7 ene 2013

Librerías Couceiro: do pequeno quiosco á inundación máxica das palabras.

A Librería Couceiro enmarcase coa historia comercial da Coruña máis recente estando presente na zona do Distrito Mallos.

Distrito Os Mallos: da historia do ferrocarril á luminaria solar.


No ano 1994, os responsables da Asociación de ComerciantesMallos-Estación que tiña como logotipo unha máquina antiga de tren, e que ata esa data se preocupaban de representar aos Mallos nas reunións da Federación de Asociacións de Comerciantes e Autónomos, e noutros organismos, cando eran citados, pedíronnos que lles tomásemos o relevo, e intentásemos a Asociación, que naquel momento non cobraba mensualidades aos asociados, nin tiña listados.
Durante un tempo estudamos a problemática da zona, da man do entón Presidente dos Veciños de Os Mallos, José Folgueira, e empurrados por el e dirixidos por José Salgado, un grupo de comerciantes e profesionais, acordamos refundar a Asociación, comezando de cero, con logotipo novo e afiliación de asociados.
En 1996, asinouse a acta fundacional. Os socios fundadores foron: Carlos Monteagudo, Antonio Larrosa, Alberto Rascón, Manuel Vidal eJosé Salgado.
Os socios fundadores traballaron como Xunta Xestora os catro primeiros anos, co obxectivo de: afiliar asociados, crear un novo logo, estatutos, establecer a sede, etc. e no ano 2001 celebrouse a primeira Asemblea da que saíu elixida a primeira Xunta que presidiu José Salgado e estaba formada por: Carlos Monteagudo, Isabel Castro, Manuel Vázquez, Noelia Anta, Francisco Pérez, Antonio Larrosa e Begoña Botana.
No ano 2004, noméase a segunda Xunta, pola Asemblea, tamén presidida por José Salgado e cos compoñentes: Carlos Monteagudo,Isabel Castro, Francisco Pérez, Antonio Larrosa, Manuel Vidal, Pedro Hermida, Alberto Rascón.
Nestes anos distinguíronse como socios de Honra, e ofrecéuselles unha merecida homenaxe a: D. Carlos Monteagudo (Vicepresidente da Asociación) e a D. José Folgueira (Presidente da Federación de Veciños).

Realizacións da Asociación:

  • Publicación dun xornal con 10.000 exemplares de tirada mensual, que xa cumpriu os seus 14 anos.
  • Alcanzar, segundo datos da asociación, en torno aos 200 asociados.
  • Ofrecer aos asociados a consulta gratuíta en tres despachos de avogados.
  • Conseguir dar a coñecer, como marca de prestixio e seriedade, o logotipo da Asociación, "O Sol-Riente".
  • Conseguir que todos os Asociados mostren nos seus establecementos unha placa identificativa co noso logo.
  • Realizar polo menos dúas campañas anuais de fidelización do cliente.
  • Ofrecer todo o Nadal un número enteiro da lotaría de Nadal, en participacións que esparexen o noso logo, por toda Coruña e fóra dela. Ao mesmo tempo que entregamos 3000 calendarios (co logo visible da Asociación e da Xunta de Galicia) como regalo aos clientes.
  • Lograr unha colaboración co Concello da Coruña, que axudou de forma notable, na mellora do Barrio de Los Mallos e na formación dos comerciantes, con cursos e informacións.
  • Realización da páxina Web www.distritomallos.net
  • Colocación de grandes carteis publicitarios co noso logo, na Rolda de Outeiro (a rúa con máis tráfico de vehículos Da coruña)
  • Pertencer á Federación de Comercio de Galicia.
  • Pertencer ao sistema de Arbitraxe do consumo.
  • Crear a tarxeta do Cliente Amigo, que se utilizará para fidelizar aos clientes, mediante regalos, rebaixas, promocións...
  • Colaboración coa Xunta de Galicia e crear dentro da Asociación e coas rúas máis importantes do barrio o CCU Distrito Mallos.
  • Entregar co obxecto de fidelizar aos clientes cheques-regalo todos os meses. Premiando os clientes que máis compraron nos comercios asociados.

Dimensións xeográficas
A Asociación está situada no barrio de Los Mallos Da coruña. Comprendendo dende a Rolda de Nelle ao Agra de los Mallos; e dende a Avenida de Arteixo ata Joaquín Planeéis e Viaduto de Xeneralísimo.

Páxina web: CCA Distrito Mallos

Librerías Couceiro: do pequeno quiosco á inundación máxica das palabras.


Consolo López e Manuel Couceiro, fundadores.
No ano 1962 Manuel Couceiro e Consolo López decidiron fundar unha librería na cidade da Coruña, concretamente, no barrio do Distrito Mallos, na Ronda do Outeiro, número 125. A idea inicial era dedicar se á venda de xornais, revistes e papelería cun pequeno fondo Xeral de libros. Co paso do tempo foron quen de aumentando a súa oferta, incluíndo selado de quinielas e máis tarde especializándose en libros de texto, actividade na que hoxe en día seguen sendo o primeiro referente na cidade.

Segundo establecemento Couceiro.
En 1990, inaugurouse o segundo dos seus establecementos, situado en Rolda do Outeiro 132, tamén no Distrito Mallos. Este local conta con 200 metros cadradtos repartidos en dúas plantas, nas que se pode encontrar todo tipo de libros, dende literatura infantil ata áreas específicas de coñecemento: dereito, informática, empresas, económicas, etc. Xunto coas últimas novidades editoriais.

En 1998 continúan coa súa liña de expansión, decidindo abrir as portas dun novo espazo dedicado as palabras, esta vez na zona das Conchiñas.( Rolda de Outeiro 248). Ao igual que os anteriores, segue sendo unha libraría cun amplo fondo xeral, que dispón de todas as áreas de coñecemento e das novidades editoriais do momento.

Así mesmo, contan coa presenza na rede a través da súa páxina web www.couceirolibrerias.com

Na actualidade, seguen á fronte dos seus negocios coa axuda das súas fillas Begoña e Sandra.

O desexo das Librerías Couceiro radica en dar un servizo de calidade aos seus clientes, esforzándose día tras día en dispoñer de todas as novidades do mercado, e en conseguir calquera libro que o cliente solicite.

No hay comentarios:

Publicar un comentario