  a concienciar de que no comercio de Monforte poden atopar de todo o que precisen  e ter as últimas tendencias de moda, calzado e complementos, nos nosos armarios. 

A directiva actual é elixida fai escasamente un ano, e é unha directiva nova na súa totalidade e moi dinámica que decidiu quedarse en Monforte a traballar para loitar polo seu Comercio e pola súa Cidade, proba diso é a gran cantidade de actividades que está a realizar a base do seu propio esforzo persoal e ás veces familiar. Iso sí, con moita ilusión de levar o seu proxecto adiante e loitar por algo que nos une e nos enorgullece a todos O COMERCIO DE MONFORTE. 


Asímesmo estamos traballando xunto con hosteleria porque creemos que a oferta de hosteleria e comercio teñen que ir da man, porque ambas son o futuro da cidade. 

 

A día de hoxe fixemos moitas campañas moi significativas, cabe destacar:

•   O desfile de moda benéfico.

•   A volta ao cole.

•   A 1ª feira expoción da comarca de lemos.

•  Comprar en monforte ten premio.


A partir de agora estamos coas seguintes ideas:

•  Premios de carnaval a os mellor disfrazados.

•  Ti enamorat@ e nós pagamos a cea.

 

Previsións de realización de campañas:

•  Semana Santa: Campaña exponovia e expocomunión.

•  2ª Feira de mostras e exposición da comarca de lemos.

• Semana das letras galegas: Campaña do libro e campaña da flor.

 

Páxina web: www.ccumonforte.info

 

 

"Losal", más de cen anos fabricando calzado artesanalmente

 


 


Industrias Losal S.L. está situada en Monforte de Lemos (Lugo), localidade cunha gran tradición na fabricación de calzado dentro da contorna xeográfica de Galicia, onde a nosa firma conta cunha nave industrial de 700 m2 dedicada ao proceso de fabricación e cun establecemento de atención ao público no centro da poboación.

 

 

 

Foi fundada en 1.899 cando D. José López Rodríguez comeza a fabricar, de forma artesanal, zapatos e botas a medida, sempre cosidos e con materiais de primeira calidade.

 

 

 

 

A partir de 1.915, coa incorporación dos seus fillos, amplía a fábrica e nos anos 30 comeza un proceso de modernización e crecemento continuado que chega ata hoxe coa cuarta xeración familiar, que mantén a aposta da fabricación dun calzado de calidade e buscando unha consolidación e crecemento da empresa no mercado nacional e comezando un proceso de internacionalización coa apertura a novos países.

 


 


Así mesmo, é norma na nosa casa o utilizar os mellores materiais para, desta forma, aplicar a nosa política de calidade recoñecida polos nosos clientes. 

 

 



Unha historia de máis dun século de antigüidade require da conxunción do “saber facer” con valores como a ilusión de facer algo distinto no mundo do calzado, o respecto e a seriedade cara a clientes e proveedores, o compromiso cos nosos traballadores,… 

 

 



Industrias Losal S.L. funciona desde a súa creación baixo un patrón de cultura empresarial inherente a establecer relacións a longo prazo con clientes, proveedores e integrantes da organización. A cultura empresarial de Industrias Losal S.L. susténtase en alicerces como:

  • A satisfacción dos nosos clientes, é a nosa prioridad e razón de ser.

  • Priorizar a calidade ata por diante do crecemento.

  • Escoitamos aos nosos clientes, buscamos solucións e atendemos as súas peticións.

  • Buscamos a excelencia a través da calidade do produto e do servizo e a atención ao cliente.

  • A nosa xente e a súa calidade de vida é de gran importancia para nós.

  • Investimos na formación e capacitación de todos os integrantes da empresa.

     

     



Nas súas instalacións o consumidor poderá atopar unha ampla oferta do calzado fabricado en Industrias Losal S.L., así como as principais marcas do sector ofrecendo ao cliente as últimas tendencias e novidades do mercado. 

 

 

 

 

O cliente atopará na nosa tenda desde o máis elegante zapato de cerimonia e festa ata as confortables e resistentes botas de senderismo, sen esquecer os zapatos de aventura de carácter urbano ou as últimas novidades en bolsos ou complementos.

 

 

 


  Páxina web: www.calzadoslosal.com


 

4 feb 2013

Pérez Antolín

"Pérez Antolín", especialistas no sector do alumeado

 

 Santiago Centro, Área Comercial está reconocida como Fundación de interés gallego

 

O Centro Comercial Aberto Santiago Centro, Área Comercial, foi promovido pola Agrupación de Comerciantes de Santiago, ACOTES, en 2002 e, de acordo co compromiso recollido no seu Programa Estratéxico de Implantación, constituíuse como organización independente en marzo de 2004, con forma xurídica de Fundación.



Na actualidade do padroado está composto por :


                        
Presidente: D. José María Fernández Fernández

Secretario: D. Delmiro Prieto González

Patróns: D. César Ouro Morales

              D. José Luis Pintos Peñaranda

              D. Juan Luis Cano Dequitd

Gerente: Dna. Pura Cendón

Presidente
Xerente


A Fundación ten delimitada a súa influencia máis directa á zona xeográfica coñecida en Compostela como Ensanche, principal área de residencia e actividade económica da capital galega, cunha poboación estimada de influencia directa de 30.000 habitantes.




Neste noveno ano de vida, as accións de Santiago Centro diríxense á manter unha serie de servizos necesarios para o comerciante Cóntase na actualidade con 120 asociados.



O seu labor fundamental, sen embargo, é o de servir de soporte para a ampla rede de establecementos comerciais e empresas de servizos que existen na súa área de influencia, e en especial aos 120 usuarios colaboradores directamente implicados no seu proxecto. Así, para o comercio do Ensanche e, por extensión, de Compostela, Santiago Centro é una referencia por canto se trata dunha entidade que realiza periodicamente actividades de promoción comercial; de fidelización dos consumidores que realizan habitualmente as súas compras nesta área comercial; e máis de captación de novos clientes.



Entre as vantaxes que ofrecen aos usuarios colaboradores destacan:



  • Asesoramento xurídico

  • Aparcamiento gratuito

  • Distribución de bolsas, papel de regalo, cartelería de rebaixas da ambas temporadas, discos de horarios para cada establecemento asociado, follas de reclamacións, etc…

  • Convenios con distintas entidades médicas.

  • Acordos con empresas de telefonía. Vodafone cun 10% de desconto na facturación mensual para asociados, e con empresas de servizos como Limpezas Salgado, con descontos especiais en servizos de limpeza.


Programas vinculados á infancia e á xuventude: Campañas de Nadal; Letras Galegas, Desfiles, Campaña Asómate a Santiago Centro; Volta ao Cole, Obradoiro infantil; Mostra Natura.



  • Programas Ambientais.

  • Programas actividades na rúa.

  • Programas de formación.
  • Programas de fidelización.


Páxina web: www.fsantiagocentro.es
Facebook: https://www.facebook.com/fsantiagocentro



 

"Pérez Antolín", especialistas no sector do alumeado


É unha pequena empresa de carácter familiar fundada en Santiago de Compostela no ano 1981. Nosa visión de negocio foi sempre a especialización dentro do mercado da iluminación.


A actividade iniciárona, o actual xerente, D. José María Pérez Antolín e a súa esposa, Dna. Ángela Fernández. Comezaron con dous empregados e posteriormente, incorporáronse á plantilla, dous dos seus fillos.



O negocio que actualmente conta cun único establecemento, iniciou a súa actividade no mesmo emplazamento no que se atopa actualmente. Abriu as súas portas coa intención de ampliación do negocio a medio prazo.

Posicionámonos na distribución e comercialización de todo tipo de lámparas polo baldeiro existente naquel momento a nivel Galicia. Non había especialistas neste sector. 


No transcurso dos anos, fómonos adaptando aos novos avances tecnolóxicos en iluminación e alumeado (incandescencia, baixo consumo, fluorescencia, halóxenas, haloxenuros…)



Aínda que o noso principal obxectivo sexan as lámparas especiais (artes gráficas, optoelectrónica, electromediciña, sinalización, etc.) das mellores marcas (Osram, Philips, Sylvania, General Electric, Megaman…), así como no campo da iluminación

decorativa e técnica, con fabricantes como: Artemide, Flos, B-lux, Carpyen, Marset, Targetti...



O valor engadido, é a especialización no sector do alumeado e o estar sempre buscando a maior calidade e os máis novedosos avances no noso sector. Pérez Antolín, procura ter todo o abanico de produtos poslibles dentro do noso ramo para chegar a toda a clientela e que ninguén se atope sen solución.




Actualmente comezamos unha nova etapa coa última tecnoloxía en iluminación LED.

Páxina web: www.perezantolin.com