Armería Romaní, aberta entre os anos 1904 e 1905
Centro Comercial Abierto Noia Histórica
A Asociación de Comerciantes e Profesonais Noia Histórica constitúese en outubro de 2.012 da mán dun grupo de comprometidos empresarios da localidade que buscaban fórmulas de revitalización do comercio en Noia.
A actividade comercial desta vila histórica foi expectacular durante séculos, chegando a ser unha das mellores prazas comerciais de Galicia. Nun intento por recuperar esta hexemonía que se iba perdendo xurde un proxecto no que se implican administracións, empresarios e institucións de toda a comarca.
![]() |
Francisco Pérez e Belén Arróniz (Presidente e Xerente) |
O primeiro ámbito xeográfico de actuación foi axustado aos límites do corazón do casco histórico a partir dos Malecóns e a rúa Escultor Ferreiro. O comercio, a hostalería e o sector servizos formaban parte do Centro Comercial Aberto con máis de 100 asociados.
Ao longo destes primeiros 8 anos de traballo a actividade da asociación centrouse na realización de proxectos incentivadores da demanda comercial do casco histórico e da súa posta en valor como entorno comercial e patrimonial.
Ata o ano 2.010 tres asociacións empresariais con distintos ámbitos de actuación conviviron en Noia. Co obxectivo de sumar esforzos, e multiplicar resultados, a comezos de 2.011 consolídase o proceso de fusión destas tres asociacións nunha única entidade, mantendo a razón social e a marca de Noia Histórica.
Un novo local cedido polo Concello de Noia nun edificio emblemático do casco vello, a ampliación do ámbito de actuación a todo o municipio e o incremento de asociados deron un novo impulso a actividade da asociación.
Na actualidade conta con 155 asociados dos cales 104 son establecementos comerciais pertencentes ao Centro Comercial Aberto Noia Histórica cun comité executivo propio (información dada polo CCA).
Entre os numerosos proxectos postos en marcha pola asociación queremos destacar tres: a creación no 2.010 da tarxeta de fidelización Noia plus e a tarxeta regalo asociada a ela, a organización no 2.012 dunha exitosa dunha ruta de tapas "Vai de Tapas Noia", e a realización das Visitas Guiadas a Noia como estratexia de promoción do sector turístico e comercial.
A marca comercial Noia Histórica conxuga tradición e modernidade, a través da imaxe do rosetón gótico de San Martín nun soporte de aceiro e metacrilato. A promoción desta marca singular ao longo de máis dunha década e o aproveitamento de sinerxias como o recoñecemento da forza do asociacionismo, o valor engadido de estar nun entorno histórico e patrimonial, a forza do sector comercial na vila e o recoñecemento dun traballo ben feito por parte das administracións fainos confiar nun futuro mellor para as nosas empresas.
Páxina web: www.noiahistorica.com
https://www.facebook.com/noia.historica?fref=ts
Armería Romaní, comenza a súa actividade a principios do século XX
Armería Romaní comezou a súa actividade a principios do século XX no mesmo lugar que na actualidade. Non hai datos exactos da súa apertura pero a familia pensa que foi no ano 1.904 ou 1.905.

Imaxe do ano 1915
Nos
seus inicios foi unha ferraxaría, a primeira ferraxaría de Noia, na que se
vendía todo tipo de produtos, bazar, enxoval, quincalla, vidros, ferramentas e
pinturas en po. Pouco despois ampliouse o negocio vendendo pólvora e armas da
época.
Severo
González, natural de Noia, foí o fundador da empresa, bisavó do actual xerente,
Rodrigo Romaní Prieto. Vivían ao lado do negocio polo que sempre estaban a
disposición do cliente, non había horarios, a tenda sempre estaba aberta.
Asociada
a esta tenda a familia tiña unha polvoreira na esquina da Praza do Cantón do
que se subministraban, entre outras empresas, as minas de San Finx de Lousame.
Sempre
foi unha empresa familiar polo que a transmisión do negocio foi de xeito
natural ata o actual propietario, cuarta xeración, que leva 20 anos ao fronte
do negocio.

Rodrigo Romaní
Na empresa
traballan dúas persoas, Rodrigo Romaní e Rogelio Ruíz empregado dende fai anos.
A
fabricación de roupas de augas para o campo, minaría e para o mar, dende os
anos 50 ata os 80 distinguiu a Armería Romaní. O pai do actual xerente
mecanizou o proceso de fabricación desta roupa introducindo maquinaria na
década dos 60.
A
clientela de Armería Romaní é fundamentalmente da comarca de Noia pero tamén
doutros puntos de Galicia, xa que están especializados en coitelaría, caza e
pesca. De feito contan cunha variedade de navallas difícil de atopar.
Rodrigo
Romaní Prieto sabe que ten un negocio único entre as súas mans, xa que quedan
moi poucas armerías antigas en España. A súa conserva gran parte do mobiliario
orixinal coma o mostrador.
A
empresa valora moito o traballo da Asociación Noia Histórica da que é socio
dende a súa creación xa que, considera, é a mellor maneira de coordinar
actividades para os comerciantes de Noia e impulsar a dinamización da vila.
Anécdota:


No hay comentarios:
Publicar un comentario