8 jul. 2013

Confecciones Isabel, as súas orixes comezaron polo ano 1950

Confecciones Isabel, foi crecendo co paso dos anos


Asociación de autónomos de comercio, hostalaría e industria de Tomiño - ADETO



A Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalaría,Industria e de Centros Comerciais Abertos de Tomiño (ADETO) nace en decembro de 2005 como unha agrupación de empresarios de varios sectores que desenrolan a súa actividade no Concello de Tomiño.



En decembro de 2011, tralo acordo adoptado en asemblea xeral, procedeuse a dar de baixa á Asociación na Sección provincial de mediación, arbitraxe e conciliación de Vigo (SMAC) e constituíuse a Asociación de autónomos de comercio, hostalaría e industria de Tomiño regulada pola Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociacións, depositando a correspondente acta e Estatutos no rexistro de asociacións dependente da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da provincia de Pontevedra.




Atópanse entre os fins da Asociación:
  • A defensa dos intereses empresariais dos membros asociados, ostentando así a súa representación.
  • Servir de enlace entre os empresarios asociados.
  • Organizar actividades de carácter asistencial e prestar servicios de asesoramento e información, a cargo de profesionais, ao servizo dos empresarios asociados.
  • Recibir, estudar e clasificar os problemas que planteen os empresarios asociados e realizar as xestións para a súa solución.
  • Calquer outro problema que poida xurdir e que esté dacordo e en consoancia cos principios que inspiran esta asociación.




Manuel Pérez Rivero (Presidente)

Dende os seus inicios a Xunta Directiva traballa por e para defender e fomentar a actividade empresarial desta zona, mantendo vivo o comercio local e desenvolvendo iniciativas para a súa potenciación, dinamización e mellora continua.




Entre as vantaxes que ofrecemos aos socios destacar:
  • Convenios con entidades financieiras.
  • Asesoramento e información.
  • Accións formativas.
  • Campañas comerciais ao longo de todo o ano.
    Campaña Día da Nai

    • Nadal
    • Dia do Pai
    • Día da Nai




  • Distribución de bolsas e etiquetas de rebaixas.
  • Publicidade conxunta en prensa escrita e radiofónica.
  • Páxina web e directorio virtual.
  • Sinalización comercial conxunta.
  • Confección e Distribución de guías do comercio local.



A delimitación xeográfica correspondese co casco urbán de Tomiño, situado na Parroquia de o Seixo principalmente e presenta un grado de concentración comercial alto, con un predominio da oferta comercial especializada no equipamento persoal e do fogar.

Ademais en Tomiño contamos tamén ca parroquia de Goian, a cual ten unha importate vida comercial debido a alta concentración que existe de establecementos comerciais.


Os comercios adheridos son establecementos de distintos ámbitos sectoriais, destacando os seguintes sectores económicos e actividades: 

  • Téxtil, calzado e complementos
  • Alimentación e bebidas
  • Hostalería, restauración
  • Mobiliario e material de oficina
  • Ocio, cultura e deportes
  • Informática e electrónica
  • Servizos para empresas
  • Servizos sociais
  • Construción e Inmobiliaria
  • Medios de comunicación
  • Saúde e beleza

Rubén Pérez (Xerente)



Páxina web: www.adeto.org








Confecciones Isabel, as súas orixes comezaron polo ano 1950



Fachada do antigo comercio



As orixes da tenda do téxtil de Confecciones Isabel comezou polo ano 1950, no que Don Alfredo Magna Gónzalez fíxose cargo deste negocio, despois de telo outra xente e por problemas económicos.



Don Alfredo Magna González que traballaba en Sevilla, no Hotel Cristina, decidiu poñer  a traballar a súa esposa e unha cuñada que foron elas as que se encargaron do negocio mentres él seguía en Sevilla uns anos máis.


Ao pasar os anos o negocio foi crecendo, nel vendían de todo (calzado, interiores, teas, roupa de fogar e moitas mais cousas).



Interior do actual comercio

Os tempos eran outros e a xente viña ao pobo e mercaban nas tendas, había xente neses anos que compraban a peza de tea enteira, duns 25 metros para que outra xente non o tivera igual. Tamén nese tempo chegaron momentos de traballar días na tenda unhas seis ou sete persoas, e non daban feito.



Interior do actual comercio

Foron pasando os anos e a tenda foise modernizando e traíanse modelos de roupa da última tendencia, igual que cousas de fogar como mantas, edredons e moito mais, indo de viaxe a Alacante, Barcelona e Madrid cada mes ou dous meses, e segundo traian a mercadoría a xente xa estaba a esperar polos modelos.



Fachada do actual comercio

Seguían pasando os anos e Confecciones Isabel seguía crecendo ata que a filla de Don Alfredo Magna Gónzalez, M ª Isabel Magán Portela, abriu o que hoxe en día e a prolongación do negocio, noutro local onde dende 1986 se abriu a tenda dedicada a roupa de calle, de rapaz-rapaza e señor-señora e no local de toda a vida seguimos abertos pero dedicados a roupa de fogar e interiores.


Gracias ao pequeno comercio aberto por Don Alfredo Magán González e coa continuación da súa filla e agora o seu neto no noso pobo, podemos gozar dun comercio de calidade e familiar cara á nosa xente.





No hay comentarios:

Publicar un comentario