22 jul 2013

Fotos Souto, case un século de vida adicada á fotografía

Fotos Souto aposta pola orixinalidade e exclusividade


Asociación de Comerciantes de Ponteareas

Centro Comercial Aberto Ponteareas


A Asociación de Comerciantes de Ponteareas foi fundada en 1987, por D. Manuel Rodríguez Iglesias. Para velar polos intereses dos comerciantes e hoteleiros da Vila do Tea. Xa que o comercio de Ponteareas encontrábase nunha situación de total desamparo, ante esta situación decidiuse fundar a Asociación.


Tamén nosa Asociación surxiu para potenciar, facer máis atractivas e competitivas as zonas comerciais tradicionais, para garantir a maior liberdade de elección por parte da poboación á hora de seleccionar os lugais , e evitar tratos de preferencia hacia as grandes superficies comerciais.

Isabel Blanco Franco (Presidenta)
No 2005 a Asociación constituese como Centro Comercial aberto para poder representar a defender mellor os intereses dos comercios que o integran ademáis de para poder ofrecer unha imáxen común.

Na actualidade a presidenta e dona Isabel Blanco Franco nomeada como tal o 16 de abril do 2013 e a Xerente dona María Patricia Farpón López que exerce o cargo desde o 7 de Xaneiro do 2013.



Páxina web: www.ponteareascomercial.es (na actualidade está en modificaciones)

A delimitación xeográfica según os estatutos é o Minicipio de Ponteareas.




Fotos Souto, case un século de vida adicada á fotografía


A historia de Foto Souto comeza ligada a figura de Jose Guillermo Souto Souto, quen,  xunto co seu sobriño Jose Manuel Peixoto Souto,  fundan a empresa.

Remontámonos aos anos cinconta cando José Guillermo Souto Souto comeza o seu primeiro  contacto coa fotografía que acontece na súa longa estancia de máis de dous anos no hospital Rebullón de Vigo.

Alí deixou José Guillermo Souto unha prometedora carreira militar- que foi a súa vocación inicial-  ademáis de un pulmón, duas costelas e moitas ilusións.


Agás do anterior, a longa estancia no centro hospitalario, serviulle para aprender oficio de fotógrafo, cunha cámara emprestada coa que retrataba aos demáis enfermos  que, coma él, recibían cada martes de toda -las semanas as visitas e o agarimo dos seus familiares.


Rematada esta  etapa, e tras recibir o alta, Jose Guillermo Souto convertéuse no fotógrafo do pobo. Ca súa motocicleta percorreía as rúas e as parroquias do Condado e Paradanta, as festas e romarías, fotografiando as xentes,  xa fora en festas populares como en eventos que se celebraban a nivel particular; neste último caso, chegaba a quedar nas casas dos seus clientes para facer os reportaxes, ante a imposilidade de voltar a sua casa o mesmo día. Jose Guillermo Souto converteuse no fotógrafo de todos, e por todos foi moi querido. 


O traballo se repartía entre o tío e o sobriño. O tío, José Guillermo,  sacaba as fotografías e o  sobriño, José Manuel , as revelaba,  lavándola  na fonte pública da Rúa de Abaixo, xa que non tiñan auga corrente na súa casa.


Co paso do tiempo, e xa chegados  os anos setenta, José Guillermo e José Manuel mercan xuntos un local na rúa Vidales Tomé. A rúa  recén aberta no centro de Ponteareas acolle o primeiro estudio de FOTOGRAFIA SOUTO que hoxe, máis de sesenta anos despois, permanece no mesmo lugar.

E foi nese estudio, onde os actuais propietarios comezaron a deselvolver a súa profesión . Outros fóronse  sumando.  Primeiro Jose Manuel Peixoto Pino que só con  7 aos recibiu a sua primeira cámara reflex, e que sendo aínda un neno (con só 9 aos) acompañaba o seu pai aos diferentes eventos sociais sacando as súas propias fotografías.

Os días de escola, o sair de clase, o neno ( Jose Manuel ) ía o estudio onde pasaba a maior parte do tempo. Ainda lembra como clientes e amigos ían buscalo e o levaban a casa para que fixera  fotografías a diferentes eventos sociales. Só tiña doce anos. Con especial agarimo lembra o seu primeior bautizo na  parroquia de Xinzo, que foi tamén para él o seu bautizo como fotógrafo.

Co percorrer dos anos, foron chegando os cambios: tres reformas no establecemento, a xubilación de Jose Guillermo e a transformación de Foto Souto nunha  S.L. Nace unha empresa familiar agora formada por Jose Manuel Peixoto Souto, a súa dona Mª del Carmen Pino Carrera e os seus fillos. Todos participan na laboura de levar adiante a empresa.


Mª del Carmen Peixoto Pino e a encargada contacto con el cliente e pouco despois, Jose Manuel “fillo” pranta os seus estudos de Telecomunicacions para adicarse en corpo e ialma á fotografía, formándose  xunto cos millores e máis recoñecidos fotógrafos do momento, tanto nacionais coma internacionais, chegando a dominar calquera dos eidos da arte da fotografía.

Moito traballo e o constante apoio da familia, son as bases coas que acádase que esta pequena empresa continúe hoxe na vangarda da tecnoloxiía e que se  adapte o paso do tempo. Foto Souto  mudou a sua  imaxe corporativa co fin de facela máis atractiva; fixéronse  cambios estéticos con materiais nobles que confiren  a tenda porte e forza; incorporáronse medios técnicos e informáticos a  altura das exigxencias do mercado, contando co único laboratorio dixital da vila e os seu contorno; renováronse os profesionais con cursos e congresos de última xeneración no sector.

Foto Souto, despois de case oitenta anos, aposta por atraer o cliente cun traballo fresco, diferente e con selo de identidade , o tempo que trata de mantenelo cun seguimento activo do traballo xa vendido.


Foto Souto aposta pola orixinalidade e exclusividade. Non se utiliza ningún tipo de maquetas para a realización dos traballos;  todos fanse dende cero, e todos son diferentes e únicos.

Foto Souto , nestes  momentos, case que despois dun seculo de vida adicada a fotografía, ofrece cualquera tipo de material fotográfico , presta consello técnicos sobre o seu uso e recomendar aquilo que millor  se adapte as necesidades dos clientes, dende a sua posición de  CANON PREFERRED DISTRIBUTOR”.

De nova creación son os álbumes de seguimento que fomentan o contacto a corto plazo co cliente; a exposición de fotografías nos escaparates e a  web , son tamén recursos que animan a veciños e amigos a demandar os nosos servizos.

Neste intre, e  despois de que José Manuel e Mª del Carmen  chegaran a súa merecida xubilación , o timón o leva a  terceira xeneración de fotógrafos nesta empresa:   José Manuel Peixoto Pino o frente dos traballos fotográficos e informáticos e María del Carmen Peixoto Pino  que é o contacto directo co cliente na tenda.

José Manuel e Mari Carmen son os herdeiros dun oficio e dun negocio que, fundado con José Guillermo, aprenderon a amar, medrando nel e facendo del parte da súa vida. Cada día abren as portas do estudio da Rúa Vidales Tomé e o fan cas visitas ainda regulares do se “ avó “ José Guillermo, que con noventa e un anos, non pode deixar de estar, ainda que sexa un ratiño, na que é a súa casa. Jose Manuel e Mari Carmen, país dos actuais propietarios, tamén acuden a diario transmitindo a súa experiencia e ilusión polo traballo ben feito.


No hay comentarios:

Publicar un comentario