15 jul. 2013

Librería Luisa Piñeiro, un dos establecementos máis antigos en Caldas de Reis

Librería Luisa Piñeiro, remóntase a comenzos do século pasado


Caldas Centro Comercial Aberto


Asociación de Comerciantes de Caldas de Reis, así se chamaba a primeira asociación de Comerciantes que  data de outubro de 1999, estaba composta por 38 asociados de diferentes sectores comerciais.


Caldas Centro Comercial Aberto é unha asociación non lucrativa  que desenrola a súa actividade no concello de Caldas de Reis. Foi creada no ano 2005.


Caldas CCA naceu con un único fin, a dinamización e mellora do texido comercial de Caldas de Reis, a promoción do seu comercio e a captación de clientes e habitantes para a nosa zona comercial.


En cuestión dun ano a Asociación xa contaba con máis de 100 asociados, facía programacións anuais de actividades e comezaba a marcar a súa presencia en tódolos ámbitos Caldenses, no político,  no cultural, no deportivo e tamén cara  outras asociacións.


A día de hoxe a nosa Presidenta é María Luísa Gonzalez Piñeiro, contamos con 156 asociados aproximadamente (información dada polo CCA), nun pobo que ten  mais/menos 5.500 habitantes no núcleo urban e un total de 10.008 habitantes en todo o Concello.


Caldas cca ten uns obxectivos diferenciados. Dependendo se falamos dos nosos asociados ou se traballamos para os nosos clientes.

Todos os nosos comercios están identificados cunha placa identificativa  na fachada e tamén cun cartel de aberto/pechado que ademais de informar do horario comercial tamén publicita a asociación.


A paxina web tamén e un elemento importantísimo onde dunha forma ordenada saen todos os nosos asociados  destacanto unha foto do  local, a dirección e teléfono, tamén poden informar da súa paxina web con un enlaces de acceso.


Tamén temos sinalización vertical nas entradas do concello delimintando a zona comercial.


Páxina web: www.caldas-cca.com/


Mª Luisa González Piñeiro

Rafael García Fernández




















Librería Luisa Piñeiro, un dos establecementos máis antigos en Caldas de Reis


Un dos establecementos  máis  antigos no municipio de CALDAS DE REIS que  todavía continúa coa súa actividade  é a librería LUISA PIÑEIRO situada na rúa PEDRO MATEO SAGASTA nº 10 .


Os inicios  desta librería remóntanse  a comenzos do século pasado  cando o bisabó da actual propietaria ,  Don Erundino Piñeiro Alonso ,  iniciou o negocio como quiosco de prensa coa  venda dos xornais  da época :  Faro de Vigo ( diario decano da prensa nacional ) , El Pueblo Gallego , El Heraldo , Ya , ABC etc. . Na seguinte xeración foron , pouco a pouco ,  engadindo outras  cabeceiras  de revistas , tebeos, e outras  publicacións . Conta Luisa que durante a guerra civil a venda de xornais  aumentou considerablemente e o custo do xornal era dun patacón.





Luisa Piñeiro e Jesús González

Foi na terceira xeración cando os netos do fundador con Luisa Piñeiro ó frente empezaron a vender artículos de librería (material de oficina , escolar … ) . Polos anos sesenta añadíronse á oferta comercial os LIBROS DE TEXTO : O Catón , os libros de 1º e 2º grado , Unidades  Didácticas etc. sendo esta a primeira librería que houbo no pobo . Tamén vendíanse naquela época recordos de Galicia como gaitas , horreos , piornos ,e xoguetes para os rapaces . Nos anos  setenta o establecemento  sufriu a primeira reforma cando xa era Luisa a única propietaria e estando xa casada co seu marido Jesús González .






En 1997, coa xubilación de Luisa Piñeiro, toma o relevo a súa filla Marisa González Piñeiro quen realizou a segunda reforma, dándolle unha nova imaxe de modernidade , quedando a tenda como está na actualidade  . Hoxe en día a tenda goza dun amplio surtido en prensa ,   tanto galega como nacional , unha amplia oferta de revistas ( cotilleo , decoración ,historia ,
viaxes … ) libros con todas as novidades editoriais , libros de texto , material de papelería , oficina  e escolar , agasallos etc.


Cabe destacar o gran valor destes establecementos, que non só cumpren unha labor comercial, senón que tamén fomentan o trato cercano cos veciños e clientes dando un valor engadido as ruas do Concello .



No hay comentarios:

Publicar un comentario