5 ago 2013

Xoiaría Ramón Fernández, iniciou a súa actividade fai máis de cen anos

Xoiaría Ramón Fernández, traballa na modernización para adecualo negocio aos tempos que corren


Centro Comercial Aberto Centro Príncipe




En 1976 ten a súa orixe, tal e como o coñecemos hoxe en día, o Centro Comercial Aberto Centro Príncipe. A iniciativa xurde a partir dun estudio encargado ao IRESCO sobre a actividade comercial na rúa Príncipe de Vigo no que o resultado recomendaba facer da zona “un centro comercial horizontal” que aglutinase a todos os comerciantes baixo unha entidade xurídica que dirixise a política comercial da rúa. Dende entonces, a Asociación de Comerciantes Zona Príncipe puxo en marcha o Centro Comercial Aberto Centro Príncipe coa idea de crear un espacio comercial diferenciado e dinámico. Hoxe en día, Centro Príncipe, ademáis de unir aos comercios da zona centro da cidade baixo unha imaxe corporativa común, ofrece unha ampla carteira de servicios tales como aparcamento, reparto a domicilio, promocións, etc, sempre buscando a calidade e a atención personalizada.

 

Delimitación xeográfica

 

 

O Centro Comercial Aberto Centro Príncipe ten como arteria principal a peatonal rúa do Príncipe, incluíndo ademáis os establecementos comprendidos nas rúas: López de Neira, Porta do Sol, Eduardo Iglesias, Velázquez Moreno, Ronda Don Bosco, Policarpo Sanz, Colón, Uruguay, Magallanes, Hernán Cortés, Marqués de Valladares, Carral e Urzaiz ata a confluencia con Gran Vía e Lepanto.

 

O Presidente é Don Cándido Rial Covelo e o xerente é Don Enrique Nuñez Garrido.

 

Cándido Rial Covelo (dereita) e Enrique Núñez Garrido (esquerda)


Páxina web: http.://www.centroprincipe.com/



Xoiaría Ramón Fernández, iniciou a súa actividade fai máis de cen anos

 

A actividade iniciouse o 25 de xullo de 1910 como un negocio familiar.

 

A actividade a comenzou Ramón Fernández Barreiro e continuou o seu fillo Raniero Fernández Calvo e o seu xenro Teodoro Gómez Orellana nos anos 40. Nos 70 comezou a traballar no negocio o xenro de Teodoro, Óscar Cuiñas Boán, e a filla de este, Verónica Cuíñas Gómez no ano 2000.

 

Os inicios da xoiaría foron na rúa Elduayen de Vigo e a continuación estableceuse en Príncipe. Chegou a tener, nos seus inicios, unha sucursal na rúa Real de A Coruña que durou pocos anos.

 

Cando Ramón Fernández era novo gañou un concurso de debuxo. Él proviña dunha familia humilde de Santiago de Compostela, o seu pai traballaba nunha fábrica de chocolate e ese tería sido o seu camino se non fora porque ese concurso abriulle a porta a un traballo máis artístico e manual.

 

Ramón comezou a traballar no taller de Santiago Rey, en Santiago de Compostela, como aprendiz e neno dos recados. Alí aprendeu o oficio como se facía antes: vendo traballar aos xoieiros do taller. Él destacaba como prateiro, cincelando a man e tiña moi bo gusto para as piezas de xoiaría.

 

Despois viño a Vigo. Nun primer momento quería irse a América pero o seu irmán convenceuno de que en Vigo había boas perspectivas para o seu negocio y decidiu quedarse.

 

Xa en Vigo, Ramón traballou primeiro no taller de Sobrino e despois estableceuse na rúa Elduayen coa súa muller, Flora Calvo Figueroa, que atendía aos clientes mentres él facía as piezas no taller. Máis tarde alugarían un baixo na rúa Príncipe onde instalaron a tenda. Ramón e Flora tiveron tres fillos: Raniero, Ramón e Flora. Flora casouse con Teodoro Gómez e tiveron unha filla. Ramón faleceu na guerra civil e Raniero non tuvo fillos. Así, tras Ramón Fernández e durante algún tempo a vez que él, estiveron na xoiaría Raniero e Teodoro. Raniero fundou a asociación de xoieiros de Vigo e foi un dos fundadores da sociedade fotográfica galega, tivo moitas inquietudes artísticas e empresariales. Teodoro adicouse máis a xestión da xoiaría que era na realidade o que a él máis lle gustaba.

 

Máis tarde incorporouse o xenro de Teodoro, Óscar Cuíñas, facéndose cargo do negocio e tratando de modernizalo, informatizando os datos, mellorando o taller… No ano 2000 é cando se incorpora a filla de Óscar, Verónica Cuíñas, que é a bisneta do creador do negocio familiar Ramón Fernández Barreiro. Bióloga de formación, Verónica decidiu continuar co negocio da familia e preparouse realizando estudos de Xemoloxía e Diamante. Actualmente é Verónica quen está a fronte da xoiaría.

 

Verónica Cuíñas continua coa labor que iniciou o seu pai e traballa na modernización do negocio para adecualo aos tempos que corren.

 

O valor engadido ten a súa base na tradición familiar do negocio, unha familia artesana que pasou o seu legado de xeración en xeración. A ese valor engádese o gusto por unas pezas únicas e o esforzo por adaptar o negocio as tendencias actuais do mercado.


Verónica Cuíñas é a encargada do negocio e é a bisnieta de Ramón Fernández. Con ela, traballan un grupo de persoas que fan posible que a empresa siga adiante.


Por un lado, están os traballadores do taller, que a maioría comezou a traballar con 15 anos e se xubilaron na empresa. Hoxe a nova xeración do taller colle o testigo, como Samuel Agulla que comezou con 18 anos e leva xa 12 anos no negocio.

 

O persoal de tenda tamén é unha peza fundamental. Xunto cos membros da familia traballaron Miguel Fernández que xa faleceu e Daniel Peixoto que leva uns 40 anos na casa, sempre de cara ao público.


 

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario