"Merceditas", a primeira das tes xeracións
Chantada, o corazón de Galicia
42° 36´ 30ʺ N - 7° 46´ 08ʺ O, son as coordenadas de Chantada o “Corazón de Galicia”. Cunha superficie de 177,5 Km² e con arredor de 8.700 habitantes; bañada por o río Miño e cunha das Ribeiras máis espectaculares que se poden visitar.
HISTORIA DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS
A Asociación de Empresarios de Chantada naceu como tal dunha idea xurdida arredor do 1988-1989 a través dun reducido grupo de persoas que lle deron forma, ata que o 12 de xullo de 1.990 quedaron legalmente redactados os estatutos e a acta fundacional da mesma.
Por diversos motivos a Asociación estivo paralizada
Logo antiguo Asociación
durante catro anos, ata que o 30 de Marzo de 1.995 a través dunha
multitudinaria reunión foi elexida unha Xunta Directiva.
A
partir de aí a organización comezou a funcionar
Logo nuevo Asociación
captando socios, e realizando
distintas accións para a dinamización do comercio local. Nesta época a
Asociación de Empresarios coa campaña “MERCA NA TUA VILA”, consegue un gran
impacto e promociona de forma eficaz a coñecida enseña rexistrada CHANTADA
CORAZÓN GALICIA.
Na actualidade realiza campañas de dinamización da zona comercial como a Campaña de Nadal e a Campaña de Verán, realiza tamén un Concurso de Tapas anual, así como tarefas de asesoramento laboral e fiscal ós seus asociados ou mesmo campañas conxuntas con outras entidades para impulsar a economía local. Aínda que a Campaña máis coñecida do CCA Ribeira Sacra é Feira de Oportunidades, Produtos da Comarca e Artesanía que se celebra canda a Feira do Viño no mes de Marzo e que acada grandes éxitos cada ano.
O Centro Comercial
Aberto Ribeira Sacra conta con aproximadamente 150 asociados (información dada
polo
Logo CCA
CCA) nos que se enmarca o ramo do comercio, da hostelería e da industria.
Conta tamén cunha sede propia situada na Praza de Galicia onde se atende, se
asesora e se axuda en todo o necesario ós seus asociados.
O 15 de Marzo de 2013 a nova xunta directiva tomou cargo do seu posto. Trátase dunha xunta directiva nova, con grandes iniciativas e que espera seguir co traballo que dende o CCA se ven presentando dende hai anos.
Actualmente, traballan activamente na búsqueda de convenios de colaboración con outras entidades para poder axudar nestes momentos tan duros ós comerciantes que a forman, así como en novas campañas de fidelización de clientes e campañas de potenciación do consumo na vila.
Pese á situación actual, a Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra, quere transmitirlle a tod@s os seus asociad@s unha mensaxe clara, concisa e positiva que é que Xuntos Podemos!.
Eduardo Rogina Checa (presidente) |
Verónica Gayoso Sobrado (xerente CCA) |
Páxina web: www.aech.es
Facebook: www.facebook.com/as.dechantada
"Merceditas", 68 anos e tres xeracións no corazón de Galicia
Aló por mediados do 45, Merceditas a primeira das tres xeracións, a nacida en Cuba, filla de emigrantes da zona sur que regresaron a Chantada e dicidiron montar unha fonda que posteriormente traspasaron a outro veciño, deixou de forrar botóns na súa casa para coller unha sastrería que se traspasaba e comezar un negocio que vai camiño de cumprir os 70 anos. O nomeado negocio está ubicado na Praza de Santa Ana, na vila coñecida como o “Corazón de Galicia”.
Merceditas Míguez |
Merceditas Míguez Fernández, comezou a súa andaina empresarial nun pequeno baixo-portal, cunha inversión inicial en mercancía de 4.000 pesetas. Nel, tiña cabida de case todo, dende prendas de mercería ata artigos de librería e papelería; estes últimos introducidos no negocio debido a que o seu marido era mestre.
Pouco a pouco o negocio foi medrando e a súa variedade de produtos tamén.
Introduciu roupa de nenos, maiores, xoguetes… Segundo recorda Dona
Mercedes,
viviron tempos moi duros mais “nunca nos
faltou de comer, pero ter un negocio e mantelo resultaba complicado”.
Unhas décadas despois, o hosteleiro que rexentaba a fonda que seus pais trasparasan anos atrás, decidiu marchar para A Coruña, o que fixo que o baixo da casa quedase libre. Tiraron a casa, construíron outra e cambiaron a mercería para o novo baixo, situado ó lado do portal onde Merceditas comezou a súa andaina empresarial. Aí levan xa 35 anos! Ampliaron o negocio e a variedade do xénero de venda, agora, venden roupa de home, muller, nen@, visten noivas e tamén pequenos para o día da primeira comuñón.
Establecemento de referencia para o propio pobo e os seus arredores, Merceditas foise adaptando ós cambios e melloras empresarias pero sen perder nunca o seu carácter cercano cos clientes. O cliente que marcha satisfeito volve, o que non marcha contento non regresará nunca. Superou ante a clientela os relevos xeracionais Tres mulleres: Merceditas, a fundadora; Josefa filla, quen se incorporou tarde ó comercio, xa que primeiro estudou e despois casou cun home de Cidade Real que visitou Chantada para construír o Embalse de Belesar, tivo prole e con 40 anos púxose a cargo da tenda. E, por último Mercedes, quen parecía estar predestinada a quedarse á fronte do negocio, comezou por botar unha man as fins de semanas ata que chegou a facerse cargo da tenda fai xa unha década. Ademais contan tamén coa axuda de Elsa, a súa empregada dende hai xa un cuarto de século.
De esquerda a dereita: Mercedes, Josefa e Elsa. Na frotne, Mercedes a fundadora |
No hay comentarios:
Publicar un comentario