Joyería Fondevila, fundada por D.Eligio Fondevila Romero
Asociación de Comerciantes da Estrada - Centro Comercial Aberto
Potenciar o atractivo das zonas comerciais tradicionais, supón poder
garantir unha maior liberdade de elección por parte da poboación á hora de
seleccionar o seu lugar de compra, fomentar a competencia entre iguais, e
evitar situacións predominantes a favor das grandes superficies comerciais do
extrarradio, é por iso que en 1998 fórmase a Asociación de Comerciantes de A
Estrada (ACOE).
A Asociación de Comerciantes de A Estrada, xorde dunha serie de inquedanzas
e posta en común dun grupo de comerciantes da nosa Vila, a prol de conquerir un
comercio mellor organizado e máis competitivo, ante a implantación dunha serie
de grandes superficies moi preto de nós.
Destas inquedanzas, no ano 1998, os comerciantes atopamos o xérmolo do que
actualmente representa esta asociación. A día de hoxe, esta iniciativa engloba
aos sectores máis representativos do comercio do noso pobo, a fin de organizar
e reorganizar o comercio existente.
Esta asociación conta á data, cun Centro Comercial Aberto que xorde no ano
2003, a raíz da elaboración dun estudo de viabilidade promovido polo Sector
Comercial Retallista de Galicia.
A través do Centro Comercial Aberto, tratamos de darlle ó comercio de
proximidade a importancia que ten, tratando de fomentar a igualdade no acceso á
oferta comercial, evitando desprazamentos (evitando emisións de CO2), e facendo
a nosa Vila máis sociable e atractiva.A calidade e competitividade, son
características indispensables nos albores deste século XXI e para conquerílas
é necesario realizar un esforzo común.
Actualmente a Asociación conta en torno aos 144 asociados (información dada polo CCA) que se poden atopar na páxina Web da mesma.

Gumersindo Villamayor Martínez (Presidente CCA)

Raquel López López (Xerente CCA)
Páxina web: www.acoe.es
Joyería Fondevila, fundada no ano 1951

Placeres López, na tenda de Calvo Sotelo, finais dos 50
Fundada no ano 1951 por Eligio Fondevila Romero, quen con 92 anos, segue
sendo o titular do establecemento; que hoxe rexenta o seu fillo José M.
Fondevila López.

Placeres López (en plaza de Galicia)
Xoiaría Fondevila inicia a súa actividade na rúa Fernando Conde de onde se
traslada á rúa Calvo Sotelo nº4 no ano 1955 e no ano 1969 á súa situación
actual na Praza de Galicia n.º 15.

Ubaldo Fondevila e Jose M.Fondevila (1986)
Dende o ano 1952 Eligio comparte a propiedade e dirección da xoiaría coa
súa esposa, Pláceres López Mahia. Case dende un principio contan tamén co seu irmán Ubaldo Fondevila Romero,
quen colabora no taller de reloxaría e xoiaría que sempre tivo a tenda.
Actualmente a Asociación conta en torno aos 144 asociados (información dada polo CCA) que se poden atopar na páxina Web da mesma.


Páxina web: www.acoe.es
Joyería Fondevila, fundada no ano 1951
![]() |
Placeres López, na tenda de Calvo Sotelo, finais dos 50 |
Fundada no ano 1951 por Eligio Fondevila Romero, quen con 92 anos, segue sendo o titular do establecemento; que hoxe rexenta o seu fillo José M. Fondevila López.
![]() |
Placeres López (en plaza de Galicia) |
Xoiaría Fondevila inicia a súa actividade na rúa Fernando Conde de onde se
traslada á rúa Calvo Sotelo nº4 no ano 1955 e no ano 1969 á súa situación
actual na Praza de Galicia n.º 15.
![]() |
Ubaldo Fondevila e Jose M.Fondevila (1986) |
Dende o ano 1952 Eligio comparte a propiedade e dirección da xoiaría coa súa esposa, Pláceres López Mahia. Case dende un principio contan tamén co seu irmán Ubaldo Fondevila Romero, quen colabora no taller de reloxaría e xoiaría que sempre tivo a tenda.
Tanto no taller coma no seu despacho ao público pasaron polo negocio varios
empregados, permanecendo nos seus empregos durante moitos anos. Hoxe a tenda
conta con dúas empregadas: Marian López Neira, con 27 anos de antigüidade e Mª
Luisa Calvo Vidal, con 8 anos de antigüidade.

Tenda de Plaza de Galicia, anos 70
Eligio, antes de establecerse na Estrada, estivo de aprendiz nunha
reloxaría (Reloxaría Fernández) de Silleda.

Ao longo dos anos foi ofrecendo aos seus clientes principalmente reloxaría, prataría e xoiaría. Nun principio, supoño que polo seu taller de micro-mecánica (reloxaría) e dado que algúns artigos nun principio se consideraban de luxo, como aparatos de raio, máquinas de coser e máis tarde televisores, chegou a ofrecer algún destes artigos; abandonando a súa comercialización a medida que xurdían tendas especializadas.
Na actualidade basea o seu comercio en xoiaría, prataría e reloxaría,
buscando sempre ofertar o mellor dentro de cada apartado.
Entre a documentación que se acompaña, merece destacarse un cartel
publicitario do ano 1951. No non figura o ano, pero a descrición e situación do
lugar de situación non pasará desaprecibida para os maiores da localidade. Unha
licenza de martrícula de bicicletas. Bicicleta que neses primeiros días utilizaba
Eligio para ir a ver a que sería a súa esposa a Bandeira (Silleda). En Bandeira
tamén tivo unha pequena "sucursal" do seu negocio nun local que só
abría os días de feira (creo que 2 veces ao mes), onde se trasladaba nos
"coches da feira" cunha maleta coa mercadoría. Máis ou menos pechou
este local ao principio dos 60.

Marián López Neira e Jose M.Fondevila
Hoxe dende logo que Eligio non traballa, pero, se é necesario e cando se
lle pide, aínda nos dá moi bos consellos á hora de reparar algún reloxo, sobre
todo os grandes reloxos mecánicos de sala. É doado e frecuente que os clientes
nos digan que o reloxo que traen a reparar llelo vendeu Eligio (polo que sempre
preguntan) na maioría dos casos hai máis de 40 anos.


Marián López Neira e Luisa Calvo
Eligio, a súa esposa Placeres e o seu irmán Ubaldo son para nós, os que
hoxe traballamos aquí, exemplo de esforzo, traballo e bo facer. É raro o día en
que non recordemos algunha das súas anécdotas, ensinanzas e exemplos. Sempre,
sempre os recordaremos con cariño.

No hay comentarios:
Publicar un comentario