A entidade: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA.
A Asociación de Empresarios de Redondela é unha entidade sen ánimo de lucro constituída no ano 1986 por un grupo de empresarios que teñen como obxectivo o impulso da actividade empresarial e o desenvolvemento económico e social do concello de Redondela.
![]() |
| Recorte de prensa de 1986, no que se constitúe a entidade |
Actualmente aglutina a un colectivo de máis de 300 empresas de distintos sectores e actividades. É unha asociación de carácter territorial, sendo o concello de Redondela o seu ámbito principal, aínda que no colectivo están integradas, por distintos motivos, empresas de outros concellos e provincias.
![]() | |||||
| Foto panorámica de Redondela e a Illa de San Simón |
O obxectivo estratéxico da Asociación de Empresarios de Redondela é converter a Redondela nun modelo de referencia de desenvolvemento socioeconómico sustentable fomentando a especialización dos distintos sectores produtivos. Nesta liña aspira, en colaboración cos demais axentes sociais, a impulsar a oferta do comercio local e facelo máis competitivo, consolidando o Centro Comercial Aberto, desenvolver un turismo de calidade durante todo o ano baseado nos atractivos do municipio, desenvolver un tecido industria con dotacións axeitas e contribuír a planificar e desenvolver un urbanismo de calidade e a mellora das infraestruturas, as comunicacións e a accesibilidade. Ademais a Asociación preocupase polo emprego, o emprendemento, a formación, a cultura e en xeral o benestar social, polo que colabora con proxectos sociais e culturais do seu entorno.
Localización
R/ José Regojo, 2-1ºB Redondela. Pontevedra
Enlace coa entidade
A Xunta Directiva presidida por JOSÉ ANTONIO GÓMEZ PÉREZ.
| D. José Antonio Gómez Pérez (presidente AER) |
Dende o ano 2000 a Xunta Directiva da entidade está presidida por D. José Antonio Gómez Pérez.
O Equipo Técnico.
Julia Alonso e Fran Peixoto integran o equipo técnico de xestión do entidade e do proxecto de dinamización comercial: Redondela, centro comercial aberto.
O proxecto: REDONDELA, CENTRO COMERCIAL ABERTO
Un dos principais ámbitos de actuación vense desenvolvendo dende o ano 2004, ano no que a Asociación de Empresarios de Redondela toma a iniciativa da posta en marcha dun Plan de Dinamización comercial para o Concello de Redondela. Dende entón téñense dado avances significativos na consecución dos obxectivos fixados polo mesmo.
Realizouse un estudo do conxunto comercial do concello (Redondela, Chapela e Cesantes) que deu lugar a un Plan Estratéxico de Dinamización Comercial. Este estudo, que foi concibido coma unha ferramenta práctica e operativa para acadar a mellora da competitividade dos establecementos comerciais da cidade, tanto a nivel individual como colectivo, identificaba, entre outros aspectos, a capacidade e potencialidade de desenvolvemento comercial de cada unha das áreas comerciais analizadas, resaltando a capacidade de evolución do núcleo urbano central de Redondela a Centro Comercial Aberto (CCA), hoxe xa plenamente identificado e consolidado como tal.
As primeiras liñas de actuación desenvolvidas centráronse na posta en marcha do Centro Comercial Aberto, tal e como recomendaba o estudo. Para elo, creouse un órgano xestor dentro do organigrama da Asociación, con competencias sobre o CCA que se denominou Comisión do Centro Comercial Aberto da AER, en outubro de 2004. Delimitouse, tal e como se establecía no estudo, a zona de actuación do Centro Comercial Aberto que se corresponde co núcleo comercial urbano de Redondela, desenvolvéronse as marcas Comerciais “Comercio de Redondela”, “Hostalaría de Redondela” e “Redondela, Centro Comercial Aberto” como instrumentos de promoción conxunta e desenvolvéronse accións de difusión, incentivación da demanda, campañas de fidelización e animación acadando resultados moi positivos en canto a valoración dos consumidores e comerciantes. O número de asociados na área do CCA que desenvolven actividades de comercio, servizos ou hostalería é de mais de 200 sobre un total de aproximadamente 300 o que supón unha taxa de asociacionismo de máis dun 65%. O número de actividades, como consecuencia do actual contexto recesivo, tense reducido de forma significativa o que sen dubida ten causado a redución no número de asociados. Sendo considerable o número de baixas rexistradas por peche. Este último factor apuntado unido a proliferación de actividades de carácter oportunista e temporal (por exemplo establecemento do tipo “compro ouro”), ou outras como bazares chinos e franquías ou cadeas sucursalistas con obxectivos desvinculados dos principios de desenvolvemento local teñen incidido negativamente no porcentaxe de asociacionismo. Todas estas son actividades de difícil integración na estrutura colaborativa que representan as Asociacións Empresariais xestoras dos ccas, sendo, sen embargo, beneficiarias tanto directa como indirectamente das actividades desenvolvidas.
servizo de intermediación laboral
negociación vantaxosa
servizos de apoio e asesoramento técnico
asesoramento á emprendedores
proxectos de promoción turística, industrial e comercial dos que se benefician de forma directa a todos os asociados.










